A A-D-R

PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

TABOLEIRO DE AVISOS

SENDEROS

Perfil

Punto de partida/chegada: Comeza no Club de Piragüismo de Vilaboa e remata en Larache. Lonxitude: Ruta lonxitudinal. 4.780 m. Modalidades: A pé, a cabalo ou en bicicleta. Duración: O tempo aproximado é de 1 hora.

Dificultade: Baixa, xa que todo o sendeiro ten un ancho próximo os dous metros e unha pendente case nula. Descrición Na fase inicial do sendeiro hai boas vistas sobre as illas Alvedosas e

San Simón, ademais de Ponte Sampaio e Arcade. Continuando polo camiño

atópase a Punta do Castelo. O sendeiro continúa ás Salinas do Ulló, por

un paseo empedrado. Rodéase as salinas o carón dunha bancada de pedra e o

camiño discorre entre unha zona de xunqueira á dereita e os restos da

salina á esquerda. Collese un camiño á dereita, que se atopa ó final da

banca e o camiño entra nun bosque, coñecido como a Granxa das Salinas.

Neste lugar atópanse os restos das casas de pedra onde se elaboraba o

sal procedente das Salinas. No interior delas aínda se conservan

vestixios dunha antiga capela, o patio e unha lareira.Séguese o camiño

polo bosque por unha pista pegada á costa que leva ó peirao de Acuña.

Dende aquí divísase a Punta do Castelo, Ponte Sampaio, a praia de

Arcade, San Simón, a ponte de Rande e o Monte do Cabalo. Pásase o peirao

e o camiño continúa sen sombra, pola beira das fábricas de conservas.

Seguindo o sendeiro atópanse viñedos e un muro de pedra e séguese a

Larache. Do mar que se atopa á esquerda, emerxen unhas bancadas que

antigamente eran refuxio artificial para o cultivo de moluscos. Séguese o

camiño á enseada de Larache onde remata o sendeiro Puntos de interese Elementos Naturais - As Salinas do Ulló. - A bancada das Salinas. - Árbore do Tamarindo. - Granxa das Salinas e de Larache. - Vistas das Illas Alvedosas, ría de Vigo e Arcade. - Peirao de Acuña, onde se atopa a pedra dos Caralletes. - A Chan da Croa. - Flora: tamarindo, loureiro, castiñeiro, carballo, eucalipto, sobreira, bidueira, ameneiro, salgueiro e piñeiro.

> Camiño Real ou

dos Arrieiros (Ponte Caldelas)


> Muíños da Barosa (Barro)

> Muíños da Freixa (Poio)

> Os Tres Pinos (Pontevedra)

> Ruta das Fontes (Pontevedra)

> Chan do Vilar e

Muíños de Vilaboa (Vilaboa)

> Pedra Miranda (Vilaboa)

> A Croa (Vilaboa)

> Muíños de Riomaior (Vilaboa)

> Petroglifos de Cobres (Vilaboa)

> Ruta das Mámoas do Morrazo

> Itinerario Natural e Cultural

de Ponte Sampaio (Pontevedra)