Castellano


O LEADER é un dos catro eixes que conforman o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galiza 2007-2013 e ao que se destinan un total de 142,8 millóns de euros a repartir entre os 31 GDR en Galicia. O seu nome corresponde ás siglas en francés "Liaisons entre activités de Developement de L'Economie Rural", “Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural”. Esta iniciativa vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.
> Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Subir
En cada territorio, o programa LEADER é deseñado e executado por un Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), cuxa principal actividade está enfocada á dinamización, promoción, selección e seguimento de proxectos que contribúan ao desenvolvemento sostible. O noso territorio encádrase no Grupo Desenvolvemento Rural 19, que abrangue os municipios de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

Estatutos (pdf 2,62 Mb)
Candidatura (pdf 2,37 Mb)


Anexos da Candidatura

Resolución (pdf 1,85 Mb)
Cadro financeiro (pdf 9,6 Kb)

 

Apertura da convocatoria de axudas do programa LEADER Pontevedra - Morrazo 2007-2013

O Grupo de Denselvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo (concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa) inicia a súa andaina coa apertura da convocatoria de axudas do programa Leader 2007-2013 o día 24 de agosto.

Na sesión ordinaria da Xunta Directiva celebrada o 23 de xullo de 2009 acordouse por unanimidade a apertura da convocatoria de axudas do programa Leader 2007-2013 para todo o período de actividade, sometida ás anualidades que correspondan a cada medida. A data de admisión de solicitudes comenza o día 24 de agosto de 2009 e remata o 1 de setembro de 2013.

Esta convocatoria réxese polo Réxime de Axudas publicado, xunto coas Bases Reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural, no DOG núm. 115 do luns 16 de xuño de 2008 e pola súa modificación publicada no DOG núm. 15 do xoves 22 de xaneiro de 2009.

As solicitudes, xunto coa documentación complementaria, presentaranse no rexistro da oficina técnica do GDR ubicada na rúa de Santa Clara 4-2º; 36002  Pontevedra. 

Para máis información no teléfono 986 10 81 44, fax 986 10 80 09, no correo gdr19@mundo-r.com e na web http://gdrpontevedramorrazo.blogspot.com

Resumo informativo da convocatoria de axudas do programa LEADER Pontevedra - Morrazo 2007-2013 (pdf 107 Kb)
Resumo do réxime de axuda e baremo de aplicación (pdf 232 Kb)

 

 
Estatutos da Asociación de Desenvolvemento Rural de Pontevedra - O Morrazo

Candidatura do GDR-19



Modelos de solicitude de axuda do promotor (en versión Office 2007):

> Impresos electrónicos

Modelo Orzamento Presentado (xls. 644 Kb)

Modelo Comparación Ofertas (doc. 535 Kb)

Modelo Declaración Doutras Axudas (doc. 509 Kb)

Modelo Plan de Xestión Non Produtivos (doc. 512 Kb)

Modelo Resumo Proxecto e Plan de Empresa (doc. 436 Kb)

SOLICITUDE DE AXUDA LEADER (doc. 536 Kb)

> Impresos papel

Modelo Orzamento Presentado (xls. 638 Kb)

Modelo Comparación Ofertas (doc. 508 Kb)

Modelo Declaración Doutras Axudas (doc. 501 Kb)

Modelo Plan de Xestión Non Produtivos (doc. 511 Kb)

Modelo Resumo Proxecto e Plan de Empresa (doc. 522 Kb)

SOLICITUDE DE AXUDA LEADER (doc. 899 Kb)

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
Rúa Santa Clara, 4 - 2º 36002 - Pontevedra | Telf. 986 10 81 44 | Fax. 986 10 80 09 | adrproderpontevedra@mundo-r.com