 |
 |
 |
 |
 |
 |
Punto de partida/chegada: Comeza na desembocadura do Rego da Cancela e remata río arriba.
Lonxitude: Ruta lineal con 600 metros de lonxitude (só ida).
Modalidades: Pode realizarse tanto a pé como a cabalo.
Duración: O tempo aproximado é de 30 minutos a pé e de 15 minutos a cabalo.
Dificultade: Baixa, posto que o sendeiro transcorre por un trazado moi suave.
Descrición
Na marxe do río foron construídos sete muíños, aproveitando a forza da auga e formando un complexo hidráulico de moendas de cereais como avea, centeo ou millo. Os muíños agrúpanse en catro na parte baixa do Rego e tres na parte Alta. O sendeiro comeza na desembocadura do Rego da Cancela. Neste lugar están os catro primeiros muíños citados. O sendeiro continúa subindo pola marxe esquerda do Rego e seguindo o sendeiro pasamos por debaixo dunhas viñas e por uns prados que conducen ó quinto muíño. Pouco máis adiante, adentámonos no monte por onde transcorre o Rego. Aquí atópase o sexto muíño. Seguimos máis adiante e atopamos o último muíño, aquí atopamos o final do sendeiro, que regresaría o punto inicial polo mesmo sitio.

Puntos de interese
Arquitectura
- Conxunto de sete muíños, os cales conservan os muros de pedra, as rodas, os tremiñados e os sistemas de captación de auga.
- Dous pasos de pedra, que consisten en lousas deste mesmo material colocadas para cruzar o Rego.
- Unha antiga ponte de pedra.
Elementos Naturais
Rego da Cancela, que no seu transcurso forma unha fervenza na parte baixa e dous pequenos saltos na parte alta.
Árbores: ameneiros, salgueiros, freixos, loureiros, carballos, eucaliptos, acacias e canas.
Fauna: aguias, corvos, mouchos, pegas, pombas e outros paxaros menores, lagartos, sapos, pardais, lavandeiras, cucos, bubelas, ourizos, toupas, musarañas, coellos e esquíos.
Zonas de recreo
- Area recreativa na desembocadura do Rego da Cancela.
|
 |
 |
 |
 |
 |
|


 |