 |
A A-D-R
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
TABOLEIRO DE AVISOS
SENDEROS
Punto de partida/chegada: Inicio e final na Ponte de Sampaio. Combínase con derivacións de pequena lonxitude.
Lonxitude: Ruta circular con 18 km o trazado principal e 2 km a variante.
Modalidades: A pé.
Duración: O tempo aproximado é de 4 horas e 30 minutos.
Dificultade: Media.
Descrición
Tramo I: Partindo da Ponte de Sampaio e andando uns
poucos metros, tomamos o primeiro desvío á esquerda para adentrarnos na
Curuxeira, para subir ata o Alto da Curuxeira. Unha vez alí, continuamos
ata dar co trazado do Camiño de Santiago, o cal seguiremos ata chegar ó
Cruceiro da Ballota, onde tomamos a derivación que nos leva ata a
igrexa de Santa María e a Rectoral. De novo no trazado principal,
baixamos pola Ballota ata as Lamas da Curuxeira, onde seguiremos de
fronte ata dar coa Illa Medal. Nos desviamos cara a esquerda ata chegar a
estrada provincial PO-264.
Tramo II: Cruzamos a estrada PO-264 e seguiremos ata o
río Ulló, que cruzaremos pasando pola Ponte Nova. Xa na outra marxe,
seguiremos polo Camiño Portugués uns 120 metros ata acadar o Monte do
Castro. Neste punto, tomando unha derivación, desviarémonos uns minutos
do vieiro principal para ir ata as Marismas do Ulló. Xa de volta,
tomamos o carreiro da dereita que discorre pola aba do Monte do Castro e
que nos conducirá ata o Pozo Negro. Aquí a altura dos muíños da Ponte
do Arco, tomaremos outro carreiro pola aba este do Monte do Castro.
Pouco antes de alcanzar o camiño asfaltado que vai O Xisto e a
Canicouva, tomaremos un carreiro que empatará cun camiño de carros que
sobe cara o castro. Á altura dun depósito de augas tomamos un carreiro á
esquerda o cal nos levará ata a parte alta do Monte do Castro. Tras
contemplar as belas panorámicas tomamos o camiño que nos levará ata o
Camiño do Xisto.
Tramo III: Descendemos polo Camiño do Xisto uns 45
metros ata coller unha corredoira ata chegar á estrada da Canicouva
(EP-). Logo de cruzar a estrada, avanzamos cara a esquerda uns 115
metros e tomamos á dereita unha calzada que nos levará cara os muíños do
Río e a Ponte do Río. Seguindo a mesma calzada, ascendemos cara Vilar.
Tomamos o primeiro desvío á dereita ata dar coa estrada asfaltada do
Vilar. Descendemos por esta uns 320 metros e tomamos á esquerda ata dar
co Cruceiro do Vilar.
Tramo IV: No Cruceiro do Vilar tomamos á esquerda ata o
Rañadoiro. Adentrámonos no Rañadoiro ata chegar a un cruce que
tomaremos á dereita e seguiremos ata atoparnos co Cristo da Bica.
Seguindo pola mesma rúa, a escasos metros tomaremos un desvío á esquerda
que ascende ó Mirador das Cambariñas. Retomamos o sendeiro seguindo a
estrada asfaltada cara a esquerda, adentrándonos de novo no Rañadoiro.
Na primeira desviación seguiremos á dereita, todo de fronte ata dar cun
cruce na zona da Proumalla. Cruzamos a estrada asfaltada que ven do
Vilar e a uns 50 metros máis arriba tomamos á esquerda un camiño
formigonado. A escasos metros toparemos co Paredón do Rañadoiro e
seguindo sen desviarnos, daremos cos Pozos de Corneda. Seguimos todo de
fronte e a uns 600 metros, tomamos un desvío á dereita que ascende a
Chan das Cruces e que seguiremos ata dar cunha pista forestal.
Continuamos por ela cara a dereita e incorporámonos a un desvío situado á
esquerda que nos leva ata a Estrada de Xustáns.
Tramo V: Avanzamos pola estrada de Xustáns 64 metros
cara a esquerda. Tomamos un carreiro situado ó outro lado da estrada que
nos levará cara unha antiga corredoira que non deixaremos ata avanzar
uns 500 metros ata chegar a unha bifurcación que colleremos á esquerda.
Continuaremos ata chegar á calzada de Acevedo que nos levará ata os
muíños e os pozos do Regueiro dos Muíños. Seguiremos por esta calzada
ata chegar a un cruce que tomaremos á esquerda, para a poucos metros
desviarnos á dereita. Seguindo todo de fronte, chegaremos á Praza de
Souto.
Tramo VI: Desde Praza de Souto, tomamos á dereita e
seguimos ata dar cun cruce que seguiremos ata dar cun segundo cruce
polo que continuaremos á dereita e polo que avanzaremos ata entrar no
monte. Seguiremos por un camiño de carros que nos levará ata o Cruceiro
do Forniño, ata Pedra da Forna e á Capela de San Xosé. Tras avanzar uns
170 metros, descenderemos por unha pista forestal ata a estrada de
Acevedo. Cruzamos a estrada e continuamos por un carreiro que descende
ata un grupo de edificacións. Continuaremos á dereita ata o Pozo da
Rella, e despois continuaremos á esquerda por un camiño antigo ata un
cruce. Descenderemos por un tramo formigonado ata dar coa estrada da
Xunqueira que nos levará ata a ponte de Sampaio.
Variante: No tramo IV, en vez de tomar a derradeira
bifurcación que nos leva ata Chan das Cruces, seguiremos de fronte.
Avanzaremos por camiños e pistas forestais ata chegar a Porta da Laxe,
no río Ulló. Tras cruzar o río, e deixar atrás a carballeira dos
Cadillos, seguiremos uns 400 metros ata chegar a un cruce que tomaremos á
dereita. Tras recorrer uns 70 metros, tomaremos un sendeiro que se mete
por propiedades e tras abandonar estas, descenderemos por un carreiro
que nos levará ata o Pozo de Portovedro. Seguiremos todo recto por unha
pista forestal ata chegar ó itinerario principal de Chan das Cruces.
Puntos de interese
Recursos arqueolóxicos e etnográficos
- Ponte de Sampaio, Nova e do Río.
- Camiño de Santiago.
- Cruceiro da Ballota, do Vilar e do Forniño.
- Igrexa de Santa María e a Rectoral.
- Capela de San Xosé.
- Muíños de Pozo Negro, de Vilar, de Acevedo e de Cartas.
- Cristo da Bica.
- O Paredón do Rañadoiro.
- Pozos de Corneda, de Regueiro dos Muíños, de Cartas e de Portovedro.
- Praza de Souto.
Elementos Naturais
- Alto da Curuxeira.
- Illa de Medal, do Castelo e Ervedosas.
- Río e Foz do Verduxo-Oitavén.
- Río Ulló.
- Marismas do Ulló.
- Monte do Castro.
- Miradoiro das Cambariñas.
- Pedra Forniña.
- Carballeira de Cadillos.
> Camiño Real ou dos Arrieiros (Ponte Caldelas)
> Muíños da Barosa (Barro)
> Muíños da Freixa (Poio)
> Os Tres Pinos (Pontevedra)
> Ruta das Fontes (Pontevedra)
> Chan do Vilar e
Muíños de Vilaboa (Vilaboa)
> Pedra Miranda (Vilaboa)
> A Croa (Vilaboa)
> Muíños de Riomaior (Vilaboa)
> Petroglifos de Cobres (Vilaboa)
> Ruta das Mámoas do Morrazo
> Itinerario Natural e Cultural
de Ponte Sampaio (Pontevedra)
|
 |
|
|