 |
 |
 |
 |
 |
 |
Perfil

Punto de partida/chegada: Comeza no lago Castiñeiras ata o Chan do Vilar.
Lonxitude: Este sendeiro forma unha ruta lineal, cunha lonxitude total de 15,10 km.
Modalidades: Pódese realizar a pé ou en bicicleta.
Duración: O tempo aproximado de duración é de 4 horas e 45 minutos.
Dificultade: Media.
Descrición
O inicio do sendeiro está próximo a unha zona de gran valor arqueolóxico na que se poden visitar varias mámoas, descende por unha repoboación de castiñeiros e discorre próximo ó nacemento do río Trasmil. Continuando o sendeiro, percorrese unha fermosa devesa, cruzase ó río nun par de ocasións e atópase a derivación cara Chandovilar e chegase a un camiño que leva cara a Postemirón. Dende aquí, o sendeiro regresa de novo ó cruce do camiño que baixa de Vilaboa. Descendendo cara Salinas, atópanse de xeito continuado un gran número de muíños. Este tramo é o que presenta mais dificultade xa que o firme non é moi bo.
  
Puntos de interese
Arquitectura
- Dous muíños de Figueirido restaurados.
- Lavadoiro e fonte.
- Antiga ponte Militar.
- Fonte do século XVII e varias fontes de pedra.
- Mina de auga.
- Pedra de Reparto.
- Conxunto de quince muíños.
- Varias pontes antigas de pedra.
- Dúas presas de auga.
Elementos Naturais
- Lagoa de Castiñeiras.
- Miradoiro de Chan da Cruz.
- Sobreiral.
- Río Trasmil.
- Area de Natureza de San Xulián.
- Centro de recuperación de aves.
- Salinas do Ulló.
- Miradoiro de Cotorredondo.
- Árbores: ameneiros, loureiros, acacias, carballos, piñeiros, eucaliptos, bidueiras, fentos, acibo, chuchamel e xuncos.
- Fauna: anátidas, pombas e outros paxaros menores, lagartos, sapos, pardais, lavandeiras, cucos, bubelas, ourizos, toupas, musarañas, coellos e esquíos.
Elementos arqueolóxicos
- Mámoa do rei.
- Conxunto de varias mámoas no Chan da Cruz.
- Dolmen situado no entorno da Lagoa de Castiñeiras.
Zonas de recreo
- Area recreativa de Castiñeiras.
- A Devesa.
|
 |
 |
 |
 |
 |
|





 |