A A-D-R

PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

TABOLEIRO DE AVISOS

SENDEROS

Perfil

Punto de partida/chegada: Comeza na parroquia de Forzáns (Ponte Caldelas) e remata na parroquia de Marcón (Pontevedra). Lonxitude: Ruta lineal de 18 kilómetros. Modalidades: Pode realizarse tanto a pé, como a cabalo ou en bicicleta. Duración: O tempo aproximado é de 5 horas e media a pé, 5 horas a cabalo e catro e media no caso de facelo en bicicleta. Dificultade: Baixa, aínda que debe terse en conta que unha parte importante do trazado discorre por asfalto. Historia Este camiño ten unha gran importancia histórica posto que era a antiga

vía de comunicación e de intercambio comercial entre Pontevedra e

Ribadavia. Era utilizado dende o século XV para transportar o viño de

Ribadavia a Pontevedra para ser posteriormente comercializado a Biscaia e

á Bretaña Francesa. Por este camiño andaban os arrieiros, que eran os

encargados de transportar o viño en recuas de mulas. Descrición O sendeiro comeza por unha pista de terra, cruzando a estrada xeral

C-531, que ven dende Porto, no concello de A Lama. Cóllese o camiño que

pasa polo lugar de Feira, ata chegar á Esfarrapada. Dende aquí cóllese a

pista que vai polo medio desta parroquia e leva O Coto, para seguir

despois ata A Costa. Da Costa baixase ata Os Pazos ata a estrada xeral

C-531. Continúase ata chegar a Ponte Caldelas. Dende aquí séguese por

Cuñas cruzando unha zona de agro e monte ata chegar a estrada vella de

Tourón. Crúzase de novo a estrada xeral e continúase po run camiño de

terra entre unhas fincas que nos levan a Buchabad. O chegar alí,

continúase por unha estrada asfaltada polo medio da parroquia ata a

estrada C-531 e cóllese un tramo ata Vilarchán, onde o camiño continúa

pola estrada vella ata voltar de novo á estrada xeral. Crúzase esta

estrada e continuamos ata Reigosa, polo antigo camiño real. O camiño

pasa por detrás do polígono industrial e vai ata a Ermida. Dende a

Ermida o camiño discorre ata Marcón, o final da ruta. Puntos de interese Arquitectura - Camiños empedrados e amurallados. - Igrexa Parroquial de Forzáns e de Tourón. - Muíño de Forzáns. - Peto de ánimas en Cuñas. - Rectoral de Tourón. - Hórreo de Tourón. - Casa grande de Buchabad. - Cruceiro das Leiras en Buchabad.

Elementos Naturais - Río Barosa - Árbores: ameneiros, salgueiros, freixos, loureiros, carballos, piñeiros, ruscos, sabugueiros, xestas e espiños. - Fauna: Eslizón común, lagarto ocelado, lagarto verdinegro, sapos,

salamandras, ratoeira, pardal, lavandeira, cuco, bubela, ocas, patos,

ourizo, toupa, musaraña, coellos e esquíos.

Zonas de recreo - Regato de Xián. - Árbores: carballos, amieiros, sanguiños, abeleiras, bidueiros, piñeiros, acacias, salgueiros e xestas. - Fauna: xabarís, coellos, raposos, nutrías, denociñas, aguias, corvos,

mouchos, pegas, pombas toraces e outros paxaros menores, lagartos,

troitas e serpes.

> Camiño Real ou dos Arrieiros (Ponte Caldelas)

> Muíños da Barosa (Barro) > Muíños da Freixa (Poio) > Os Tres Pinos (Pontevedra) > Ruta das Fontes (Pontevedra) > Chan do Vilar e Muíños de Vilaboa (Vilaboa) > Pedra Miranda (Vilaboa) > A Croa (Vilaboa) > Muíños de Riomaior (Vilaboa) > Petroglifos de Cobres (Vilaboa) > Ruta das Mámoas do Morrazo > Itinerario Natural e Cultural de Ponte Sampaio (Pontevedra)