Castellano


> Camiño das Almiñas e

       Foxo do Lobo (Ponte Caldelas)


> Camiño Real ou

       dos Arrieiros (Ponte Caldelas)


> Muíños da Barosa (Barro)

> Muíños da Freixa (Poio)

> Os Tres Pinos (Pontevedra)

> Ruta das Fontes (Pontevedra)

> Chan do Vilar e

       Muíños de Vilaboa (Vilaboa)


> Pedra Miranda (Vilaboa)

> A Croa (Vilaboa)

> Muíños de Riomaior (Vilaboa)

> Petroglifos de Cobres (Vilaboa)

> Ruta das Mámoas do Morrazo

> Itinerario Natural e Cultural

       de Ponte Sampaio (Pontevedra)

Perfil



Punto de partida/chegada: Comeza por un camiño de terra que se atopa á dereita da casa de turismo rural dos Areeiros e remata de novo nese punto.
Lonxitude: Ruta circular, duns 3.320 m.
Modalidades: A pe, a cabalo ou en bicicleta.
Duración: O tempo aproximado é de 1 hora.
Dificultade: Baixa.


Descrición

Por detrás da casa rural vai unha pista forestal que discorre ó lado dalgunhas fincas. A medida que se separa da casa métese nunha masa boscosa. Tras uns 900 metros, o sendeiro sepárase da pista forestal e sube por un camiño ata chegar ó barrio de Vilar. Tras cruzar o barrio, o sendeiro discorre entre fincas. Mais adiante, o sendeiro volve a discorrer por masas forestais nunha zona alta onde se sitúan varios petroglifos. Dende aqui, o sendeiro baixa de novo cara a casa de turismo rural.





Puntos de interese

Recursos arqueolóxicos e etnográficos:
- Catro petroglifos.
- Unha cista (antigo enterramento).
- Lavadoiro tradicional.
- Dúas fontes.
- Lugar da antiga casa do cura.

Elementos Naturais
- Miradoiro de Acuña.
- Flora: carballos, loureiros, bidueiros, ameneiros, eucaliptos e piñeiros.
- Fauna: reptis, insectos, mamiferos e unha importante representación de aves.







Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
Rúa Santa Clara, 4 - 2º 36002 - Pontevedra | Telf. 986 10 81 44 | Fax. 986 10 80 09 | adrproderpontevedra@mundo-r.com
Mapa