 |
A A-D-R
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
TABOLEIRO DE AVISOS
SENDEROS
Perfil
Punto de partida/chegada: Comeza e remata na capela de San Roque.
Lonxitude: Ruta circular, cunha lonxitude de 9,1 km.
Modalidades: A pé, a cabalo ou en bicicleta.
Duración: O tempo aproximado é de dúas horas e media a pé, dúas horas a cabalo e 1 hora e media en bicicleta.
Dificultade: Media, posto que o sendeiro transcorre por un trazado con desnivel considerable nalgúns puntos.
Descrición
O sendeiro discorre no seu primeiro tramo por un pequeno trazado de
pista asfaltada, ata coller por un camiño de terra. Seguimos o sendeiro
ata chegar á Bouza. Desde aquí, collemos un camiño que nos leva a
Filgueira. No medio deste tramo aparece a derivación que nos conduce á
igrexa Parroquial de San Andrés de Xeve. No seu entorno podemos observar
unha casa típica galega, a rectoral de San Andrés e o cemiterio.
Retomando o sendeiro, collese o tramo que nos leva a Filgueira, onde se
pode observar outra casa grande de pedra. Séguese de fronte pola mesma
pista e chegase a un cruce onde se colle a dereita, que leva ó río
Lerez. Volvendo sobre os nosos pasos, retomase o sendeiro e sóbese polo
Outeiro do Año ata Chan de Linaxe. Dese aquí, baixamos pola Canliña cara
Fragoso, onde atopamos varias fontes. Cruzamos a estrada e visitamos a
fonte e muíño da Costa, continuamos por un tramo de monte ata a escola
vella de Xeve. Desde aquí colleremos de novo cara San Roque
Puntos de interese
Arquitectura
- Capela de San Roque.
- Cruceiro da Capela de San Roque.
- Igrexa Parroquial de San Andrés.
- Dúas casas grandes de pedra.
- Rectoral de San Andrés de Xeve.
- Conxunto de varios cruceiros no entorno da igrexa.
- Fonte da Canliña, de Fragoso, deGorgullón, de Bartoliño, da Costa, da Peniña e da escola.
Elementos Naturais
- Río Lerez.
- Árbores: ameneiros, salgueiros, freixos, loureiros, carballos, eucaliptos, acacias e canas.
- Fauna: aguias, corvos e paxaros menores, lagartos, sapos, pardais,
lavandeiras, cucos, bubelas, ourizos, toupas, musarañas, coellos e
esquíos.
Zonas de recreo
- Area recreativa da Capela de San Roque, de Sobral e do Campo de Vilar.
- Area de descanso do Carballo da Filgueira e de Chan da Linaxe.
> Camiño Real ou
dos Arrieiros (Ponte Caldelas)
> Muíños da Barosa (Barro)
> Muíños da Freixa (Poio)
> Os Tres Pinos (Pontevedra)
> Ruta das Fontes (Pontevedra)
> Chan do Vilar e
Muíños de Vilaboa (Vilaboa)
> Pedra Miranda (Vilaboa)
> A Croa (Vilaboa)
> Muíños de Riomaior (Vilaboa)
> Petroglifos de Cobres (Vilaboa)
> Ruta das Mámoas do Morrazo
> Itinerario Natural e Cultural
de Ponte Sampaio (Pontevedra)
|
 |
|
|