Castellano


> Camiño das Almiñas e

       Foxo do Lobo (Ponte Caldelas)


> Camiño Real ou

       dos Arrieiros (Ponte Caldelas)


> Muíños da Barosa (Barro)

> Muíños da Freixa (Poio)

> Os Tres Pinos (Pontevedra)

> Ruta das Fontes (Pontevedra)

> Chan do Vilar e

       Muíños de Vilaboa (Vilaboa)


> Pedra Miranda (Vilaboa)

> A Croa (Vilaboa)

> Muíños de Riomaior (Vilaboa)

> Petroglifos de Cobres (Vilaboa)

> Ruta das Mámoas do Morrazo

> Itinerario Natural e Cultural

       de Ponte Sampaio (Pontevedra)

Perfil



Punto de partida/chegada: Comeza no primeiro muíño da Ría de Abaixo e remata na Ponte da Búa.
Lonxitude: Ruta lineal, cunha lonxitude de 2.100 m (ida e volta).
Modalidades: A pé e a cabalo.
Duración: O tempo aproximado é de 1 hora e cuarto a pé e 45 minutos a cabalo.
Dificultade: Media, non tanto pola lonxitude do sendeiro senón pola gran pendente que ten o primeiro tramo do percorrido.


Descrición

Este parque posúe unha excepcional topografía, pola que discorre o río Barosa en forma de fervenza, alcanzando trinta metros de desnivel. Ó carón desta fervenza foron construídos dezasete muíños, aproveitando a forza da auga formando un complexo hidráulico de moendas de cereais como avea, centeo ou millo. Os dezasete muíños agrúpanse en dez muíños de Arriba e sete de Abaixo.

Muíños de Abaixo: Dende os muíños de abaixo ata a igrexa de San Breixo. Atópanse un conxunto de sete muíños, catro deles restaurados e os tres restantes só conservan as pezas. Ó carón destes consérvase unha gran fonte de pedra. O sendeiro continúa cruzando dúas pontes de madeira, dende os que se pode ver a fervenza. Seguindo o sendeiro atopamos outros nove muíños que conservan as pezas, así como os sistemas de captación de auga. Na ponte de San Breixo atopamos unha derivación do sendeiro que conduce ata a igrexa de San Breixo.

Muíños de Arriba: Neste tramo hai un area recreativa, onde se atopa unha taberna típica. Neste punto consérvase o último muíño de Arriba, restaurado. Segue por unha ruta circular que cruza a ponte da Búa e retorna pola marxe dereita do mesmo.





Puntos de interese

Arquitectura
- Conxunto de dezasete muíños, seis deles restaurados e os once restantes aínda non están totalmente rehabilitados.
- Ponte de San Breixo e Ponte da Búa.
- Igrexa de San Breixo, do século XVII, reformada no século XVIII.
Dúas tabernas típicas, en pedra, á beira de dous muíños.

Elementos Naturais
- Río Barosa
- Árbores: ameneiros, salgueiros, freixos, loureiros, carballos, piñeiros, ruscos, sabugueiros, xestas e espiños.
- Fauna: Eslizón común, lagarto ocelado, lagarto verdinegro, sapos, salamandras, ratoeira, pardal, lavandeira, cuco, bubela, ocas, patos, ourizo, toupa, musaraña, coellos e esquíos.

Zonas de recreo
- Area recreativa, situada no principio do segundo tramo.







Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
Rúa Santa Clara, 4 - 2º 36002 - Pontevedra | Telf. 986 10 81 44 | Fax. 986 10 80 09 | adrproderpontevedra@mundo-r.com
Mapa