A A-D-R

PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

TABOLEIRO DE AVISOS

SENDEROS

Perfil

Punto de partida/chegada: O percorrido comeza na Igrexa de Caritel e remata no mesmo punto. Lonxitude: Ruta circular de 10.820 metros. Modalidades: A pé. Duración: O tempo aproximado é de 3 horas e 20 minutos. Dificultade: Media. Descrición Primeiro tramo: Vai dende a igrexa de Caritel ata a

Fraga de Abaixo, discorrendo por un antigo camiño empedrado de gran

beleza paisaxística. Ó comezo o sendeiro pódese visitar a igrexa de

Caritel. No entorno da igrexa obsérvase o cruceiro do Coto e dous

hórreos restaurados. A medida que discorre o camiño, este ofrece unhas

vistas espectaculares. Neste tramo atopamos un pontillón de pedra que

pasa por encima do regato das Costiñas. A maior parte do tramo é

sombreado. Segundo tramo: Vai dende a Fraga de Abaixo ata os pasos

de Portasouto que cruzan o rio Verdugo. Este tramo discorre por un

camiño empedrado e conta con sombra en case todo o trazado. Atopámonos

outro pontillón que pasa sobre o regato das Costiñas. A uns 50 metros o

sendeiro presenta unha derivación que nos conduce ata outros pasos do

río. Retomando o sendeiro, séguese ata o Coto de pesca. Para chegar hai

que cruzar uns pasos sobre o río denominados “pasos da Fraga”, que

cruzan o regato Larpea, e os “pasos de Portasouto”, que cruzan o río

Verdugo. Neste mesmo punto tamén hai dous muíños: un rehabilitado e

outro en ruinas, e na marxe dereita atopamos un fermoso peto e ánimas. Terceiro tramo: Vai dende Laxoso ata os pasos da

Coveliña. O camiño sube cara as casa de Portasouto por unha pista de

terra e tras un pequeno tramo de pista asfaltada volvese coller unha

pisa de terra que chega ata Porcinas. Dende aquí o camiño vai entre

muros por un entorno forestal que vai cara o foxo do lobo. Atópase

tomando unha pista de terra na estrada que vai dende Ponte Caldelas a

Augasantas. Este era o lugar onde se lle daba a batida ós lobos

antigamente. Consistía nuns muros en forma de “V”, mais abertos no

principio e cerrados ó final, facendo na última parte un círculo duns 5

ou 6 metros de profundidade. Nel, colocábanse unhas ramas en forma de

trampa ata onde se conducía o lobo para matalo. Dende aquí facemos un tramo pola estrada que vai dende Ponte Caldelas

ata Augasantas e collemos a man esquerda unha pista que nos levara ata

Laxoso de Arriba. O entrar en Laxoso, viramos á dereita e continuamos

polo medio de Laxoso ata dar cun camiño con muros de pedra no que

atoparemos dous cruceiros de pedra. Este camiño é o antigo camiño de

Roriz. Dende aquí baixamos cara a Laxoso de Abaixo e pasamos cerca da

igrexa de San Xoán. Volvemos a atravesar a estrada que vai dende Ponte

Caldelas a Augasantas e polo lugar coñecido como Tras da Costa, chegamos

a Laxoso de Abaixo. Xusto no final da aldea atópase un regato que hai

que cruzar para continuar o camiño e este continúa baixando entre muros

ata topar co regato da Coveliña, que se atravesa polos pasos da

Coveliña. Retómase o camiño e continuamos ata atopar o camiño polo que

se baixou dende a igrexa de Caritel. Puntos de interese Arquitectura - Igrexa de Caritel. - Peto de ánimas, coa imaxe de San Antón co neno Xesús. - Pasos do Rego das Coveliñas. - Muíño do Regueiro, da Ferreira e dos Castiñeiriños. - Foxo do Lobo. - Cruceiro do Pe das Herbas e do Camiño do Roriz. - Capela de San Xoán. - Peto de ánimas no Camiño do Roriz. - Caseta de vixilancia na Portela.

Elementos Naturais - Río Verdugo. - Río Pequeno ou da Larpea. - Regato das Costiñas. - Vexetación típica do bosque galego (carballos, amieiros, sanguiños, abeleiras e bidueiros). - Fauna: xabarís, coellos, raposos, nutrías, denociñas, aguias, corvos,

mouchos, pegas, pombas toraces e outros paxaros menores, lagartos,

troitas e serpes.

Zonas de recreo - Area recreativa no paseo fluvial do río Verdugo.

> Camiño Real ou dos Arrieiros (Ponte Caldelas)

> Muíños da Barosa (Barro) > Muíños da Freixa (Poio) > Os Tres Pinos (Pontevedra) > Ruta das Fontes (Pontevedra) > Chan do Vilar e Muíños de Vilaboa (Vilaboa) > Pedra Miranda (Vilaboa) > A Croa (Vilaboa) > Muíños de Riomaior (Vilaboa) > Petroglifos de Cobres (Vilaboa) > Ruta das Mámoas do Morrazo > Itinerario Natural e Cultural de Ponte Sampaio (Pontevedra)