 |
 |
 |
 |
 |
 |
Perfil

Punto de partida/chegada: Comeza na igrexa Parroquial de Santa Mª de Xeve e remata no mesmo lugar.
Lonxitude: Ruta circular, cunha lonxitude total de 13,31 km.
Modalidades: A pé, como a cabalo ou en bicicleta.
Duración: O tempo é de 3 horas e 50 minutos.
Dificultade: Media, posto que o sendeiro transcorre por un trazado con desnivel considerable na súa parte mais alta.
Descrición
Collemos unha pista asfaltada que leva ó Pazo de Gondar. Desde este punto, seguimos por un camiño de terra que conduce á pedra do Becerral e continuamos por un sendeiro entre fincas ata chegar ó Maúnzo. Collemos pola Poza Seca cara Cuncheiro, onde atopamos unha fonte. Seguimos subindo polo monte e despois de recorridos uns centos de metros chegamos ata a zona de descanso do Monte Acibal. Desde este punto, o sendeiro continúa en sentido decendente por unha pista forestal e continúase de novo ata o Monte Seoane. Aquí o sendeiro segue por un camiño empedrado que antigamente era empregado pola xente de Pontevedra para ir á romaría dos Milagres de Amil. Desde ese punto cóllese de novo dirección á Igrexa Parroquial de Santa Mª de Xeve para poñer fin á ruta.
  
Puntos de interese
Arquitectura
- Igrexa Parroquial de Santa Mª de Xeve.
- Cruceiros da Igrexa Parroquial.
- Pazo de Gondar.
- Fonte de Cuncheiro.
Elementos Naturais
- Pastizal, no monte Acibal.
- Regato do Couso.
- Fervenza no regato do Couso.
- Canteira da Esculca.
- Pedra do Becerral.
- Árbores: ameneiros, loureiros, acacias, carballos, piñeiros, eucaliptos, bidueiras, fentos e acibos.
Zonas de recreo
- Area de descanso no Pastizal.
|
 |
 |
 |
 |
 |
|





 |