 |
 |
 |
 |
 |
 |
O BdT en VTELEVISION |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
HOXE AS 21:35 EN VTELEVISIÓN ESTARÁ O BANCO DO TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA NO PROGRAMA
DOCUREPORTAJE Xoves 21.35 horas
Cámbiocho!
Programa de reportaxes sobre a solidaridade entre as persoas a través dous chamados bancos de tempo.
Cada semana diferentes testemuñas explican como axudan aos outros, simplemente compartindo algo tan prezado como é o seu tempo.
Podedes velo en INTERNET no enlace http://www.vtelevision.es/programas/cambiocho/2010/07/08/0031_22_16883.htm
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
NOVO HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A A.D.R. PRODER II Comarca de Pontevedra estrea horario de verán para a atención o público. As oficinas están abertas ata ó 30 de setembro, dende as 8:30 ás 15:00 da maña de luns a venres.
Quedamos a vosa disposición para o que estimedes oportuno e desexámosvos un feliz verán
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O BANCO DE TEMPO E A ANPA AMOR RUIBAL FESTEXAN A PRIMAVERA CON GRANDE ÉXITO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR continúa coa estratexia de dinamización e cohesión dos/as socios/as do
Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, que este pasado Sábado día 29 de Maio, colaborou coa ANPA do Colexio Amor Ruibal con grande éxito.
Os socios/as do BdT colaboraron na realización e desenvolvemento de varios obradoiros de actividades, que tiveron unha grande acollida por parte dos participantes.
Leváronse a cabo 8 obradoiros diferentes, de manualidades, fotografía, cociña e xoguetes tradicionais, os socios/as que participaron deron indicacións os cativos/as de como facer xoiería con miga de pan, farolillos, gominolas, papaventos... e estes coa súa axuda ían realizando as manualidades.
O longo da tarde os grupos de participantes ían rotando por todas as actividades, tivo unha grande participación o obradoiro de gominolas e o de elaboración de papaventos tradicionais que remataron cunha proba de vó, exitosa. Os adultos pola súa parte participaron con grande interese no obradoiro de elaboración de flores de papel pinocho.
A xornada transcorreu coa participación de o redor de 50 nenos/as cos seus pais e nais, que se entretiveron cos obradoiros dende as 17:00h ata as 19:00h e que ademáis puideron levar para casa os diferentes traballos realizados.
Dende a ANPA organizaron unha merenda convidando os participantes e unha actuación musical o que convidouse os socios/as do BdT.
O final da tarde, por parte dunha socia do Banco de Tempo ofreceuse unha pequena charla de asesoramento sobre pautas saudables de lectura, para previr problemas de vista e o rematar resolveu dúbidas dos pais/nais.
A valoración da Festa foi moi positiva tanto por parte dos asistentes como por parte dos/as socios/as que quedaron moi contentos de participar e que ademáis de aportar o seu tempo aportaron moita ilusión e entusiasmo no desenvolvemento dos obradoiros.
Resultou ser unha experiencia enriquecedora de participación e colaboración entre dúas entidades que compartimos unha tarde en moi boa compaña.
Calquera persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo, contactando coa Axente de Tempo:
Clara Dias Ponte, en ADR PRODER, Santa Clara 4º, 2º - 36 002, Pontevedra, no Tlf: 986 10.81.44/Fax: 986 10.80.09; Tlf. móbil 661.327.386, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
VISITA DO BANCO DE TEMPO A ÁREA ARQUEOLÓXICA DE A CAEIRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O grupo de socios/as do BdT da Comarca de Pontevedra realizará a visita a Área Arqueolóxica de A Caeira que non se puido visitar o pasado día 21 de Abril por causa da chuvia.
O Banco de Tempo acudirá hoxe día 28 as 17:00h acompañado pola Técnico de Turismo do Concello de Poio, nunha visita guiada que ampliará os coñecementos sobre o centro e afianzará a confianza e convivencia entre os membros participantes<
Calquera persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo, contactando coa Axente de Tempo:
Clara Dias en ADR PRODER, Santa Clara 4º, 2º - 36 002, Pontevedra, no Tlf: bancodetempo@mundo-r.com , e sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O BANCO DE TEMPO REALIZA UN INTERCAMBIO DE COCIÑA GALEGA. |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR continúa coa estratexia de dinamización e cohesión dos/as socios/as do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, nesta ocasión adicouse o intercambio de cociña, á gastronomía galega.
Con motivo do Día do Libro o 23 de Abril o Banco de Tempo fixo referencia nas súas actividades a cultura galega. Deste xeito no intercambio de cociña elaboráronse varias receitas típicas da nosa tradición culinaria.
O intercambio de grupo de cociña consiste en que varios/as socios/as co mesmo interese por aprender e compartir o seu tempo e coñecementos sobre a materia, comparten un espazo e un tempo común, tódolos mércores na Cámara Agraria do Concello de Marín, en realizar esta actividade.
Neste día concreto o Mércores 21 de Abril, dúas socias ensinaron a elaborar receitas tradicionais galegas como empanada, filloas, pan de bola, bica...e posteriormente os asistentes degustaron o cociñado. Contouse coa participación de 15 socios/as e coa visita e colaboración da Concelleira de Cultura.
A fin de semana o BdT acudirá a V Edición da Feira do Libro na Alameda de Marín, para participar e disfrutar todos/as xuntos/as das actividades que se realizarán na mesma.
Calquera persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo, contactando coa Axente de Tempo:
Clara Dias en ADR PRODER, Santa Clara 4º, 2º - 36 002, Pontevedra, no Tlf: 986 10.81.44/Fax: 986 10.80.09; Tlf. móbil 661.327.386, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ANULADA A VISITA DO BANCO DE TEMPO A ÁREA ARQUEOLÓXICA DE A CAEIRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A visita que os socios/as do BdT ían realizar a Área Arqueolóxica de A Caeira, hoxe as 17:00h foi anulada por mor do tempo, aínda que se mantén o interese pola actividade polo que se posporá para datas nas que acompañe o tempo.
Calquera persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo, contactando coa Axente de Tempo:
Clara Dias en ADR PRODER, Santa Clara 4º, 2º - 36 002, Pontevedra, no Tlf: 986 10.81.44/Fax: 986 10.80.09; Tlf. móbil 661.327.386, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O BANCO DE TEMPO CELEBRARÁ O DÍA DO LIBRO E REALIZARÁ UNHA VISITA DE GRUPO. |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR continúa coa estratexia de dinamización e cohesión dos/as socios/as do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, nesta ocasión realizarán unha visita de grupo e actividades de festexo do Día do Libro.
Con motivo do Día do Libro o 23 de Abril, realizaranse dous tipos de actividades centradas na cultura galega, o Mércores 21 de Abril realizarase no intercambio de grupo, de cociña, unha xornada especial sobre a gastromomía galega, elaborando duas receitas de cociña tradicional galega.
A actividade consistirá en que duas socias ofrecen o seu tempo en ensinar a elaborar estes platos típicos, como son a empanada e as filloas. Unha vez rematada a elaboración entre todos/as os/as presentes farase unha pequena degustación.
Dentro das actividades organizadas na Feira do Libro do Concello de Marín dende o 23 o 25 de Abril o grupo de socios/as do BdT acudirán a visita da mesma, coñecendo os diferentes postos e disfrutando das actuacións ofrecidas.
Por outro lado o Banco de Tempo continúa propoñendo actividades de grupo onde afianzar a confianza entre membros, polo que o Mércores 21 de Abril visitarase nesta ocasión a Área Arqueolóxica de A Caeira, contando coas explicacións da técnico de turismo do Concello de Poio.
Calquera persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo, contactando coa Axente de Tempo:
Clara Dias en ADR PRODER, Santa Clara 4º, 2º - 36 002, Pontevedra, no Tlf: 986 10.81.44/Fax: 986 10.80.09; Tlf. móbil 661.327.386, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA REALIZARÁ ESTE SÁBADO A 2ª RUTA DO GRUPO DE SENDEIRISMO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR continúa coa estratexia de dinamización e cohesión dos/as socios/as do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, nesta ocasión realizarase a 2ª ruta de sendeirismo dos/as socios/as do BdT.
A actividade consiste en que varios/as socios/as do BdT que ofertan e demandan sendeirismo, formaron un grupo, que en vindeiras ocasións irán percorrendo os concellos da Comarca de Pontevedra. Nesta 2ª ocasión realizarán a ruta do Foso do Lobo no concello de Ponte Caldelas.
Dous socios que coñecen o terreo ofrecen o seu tempo da tarde do Sábado 17 de Abril en guiar o resto dos/as seus compañeiros/as, as 16:00 horas se desprazarán en coche dende a Ponte dos Tirantes ata a Igrexa de Caritel, punto no que comezará a súa andadura.
Por outro lado e cotinuándo coa idea de facer intercambios grupais, esta pasada semana iniciouse con éxito o grupo de socios/as que realizan sesións de relaxación, ofertadas por unha socia, nun espazo cedido pola Fundación Caixagalicia e que se continuará a realizar o longo do presente mes.
Este novo tipo de intercambio súmase os que xa se veñen realizando no BdT xa sexan con caracter grupal como os de cociña, manualidades, conversación en idiomas, ou ben de socio/a a socio/a como asesoramento informático, transporte, acompañamento,etc...
Calquera persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo, contactando coa Axente de Tempo:
Clara Dias en ADR PRODER, Santa Clara 4º, 2º - 36 002, Pontevedra, no Tlf: 986 10.81.44/Fax: 986 10.80.09; Tlf. móbil 661.327.386, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REPORTAXE DO BANCO DE TEMPO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra foi protagonista dunha reportaxe o Domingo 4 de Abril de 2010 no Diario de Pontevedra. Co título “Te dejo una hora de mi tiempo ¿la quieres?” cóntase en que consiste o BdT, o tipo de actividades que se levan a cabo e inclúe tres experiencias dos/as socios/as do Banco de Tempo.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
INTERCAMBIO DE GRUPO ENTRE SOCIOS/AS DO BANCO DE TEMPO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra a través da Secretaría Xeral do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra continúa coa estratexia de dinamización e cohesión dos/as socios/as do Banco de Tempo comarcal, que nesta ocasión van a realizar unha ruta de sendeirismo en grupo.
Dende o Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra cóntase xa, con cerca de 90 socios/as polo que un grande grupo de persoas demandan-ofertan o mesmo tipo de servizo, polo que neste caso formouse un grupo de socios/as que comparten o seu interese e tempo por facer sendeirismo.
Este equipo de persoas propuxo comezar esta nova iniciativa realizando unha ruta de dificultade media como é a de Lérez-Bora que abrangue 12 kilómetos, e que se iniciará este Sábado día 27 de Marzo na Ponte dos Tirantes. Este tipo de intercambio grupal terá continuidade nos próximos meses.
O longo destes meses a Secretaría do BdT da Comarca de Pontevedra ven coordinando os intercambios grupais das seguintes actividades: fotografía, cociña, conversación en castelán e manualidades, que se crearon seguindo unha estratexia de agrupar os/as socios/as en pequenos grupos de actividades concretas, e sempre baixo a coordinación da Secretaría do BdT.
O Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra conta cos/coas socios/as dos Concellos de Barro, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, e Vilaboa e continúa realizando intercambios particulares entre as persoas e actividades de grupo de lecer e culturais como modo de afianzar a confianza dos membros e de dinamizar o conxunto de socios/as.
Calquera persoa maior de idadepode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo, contactando coa Axente de Tempo:
Clara Dias na oficina da ADR sita na Rúa, Santa Clara 4º, 2º - 36 002, Pontevedra, no Tlf: 986 10.81.44/Fax: 986 10.80.09; Tlf. móbil 661.327.386, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CELEBRACIÓN DA FESTA DE ENTROIDO DO BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
No día de onte, 17 celebrouse a Festa de Entroido, na Granxa de Briz no Concello de Marín.
A esta sesión asistiron 87 persoas entre socios e socias do Banco de Tempo da Comarca e convidados/as dos/as mesmos/as.
A Festa de Entroido comenzou co montaxe das mesas cos diversos productos traídos pólos/as sócios/as: por exemplo ourellas, filloas ao estilo galego, uruguayo e marroquí, empanadas de xamón e queixo, tartas de queixo, rosquillas....etc e as bebidas, entre elas a degustación té marroquí a cargo das socias marroquís.
Ao mesmo tempo fóronse realizando xogos infantis a cargo da Asociación Cultural Fentos e Frouma do Concello de Marin cos/as nenos/as que asistiron a festa, e a mostra de “Títeres” a cargo duns colaboradores do BdT, a última hora fíxose a entrega das mencións especiais aos/ás socias que levan mais horas intercambiadas. Esta mención consistiu na entrega de “Tarxetas de platino, ouro, prata e bronce”, cos correspondentes premios en horas e tamén de calendarios anuaisconfeccionados polas Axentes de Tempo (do ADR-PRODER e Concello de Marín) coas fotografías de cada un-unha dos/as premiados/as: Esther González, Rosa María Novas, Isabel Ávalos, José Pintos, Elías Barreiro, Jesús Ponte, Alejandro Pintos e Mª Luisa Rodríguez.
E como remate das actividades programadas convocouse aos/ás socios/as a participar na degustación do “Bole do Pote” o 21 de febreiro ás 12:00 horas na alameda de Marín, como parte do INTERCAMBIO de TEMPO que se leva a cabo entre o BdT da Comarca e esta asociación, como xeito de crear unha rede de participación social cós axentes sociais e, sobre todo continuar coa estratexia de dar a coñecer en qué consiste o BdT, e que posibilidades ofrece, fomentando a comunicación, a confianza e coñecemento persoal entre os/as participantes.
Calquera persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo, contactando coas Axentes de Tempo:
Clara Dias Ponte, en ADR PRODER, Santa Clara 4º, 2º - 36 002, Pontevedra, no Tlf: 986 10.81.44/Fax: 986 10.80.09; Tlf. móbil 661.327.386, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e sitio web: www.adrproderpontevedra.org
Herminia Dios Poceiro, na Concellería de Sanidade, Servizos Sociais, Igualdade, Emprego e Educación do Concello de Marín. Avda de Ourense, s/n, Telf. 986 88 03 00 ext.20; Fax 986 88 20 13; Tlf. móbil 607.692.621, 36 900 MARÍN (Pontevedra) e no enderezo electrónico: bancodetempo@concellodemarin.es, e sitio web: www.concellodemarin.es
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA XA CONTA CON 88 SOCIOS/AS.INTERCAMBIO GRUPAL |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra conta xa con 88 socios/as polo que continuamos coas actividades de dinamización para entablar lazos de confianza e coñecemento mútuo.
O Venres día 12 de Febreiro os socios/as do Banco de Tempo realizarán un intercambio en grupo, que consistirá en que aqueles socios que demandan como actividade pasear ou sendeirismo e aqueloutros que queren aprender fotografía, poderán intercambiar estes servicios de maneira conxunta.
Nesta actividade realizaremos unha ruta de sendeirismo polo Río Lérez, e aproveitaremos os coñecementos de dous socios que ofrecen ensinar a facer fotografías, para que neste paisaxe nos ensinen diferentes técnicas fotográficas.
Trátase de aunar dous inquietudes diferentes pero compatibles que poden resultar moi proveitosas para os socios/as interesados en practicar cada unha delas.
O horario de realización da actividade será das 16:00 horas da tarde ata que non haxa luz para realizar as fotos, e comezaremos a camiñar na Praia Fluvial do Río Lérez.
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas” , esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal, onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demais; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa a compartir un paseo, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mutua, fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza, solidariedade e axuda.
Calquera persoa maior de idade pode participar previa inscrición (gratuíta) dirixíndose:
a Secretaría Técnica, preguntando pola Axente de Tempo: Clara Dias Ponte, localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra, Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org
ao Concello de Marín, Avda de Ourense s/n, concretamente no ático, preguntando pola Axente de Tempo: Herminia Dios Poceiro, teléfono 986 88 03 00 ext. 20, teléfono móvil 607.692.621 e enderezo electrónico: bancodetempo@concellodemarin.es
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O BANCO DE TEMPO E A ANPA AMOR RUIBAL FESTEXAN A PRIMAVERA CON GRANDE ÉXITO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR continúa coa estratexia de dinamización e cohesión dos/as socios/as do
Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, que este pasado Sábado día 29 de Maio, colaborou coa ANPA do Colexio Amor Ruibal con grande éxito.
Os socios/as do BdT colaboraron na realización e desenvolvemento de varios obradoiros de actividades, que tiveron unha grande acollida por parte dos participantes.
Leváronse a cabo 8 obradoiros diferentes, de manualidades, fotografía, cociña e xoguetes tradicionais, os socios/as que participaron deron indicacións os cativos/as de como facer xoiería con miga de pan, farolillos, gominolas, papaventos... e estes coa súa axuda ían realizando as manualidades.
O longo da tarde os grupos de participantes ían rotando por todas as actividades, tivo unha grande participación o obradoiro de gominolas e o de elaboración de papaventos tradicionais que remataron cunha proba de vó, exitosa. Os adultos pola súa parte participaron con grande interese no obradoiro de elaboración de flores de papel pinocho.
A xornada transcorreu coa participación de o redor de 50 nenos/as cos seus pais e nais, que se entretiveron cos obradoiros dende as 17:00h ata as 19:00h e que ademáis puideron levar para casa os diferentes traballos realizados.
Dende a ANPA organizaron unha merenda convidando os participantes e unha actuación musical o que convidouse os socios/as do BdT.
O final da tarde, por parte dunha socia do Banco de Tempo ofreceuse unha pequena charla de asesoramento sobre pautas saudables de lectura, para previr problemas de vista e o rematar resolveu dúbidas dos pais/nais.
A valoración da Festa foi moi positiva tanto por parte dos asistentes como por parte dos/as socios/as que quedaron moi contentos de participar e que ademáis de aportar o seu tempo aportaron moita ilusión e entusiasmo no desenvolvemento dos obradoiros.
Resultou ser unha experiencia enriquecedora de participación e colaboración entre dúas entidades que compartimos unha tarde en moi boa compaña.
Calquera persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo, contactando coa Axente de Tempo:
Clara Dias Ponte, en ADR PRODER, Santa Clara 4º, 2º - 36 002, Pontevedra, no Tlf: 986 10.81.44/Fax: 986 10.80.09; Tlf. móbil 661.327.386, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CURSO DE GALEGO CELGA IV EN POIO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro martes día 23 de febreiro remata o prazo para inscribirse no curso de galego do nivel CELGA 4 que se vai celebrar no Centro de Formación a Reiboa-Poio.
O curso esta organizado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II Comarca de Pontevedra e o Concello de Poio e ten unha duración de 75 horas, distribuídas en horario de tarde-noite de luns a xoves, dando comezo con tempo suficiente para rematar antes da celebración das probas de nivel que a Xunta de Galicia vai realizar o 22 de maio e para as que hai que inscribirse antes do 25 de marzo.
A obtención do título de CELGA 4 permite sumar puntos nas diferentes convocatorias públicas de emprego, polo feito que se demostra coñecemento da lingua galega, tal e como se recolle na descrición de habilidades e de contidos adaptados ao Marco europeo común de referencia para as linguas:
A persoa que supere o CELGA 4 será capaz de comprender unha ampla variedade de textos orais e escritos extensos e cun alto nivel de dificultade. Poderá expresarse de forma bastante fluída e espontánea en distintos contextos comunicativos (persoal, público e académico), sen mostrar moita dificultade para encontrar as expresións máis axeitadas. ...
Os cursos son gratuítos, pois finánciaos a Secretaría Xeral de Política Lingüística- Xunta de Galicia e o número de prazas dispoñibles é de 20 por curso e o prazo de inscrición estará aberto ata as 12:00 horas do xa sinalado 23 de febreiro.
A inscrición pódese facer no Concello de Poio no teléfono 986 770 001 ou no correo electrónico desenvolvemento@concellodepoio.es, así como na sede da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra, no teléfono 986 108 144 ou no correo electrónico adrproderpontevedra@mundo-r.com.
Máis Información... |
 |
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
2as. SESIÓNS DIVUGALTIVAS DO BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR continúa coa estratexia de comunicación da posta en marcha do primeiro Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra (en diante BdT), de xeito que se afronte a organización do tempo dos/as cidadáns/ás con criterios de sostibilidade, en especial das mulleres en consonancia co TÍTULO VI da Lei 2/2007 do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia..
O longo deste mes de xaneiro levaranse a cabo Sesións Divulgativas do BdT nas Casas de Cultura do Concello de Marín; o calendario previsto das segundas serán os días: .
26 as 18:30 horas na Casa de Cultura de Mogor
27 as 19:30 horas na Casa de Cultura de Seixo
29 as 20:30 horas na Casa de Cultura de San Xulián.
Nos restantes concellos da Comarca de Pontevedra continuarase coas sesións informativas: .
28 as 19:00 horas no Casal de Ferreirós, no Concello de Poio. .
Estas sesións consistirán na exposición do funcionamento do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra a cargo das Axentes de Tempo do BdT (Herminia Dios Poceiro e Clara Dias Ponte). Tratarase, cómo facerse socio/a, que tipos de intercambios se poden ofrecer e demandar, actividades que se realizan e tamén contarán coa participación de socios e socias do BdT, para que conten en primeira persoa as súas experiencias e valoracións..
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas” , esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal, onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demais; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa a compartir un paseo, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mutua, fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza, solidariedade e axuda. .
Calquera persoa maior de idade do Concello de Marín pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (de balde) nas Secretarías do Banco de Tempo: .
Secretaría do Banco de Tempo, localizada no edificio do Concello de Marín, concretamente no ático, preguntando pola Axente de Tempo: Herminia Dios Poceiro, teléfono 986 88 03 00 ext. 20, teléfono móbil 607.692.621 e enderezo electrónico: bancodetempo@concellodemarin.es, e sitio web www.concellodemarin.es
Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra), contactando coa Axente de Tempo: Clara Dias Ponte, Tlf: 986 10.81.44, teléfono móbil 661.327.386 e enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org
Estas sesións están abertas a todos/as interesados/as en participar activamente e coñecer de primeira man o que significaría implicarse e participar no Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SESIÓNS DIVULGATIVAS DO BANCO DE TEMPO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR continúa coa estratexia de difusión do primeiro Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra (en diante BdT), de xeito que se afronte a organización do tempo dos/as cidadáns/ás con criterios de sostibilidade, en especial das mulleres en consonancia co TÍTULO VI da Lei 2/2007 do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia
.
O longo deste mes de Xaneiro levaranse a cabo Sesións Divulgativas do BdT :
• Concello de Barro: Martes 19 de Xaneiro as 20:00 horas na Biblioteca Pública de Barro.
• Concello de Pontevedra: Mércores 20 de Xaneiro as 20:00 horas no Pazo de Cultura de Pontevedra.
• Concello de Vilaboa: Xoves 21 de Xaneiro as 20:00 horas na Casa de Cultura de Riomaior.
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas” , esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal, onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demais; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa a compartir un paseo, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mutua, fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza, solidariedade e axuda.
Calquera persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscripción (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo , localizada no edificio da ADR na Rúa Santa Clara, 4, 2º, preguntando pola Axente de Tempo: Clara Dias Ponte ou no teléfono 986.10.81.44 e enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com. Tamén na Secretaría do Banco de Tempo do Concello de Marín preguntando por Herminia Dios Poceiro, teléfono 986 88 03 00 ext. 20, teléfono móvil 607.692.621 e enderezo electrónico: bancodetempo@concellodemarin.es.
Estas sesións están abertas o público en xeral que estean interesados/as en participar activamente e coñecer de primeira man o que significaría implicarse e participar no Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
VISITA GUIADA A EXPOSICIÓN “RECORDOS DE XOGUETE” DO GRUPO DOS/AS SOCIOS/AS DO BANCO DE TEMPO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
VISITA GUIADA A EXPOSICIÓN “RECORDOS DE XOGUETE” DO GRUPO DOS/AS SOCIOS/ASDO BANCO DE TEMPO (BdT) DA COMARCA DE PONTEVEDRA.
O mércores, 30 de decembro, as 19:00 horas o grupo de socios e socias do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra (BdT) participarán na Visita Guiada a exposición RECORDOS DE XOGUETE, localizada no sexto edificio do Museo de Pontevedra, concretamente na rúa Padre Amodeo.
Esta visita contará coas explicacións do persoal técnico/a do gabinete didáctico do museo para poder entender e comprender en todo momento o que se está observando.
Esta exposición lévase a cabo con pezas da Fundación Raquel Chaves - que conta cun fondo lúdico de máis de 12.000 referencias - para amosar parte dos seus xogos, xoguetes, a mais de materiais da infancia e a escola, cunha selección, onde os/as socios/as do BdT da Comarca de Pontevedra, poderán observar xogos e xoguetes das fábricas españolas máis emblemáticas e pioneiras do sector: Payá, Rico, Jyesa, Nic, Borrás, Claudio Reig, Famosa, Sauquillo, Jup, Eureka, La Mecánica Ibense, Seix y Barral, Exin, etc., sen que falten os populares e artesanais, e mesmo os procedentes doutros países, como Xapón, USA, Francia, Alemaña, Inglaterra, a antiga URSS, ou Portugal.
Esta actividade segue a formar parte das accións desenvolvidas desde a Secretaría do BdT, como estratexia de dinamización e cohesión para fortalecer o coñecemento e confianza entre os/as socios/as do Banco de Tempo.
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas”, esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal,onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demais; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa a compartir un paseo, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mutua, fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza, solidariedade e axuda.
Calquera persoa maior de idade pode participar sendo socio/a do BdT, tan só debe inscribirse, de balde, na:
Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra), contactando coa Axente de Tempo: Clara Dias Ponte, Tlf: 986 10.81.44, teléfono móvil 661.327.386 e enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org
Concello de Marín na Secretaría do Banco de Tempo, localizada no edificio do Concello de Marín, concretamente no ático, preguntando pola Axente de Tempo: Herminia Dios Poceiro, teléfono 986 88 03 00 ext. 20, teléfono móvil 607.692.621 e enderezo electrónico: bancodetempo@concellodemarin.es, e sitio web www.concellodemarin.es
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
MERENDA-CEA DE NADAL DOS SOCIOS DO BANCO DE TEMPO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro día 16 de Decembro celebrarase a 8ª sesión de grupo dos socios do BdT, festexando unha merenda-cea de Nadal en horario de 18:00 a 22:00 na Granxa de Briz, no Concello de Marín.
A Merenda consistirá nunca reunión na que entre todos os asistentes elaboraremos o menú a compartir, os socios do Banco poden convidar a familia e amigos para compartir este festexo entre todos, e posteriormente disfrutaremos dun tempo de celebración e ocio realizando actividades propias de Nadal como cantar panxoliñas.
Realizaranse como sempre unha dinámica conxunta de coñecemento de todos os participantes que fomente a confianza, o traballo en grupo e a axuda mutua, esta actividade será de tipo lúdico dadas as características festivas deste encontro.
Os obxectivos desta sesión son:
Favorecer a comunicación entre os/as membros do grupo. Fomentar a cohesión intragrupal. Profundizar no coñecemento persoal. Compartir un momento de lecer conxunto.
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas” , esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal, onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demais; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa a compartir un paseo, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mutua, fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza, solidariedade e axuda.
Entre os servizos que xa se están ofertando e demandando os/as socios/as do Banco de Tempo temos os seguintes:
Actividades de ocio e tempo libre. Conversar con persoas, ensinar a leer e escribir a persoas maiores, nenos/as, inmigrantes...etc Xestións administrativas Acompañamento a persoas maiores e nenos/as Informática para iniciarse, ofimática, deseño de blog Transporte en vehículo propio.
Calquera persoa maior de idade pode participar previa inscrición (gratuíta) dirixíndose: Concello de Marín, Avda de Ourense s/n, concretamente no ático, preguntando pola Axente de Tempo: Herminia Dios Poceiro, teléfono 986 88 03 00 ext. 20, teléfono móvil 607.692.621 e enderezo electrónico: bancodetempo@concellodemarin.es
a Secretaría Técnica, preguntando pola Axente de Tempo: Clara Dias Ponte, localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra, Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
OBRADOIROS DE FOGAR SOSTIBLE EN BARRO, POIO, PONTECALDELAS E VILABOA
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Hoxe xoves 10 de decembro de 2009, ás 19:30 horas na Casa de Cultura do Concello de Ponte Caldelas realizarase un OBRADOIRO DE FOGAR SOSTIBLE, dentro compromiso cara á sostibilidade dos Concellos do Núcleo de Sostibilidade. Tamén celebraranse o longo do mes nas seguintes datas e lugares
Concello de Barro venres 11 as 19:00 horas na Biblioteca
Concello de Vilaboa mércores 16 as 19:30 na Casa de Cultura de Riomaior
Concello de Poio , xoves 17 as 11:30 horas e as 18:30 horas na Casa Rosada
Nestes obradoiros falarase sobre como aforrar enerxía no fogar, como consumir dun xeito máis sostible e como xestionar os residuos entre outras cousas. Tamén faremos unha actividade sobre o consumo eléctrico e un obradoiro de elaboración de saquiños ambientadores contra insectos. Os asistentes inscritos entregaráselle un pack doméstico sustentable .
Estas actividades de sensibilización financiase polo Núcleo de Sostibilidade Integrada (NSI) da Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR).
Máis información:
Núcleo de Sostibilidade, ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra
Teléfono 986.108.144
Fax 986 108009
Mail: nsi.pontevedra@mundo-r.com
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O PRIMEIRO MAGOSTO DOS/AS SOCIOS/AS DO BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Celebrouse no día de onte na Granxa de Briz, localizada no Concello de Marín, ademáis celebrouse a 7ª SESIÓN DE GRUPO do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra.
Neste participaron 23 socios e socias que comezaron coa sesión de grupo; na cal, a través de diversas dinámicas, fixeron unha presentación dos/as presentes, tendo como obxectivos: favorecer a comunicación entre os/as membros do grupo, fomentar a cohesión intragrupal e profundizar no coñecemento persoal.
Nesta sesión tratáronse varios contidos en relación as actividades de dinamización do grupo de socios e socias, e propúxose celebrar en vindeiras datas a merenda-cea do Banco de Tempo, para a cal os/as membros adquiriron o compromiso de aportar pratos de comida, para confeccionar “un menú”, de xeito conxunto para despois compartilo entre todos e todas os asistentes a esta celebración.
Unha vez finalizada a sesión levouse a cabo o asado das castañas e posterior degustación destas, acompañadas de biscoito e bebidas. Unha vez rematado o magosto procedeuse a recollida dos refugallos, como xeito de sensibilizar ás persoas participantes da importancia de manter limpo o entorno.
Esta actividade de dinamización e coñecemento foi organizada e coordinada polas Axentes de Tempo do Concello de Marín e da Asociación de Desenvolvemente Rural Proder II –Comarca de Pontevedra (en diante) ADR.
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas” , esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal, onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demais; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa a compartir un paseo, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mutua, fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza, solidariedade e axuda.
Calquera persoa maior de idade pode participar previa inscrición (gratuíta) dirixíndose:
ao Concello de Marín, Avda de Ourense s/n, concretamente no ático, preguntando pola Axente de Tempo: Herminia Dios Poceiro, teléfono 986 88 03 00 ext. 20, teléfono móvil 607.692.621 e enderezo electrónico: bancodetempo@concellodemarin.es
a Secretaría Técnica, preguntando pola Axente de Tempo: Clara Dias Ponte, localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra, Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DESEMPREGADOS POLA A. D. R. PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ACTA PUNTUACIÓN FINAL DOS CANDIDATOS PRESELECCIONADOS PARA O POSTO DE AXENTE DO TEMPO 2009/2010
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SESIÓN DE GRUPO DO BANCO DO TEMPO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Onte día 28 de outubro celebrouse a 6ª SESIÓN DE GRUPO e posterior VISITA GUIADA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN ARQUEOLÓXICA DA CAEIRA por parte dos/as socios/as do BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA.
A sesión grupal deu comezo ás 17:00 horas, cunha dinámica de presentación co obxectivo de favorecer a comunicación entre os/as membros do grupo e afondar no coñecemento persoal.
Tamén se debateron diversas propostas de actividades para continuar coa dinamización do grupo de socios e socias do BdT; en concreto propúsoxe levar a cabo “O magosto do BdT”, o cal estase a planificar e coordinar desde a Secretaría Xeral do BdT, xunto cos/as socios/as para poder celebralo o 13 de novembro.
Unha vez finalizada a sesión grupal procedeuse á Visita Guiada ao Centro de Interpretación Arqueolóxica da Caeira, contando coas explicacións da Técnica de Turismo do Concello de Poio, Patricia Miralles e posteriormente desprazáronse a área arqueolóxica para contemplar as dúas estacións: a Laxe das Lebres, con motivos de fauna e a Pedra de Montecelo, con motivos xeométricos.
A valoración dos/as socios/as do BdT e da Secretaría deste é moi positiva tanto polas explicacións da técnica de turismo como polo percorrido realizado podendo contemplar as mostras de arte rupestre, sobre todo cando varios/as membros do grupo manifestaron
“a súa sorpresa de atopar tantos petroglifos e tan ben conservados e que sería unha pena que non se conservasen porque son parte na nosa cultura e historia”.
Estas actividades seguen a formar parte das accións desenvolvidas desde a Secretaría do BdT, como estratexia de dinamización e cohesión para fortalecer o coñecemento e confianza entre os/as socios/as do Banco de Tempo.
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas”, esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal, onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cos demais; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa a compartir un paseo, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mutua, fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza, solidariedade e axuda.
Calquera persoa pode participar sendo socio/a do BdT, tan só debe inscribirse, de balde, na Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra), contactando coa Axente de Tempo no Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
VISITA GUIADA DO GRUPO DOS/AS SOCIOS/AS DO BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
VISITA GUIADA DO GRUPO DOS/AS SOCIOS/AS DO BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN ARQUEOLÓXICA DE A CAEIRA.
A ADR continúa coa estratexia de dinamización e cohesión dos/as socios/as do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, a través da celebración da 6ª SESIÓN DE GRUPO e posterior VISITA GUIADA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN ARQUEOLÓXICA DE A CAEIRA o día 28 de outubro as 17:00 horas.
Esta sesión comezará no Casal de Ferreirós do Concello de Poio, cunha sesión de grupo con todos/as socios/as do BdT cos obxectivos de:
- Favorecer a comunicación entre os/as membros do grupo
- Fomentar a cohesión intragrupal
- Profundizar no coñecemento persoal
E unha vez finalizada a sesión grupal procederase a Visita Guiada ao Centro de Interpretación Arqueolóxica de A Caeira para poder contemplar o conxunto de arte rupestre prehistórica integrado por máis de vinte petroglifos ou gravados rupestres feitos sobre a pedra.
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas”, esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal, onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demáis; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa a compartir un paseo, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mútua, fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza, solidariedade e axuda.
Calquera persoa pode participar sendo socio/a do BdT, tan só debe inscribirse, de balde, na Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra), no Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
INVESTIMENTOS EN ENERXÍAS RENOVABLES EN BARRO, POIO, PONTE CALDELAS E VILABOA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Os concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa do Núcleo de Sostibilidade Comarca de Pontevedra, realizaron o longo deste ano as auditorías enerxéticas das dependencias municipais, o alumeado público e as instalacións deportivas e como recomendación das mesmas e cara a acadar o aforro e a eficiencia enerxética, van a levar a cabo investimentos por valor de case 40.000 € en enerxías renovables.
A execución destes investimentos suporá un aforro enerxético equivalente á reducción de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) á atmosfera por un total de 10,37 toneladas de CO2-equivalentes. Equivalente a uns 735 árbores e a uns 13.270 m2 de superficie de terreo equivalentes que poderían absorber dita cantidade de CO2.
Os investimentos en enerxías renovables consistiran en realizar instalacións de enerxía solar térmica para xeración de auga quente nas instalacións deportivas. En concreto no Concello de Barro no Campo de fútbol de Barro, no Concello de Poio no Pavillón de Lourido, no Concello de Ponte Caldelas no Campo de fútbol Chan da Barcia e por último no Concello de Vilaboa no Pavillón de Riomaior.
Máis información:
Núcleo de Sostibilidade, ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra
Teléfono 986.108.144
Fax 986 .108.009
Mail: nsi.pontevedra@mundo-r.com
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CHARLAS SOBRE A AUGA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CHARLA OBRADOIRO sobre depuración e potabilización.
Local Social da AAVV “O Pereiro” de Poio / 9 de outubro- 19:00 h
¿Como depuramos a auga?
Contámoste como sobrevive a auga despois de usala (potabilización e depuración).
Bota un grolo, ¿como facemos a auga potable?
Diante dos teus ollos depuramos e potabilizamos unha mostra de auga previamente contaminada
CHARLA SOBRE OS RÍOS DE POIO, os novos retos
Coñece o traballo realizado este verán cas limpezas do ríos.
Local Social da AAVV “O Pereiro” de Poio 9 de outubro- 20:30 h
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
FORO DE SOSTIBILIDADE: A AUGA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
EXPOSICIÓN
Un mundo de auga: a auga e a vida na terra, moita auga nun planeta azul……
Biblioteca de Barro do 6 ó 13 de outubro
CHARLA OBRADOIRO
¿Como depuramos a auga?
Bota un grolo, ¿como facemos a auga potable?
Biblioteca de Barro 8 de outubro- 20:00 h
Confirma a túa asistencia
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PRESENTACIÓN PLAN ACCIÓN AXENDA 21 COMARCAL |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Os Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa, e o Núcleo de Sostibilidade da Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra levarán a cabo a presentación do Plan de Acción da Axenda 21 Comarca de Pontevedra o vindeiro xoves 1 de outubro.
O acto, que se celebrara nunha viaxe en barco pola Ría de Pontevedra conta co seguinte programa:
18:00h Saída do peirao de Combarro no Concello de Poio
18:00-18:15h Visita guiada pola Ría
18:15-19:15h Presentación do Plan de Acción
19:15-20:00h Participación e análise dos asistentes
20:00h Chegada o peirao de Combarro no Concello de Poio
20:00-20:30h Viño galego no restaurante Peirao do Rial en Combarro
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O BANCO DE TEMPO VISITA EXPOSICIÓNS DO MUSEO DE PONTEVEDRA.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O xoves, 13 de agosto, un grupo de socios e socias do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra (BdT) asistiron a Visita Guiada A EXPOSICIÓN DE CIDADES EN GUERRA 1.808-1.814, PONTEVEDRA NA GUERRA DA INDEPENDENCIA, localizada no sexto edificio do Museo da cidade de Pontevedra, concretamente na rúa Padre Amoedo.
A valoración dos/as participantes foi moi positiva xa que “descubriron a importancia da cidade de Pontevedra na Guerra de Independencia e o que supuxo a mesma na cidade”, tamén chamou a atención dos/as presentes diversos manuscritos expostos, dagas, os debuxos de Goya pola súa crudeza e realidade sobre a guerra e un “maletín” con utensilios empregados para atender aos feridos, o cal exemplificaba o rudimentario e falla de medios de asistencia médica na época”.
O venres, 14 de agosto, un grupo de socios e socias do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra (BdT) asistiron a Visita Guiada ao Museo de Pontevedra, localizado na rúa da Pasantería. Os/as asistentes manifestaron quedar encantados/as de poder coñecer máis en profundidade as diversas saas e coleccións expostas no Museo, sobre todo pola colección de orfebrería, plata, debuxos de Castelao, cerámica de Sargadelos e a saa naval coas diversas recreacións históricas e explicacións do persoal técnico do museo.
Estas actividades seguen a formar parte das accións desenvolvidas desde a Secretaría do BdT, como estratexia de dinamización e cohesión para fortalecer o coñecemento e confianza entre os/as socios/as do Banco de Tempo. A valoración da Secretaría do BdT é moi positiva xa que estas actividades tamén contríbuen ao coñecemento da cidade de Pontevedra, xa que “a maioría vivimos nela pero non sabemos o temos”; sendo un xeito de poñer en valor o tempo que temos e o que podemos facer con él en grupo”.
A Secretaría do BdT de Tempo quere agradecer publicamente o trato e xentileza dispensados aos/as socios/as no transcurso das visitas por parte do Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra, e as dúas guías que levaron a cabo as explicacións.
Calquera persoa interesada no BdT pode contactar coa Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra), concretamente coa Axente de Tempo: Herminia Dios Poceiro no Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
5ª SESIÓN DE GRUPO DO BANCO DE TEMPO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
No día de onte, 29 de xullo, as 20:00 horas varios socios e socias do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra (BdT) realizaron a excursión pola Illa das Esculturas, localizada na Xunqueira, sendo ésta a 5ª sesión de grupo.
No transcurso do devandito paseo fóronse vendo algunhas das esculturas instaladas neste enclave e comentando aspectos artísticos das mesmas, sendo unha forma de continuar coa extratexia de dinamización e cohesión, fortalecendo o coñecemento e confianza mútua entre os/as socios/as do Banco de Tempo.
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas”, esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal, onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demáis; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa a compartir un paseo, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mútua, fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza, soliariedade e axuda.
Calquera persoa pode participar sendo socio/a do BdT, tan só debe inscribirse, de balde, na Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra), contactando coa Axente de Tempo: Herminia Dios Poceiro no Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Entrevista a Axente de Tempo en Radio Estrada FM 107.7 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR continúa coa estratexia de difusión e comunicación do funcionamento do primeiro Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, no día de onte, martes 28 de xullo, entrevistaron en directo a Axente de Tempo en Radio Estrada FM 107.7, pódese escoitar a entrevista accedendo ao seguinte enlace web:
http://aestrada.com/___concello/Radioestrada/podcast/02-Galeria_de_Veran/Galeria_de_Veran.xml
Para máis información poñerse en contacto coa Axente de Tempo, Herminia Dios Poceiro no Telf. 986 10 81 44 ou enviar un correo electrónico o enderezo: bancodetempo@mundo-r.com
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
NOVA SAÍDA EN GRUPO DOS/AS SOCIOS/AS DO BDT DA COMARCA DE PONTEVEDRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
NOVA SAÍDA EN GRUPO DOS/AS SOCIOS/AS DO BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA A ILLA DAS ESCULTURAS.
A ADR continúa coa estratexia de dinamización e cohesión dos/as socios/as do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, a través da celebración da 5ª SESIÓN DE GRUPO o día 29 de Xullo as 20:00 horas.
Por mor da choiva do martes pasado, o grupo de socios e socias do BdT que se congregaran para visitar a Illa das Esculturas decidiron voltar o próximo mércores 29 de xullo, para poder disfrutar deste entorno da cidade de Pontevedra e seguir fortalecendo as relacións de coñecemento e confianza mútua entre eles/as. . Partirá, como a sesión anterior, as 20:00 horas desde a Ponte dos Tirantes.
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas, esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal,onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demáis; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mútua fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza soliariedade e axuda.
Calquer persoa que esté interesa pode participar nesta saída en grupo; e para ser socio/a do BdT, tan só debe inscribirse, de balde, na Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra), contactando coa Axente de Tempo: Herminia Dios Poceiro no Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Campamento Gratuito |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Campamento Gratuito
no Centro ao Aire Libre de Taboada
O Núcleo de Sostibilidade da ADR, organiza xunto cos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa, un campamento medioamiental en Taboada. Realizaránse actividades náuticas, xogos de grupo, talleres, excursións etc.
DATAS: 17-21 Agosto OU BEN 24-28 de Agosto
IDADES: 8 a 14 anos
EXISTE UNHA FOLLA DE INSCRICIÓN, PROGRAMACIÓN DETALLADA, HORARIOS DAS ACTIVIDADES, FICHA MÉDICA, MATERIAL QUE HAI QUE LEVAR E INFORMACIÓN DO CENTRO A DISPOSICIÓN DOS INTERESADOS
Contacto e máis información:
*Axentes de Desenvolvemento Local dos Concellos de Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.
*Concello de Barro
*Núcleo de Sostibilidade, Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra
Saleta González 986.108.144 nsi.pontevedra@mundo-r.com
*Centros al Aire Libre
Luisa Tajes 671.445.797 luisatajes@hotmail.com.
Subvenciona: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
AUDITORÍAS ENERXÉTICAS EN BARRO, POIO, PONTECALDELAS E VILABOA
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
AUDITORÍAS ENERXÉTICAS EN BARRO, POIO, PONTECALDELAS E VILABOA
Os concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa, están levando a cabo auditorías enerxéticas nas dependencias municipais, no alumeado público e nas instalacións deportivas. Estas auditorías enmárcanse no proxecto deste ano 2009 denominado Núcleo Enerxético - Núcleo de Sostibilidade, da Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra cuxo obxectivo é integrar o aforro e a eficiencia enerxética de modo transversal no territorio, promocionando o uso de enerxías renovables, tanto con actuacións municipais como para a poboación en xeral. No marco deste proxecto tamén realízanse diagnósticos enerxéticos nos centros de ensino, cursos de conducción eficiente, formación, difusión e asesoramento cidadán en temas de enerxías renovables. Este proxecto foi destacado na IV ASAMBLEA DE CIUDADES RED ESPAÑOLA DE CIUDADES POR EL CLIMA, publicándose no libro España Solar 09 da Red Española de Ciudades por el Clima.
Máis información:
Núcleo de Sostibilidade, ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra
Teléfono 986.108.144
Fax 986 108009
Mail: nsi.pontevedra@mundo-r.com
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
“O BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA XA CONTA CON 55 SOCIOS E SOCIAS" |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra xa conta con máis de 50 socios e socias con idades comprendidas desde os 23 aos 69 anos, levando a cabo 36 intercambios e 61 horas desde o mes de marzo. Os intercambios que máis destacan, por exemplo nas actividades de ocio e lecer son: o paseo en barco de vela, baile latino, camiñar pola praia, compartir o cine, o teatro, concertos, fotografía, ganchillo e pintar a pincel e carboncillo; nos idiomas, os intercambios que se están levando a cabo son de conversar en galego, en inglés, catalán, ensinar árabe; nas actividades de acompañamento de persoas maiores e nenos os servizos máis realizados son os de facerlle compañía a persoas maiores, e tamén levar e recoller a nenos do colexio; en relación as actividades referidas a axuda no fogar os máis intercambiado son as tareas domésticas do tipo limpeza de vidros, de armarios, costura básica, facer o xantar; no tocante as actividades relacionadas coa informática os intercambios mais realizados son de asesoramento en programas informáticos, configuración dos ordenadores, deseño de blog, e ensinar a navegar pola rede .
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas, esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal, onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demáis ; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mútua fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza soliariedade e axuda.
O funcionamento do BdT é moi sinxelo, a persoa interesada tan só ten que indicar o que pode ofrecer e o que lle interesa pedir ou compartir, esta información recóllese nun boletín de servizos que se difunde entre todos/as os/as socios/as.
Por exemplo unha persoa que ten un velero ofrece navegar e a cambio solicita alguén para conversar en galego; unha vez realizado o intercambio, o tempo invertido recóllese nun talonario do que dispoñen todos/as socios/as para tal fin, e de xeito periódico esta información remítese a Secretaría do Banco de Tempo para poder ir actualizando a conta de tempo de cada socio/a.
Como xeito de favorecer a comunicación entre os/as membros do grupo, fomentar a cohesión grupal e profundizar no coñecemento persoal, mensualmente lévanse a cabo sesións de grupo nas cales a través de dinámicas de grupo, se motiva e facilita a comunicación interpersoal posibilitando que as persoas participantes manifesten a súas opinións e inquedanzas.
A valoración, desde a Secretaría Xeral do Banco de Tempo destes 6 meses de funcionamento é moi positiva xa que se va acadando os obxectivos previamente formulados no proxecto, pero cómpre sinalar, sobre todo, as relacións e dinámicas de coñecemento e de compartir experiencias que se están dando entre os socios e socias; están sendo “protagonistas dun proxecto de experiencias gratificantes onde a comunicación interpersonal posibilita que sexamos un pouco máis tolerantes e solidarios cós nosos conxéneres”.
Os socios e socias tamén manifestan deixan constancia da súa valoración persoal sendo moi satisfactoria e “enriquecedora” por formar parte desta iniciativa; a cal lle estaba facilitando coñecer, relacionarse e axudar a diferentes persoas e tamén recibir “cousas que eu pensaba que non necesitaba pero que en realidade todos/as necesitamos da axuda dos/as demais”.
No BdT da Comarca de Pontevedra calquer persoa maior de idade pode participar, previa inscrición de valde na Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra, Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org.
“Todo o mundo ten algo que ofrecer”
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
EXCURSIÓN dos/as Socios/as do BANCO DE TEMPO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SAÍDA EN GRUPO DOS/AS SOCIOS/AS DO BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA A ILLA DAS ESCULTURAS.
A ADR continúa coa estratexia de dinamización e cohesión dos/as socios/as do Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, a través da celebración da 4ª SESIÓN DE GRUPO o día 21 de Xullo as 20:00 horas. Esta sesión consistirá en levar a cabo un percorrido pola Illa das Esculturas, localizada na xunqueira, partindo as 20:00 horas desde a Ponte dos Tirantes. Os obxectivos desta sesión son:
- Favorecer a comunicación entre os membros do grupo
- Fomentar a cohesión intragrupal
- Profundizar no coñecemento persoal
O Banco de Tempo consiste en “poñer en valor o tempo das persoas e o que son capaces de facer xuntas, esta rede social é un xeito de evitar o illamento persoal,onde todas as persoas teñen algo que ofrecer como coñecementos e experiencias que se poden compartir cós demáis; ten o mesmo valor intercambiar xestións administrativas que acompañar a unha persoa, xa que a medida de valor é o tempo non o servizo intercambiado; este espazo de encontro e axuda mútua fortalece as relacións e comunicación entre as persoas dun xeito recíproco dándose valores de empatía, confianza soliariedade e axuda.
Calquer persoa que esté interesa pode participar nesta saída en grupo; e para ser socio/a do BdT, tan só debe inscribirse, de balde, na Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra), contactando coa Axente de Tempo: Herminia Dios Poceiro no Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CURSOS DE CONDUCIÓN EFICIENTE
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A condución eficiente consiste en aplicar unha serie de técnicas para reducir o consumo de combustible e a contaminación medioambiental e ademais, conseguir aumentar a seguridade vial e o confort a bordo.
O curso levarase a cabo nun percorrido urbano que conte coa maior parte dos elementos representativos da circulación na cidade (cruzamentos, semáforos, prazas, rotondas, vías de dobre sentido, pendentes en subida e en baixada, etc.) e nas que a aplicación dunha ou outra técnica achegan diferenzas en consumo.
Os horarios son de 10:00-12:00h, 12:00-14:00h e de 16:00-18:00h, 18:00-20:00h, e as datas:
Concello de Poio 1, 2 xullo. Saída dende o Centro de formación A Reiboa A Seca Poio (onde estan as naves da escola taller, pavillón etc.)
Concello de Ponte Caldelas 3, 6 xullo Saída dende a Casa de Cultura de Ponte Caldelas.
Concello de Vilaboa 7,8 xullo saída dende a Casa de Cultura de Riomaior
Concello de Barro 9,10 xullo (pendente de confirmar o lugar de saída)
É necesario inscribirse previamente e traer unha fotocopia do carné de conducir o día do curso:
Núcleo de Sostibilidade, ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra
Teléfono 986.108.144
Fax 986 108009
Mail: nsi.pontevedra@mundo-r.com
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
INAUGURACIÓN DO PROXECTO RECUPERACIÓN DE HIPÓDROMO E ENTORNOS SINGULARES |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O presidente da Comunidade de Montes de Campañó, Manuel Lareu Coego, e o Presidente do Proder II e Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, invítanlle á inauguración do Hipódromo de Campañó, o vindeiro domingo, día 21 de xuño, ás 12 horas, no propio hipódromo.
O acto consistirá nos discursos dos presidentes da Comunidade de Montes e o Presidente da ADR PRODER II Comarca de Pontevedra, así como o descobremento da placa conmemorativa da inauguración. Posteriormente, servirase un viño galego por invitación da Comunidade de Montes.
O longo de todo o programa PRODER II Comarca de Pontevedra tramitáronse 115 expedientes dos que finalmente 69 recibiron a axuda do programa. Os fondos xestionados polo programa ascenden a 10.019.001,02 € dos que 6.094.611,44 € son fondos públicos, polo que o investimento privado inducido ascende a 3.924.389,58 €. Creáronse 84,875 postos de traballo e consolidáronse 31,30. Ademais, dentro do labor de dinamización social do territorio fixéronse 13 xornadas de difusión, 92 reunións de Mesas Sectoriais da ADR e a páxina web recibiu, a día de hoxe, 30.200 visitas.
Con respecto a esta iniciativa da Comunidade de Montes de Campañó o obxectivo xeral do proxecto foi a recuperación do hipódromo na zona de Abilleira - Moldes (Campañó), coa dotación dunha pista rápida de galope, salto, gradas, rodeo e o peche perimetral do entorno. Tamén se mellorou o entorno natural da zona a través de traballos silvícolas sobre as masas de frondosas e coníferas existentes neste espacio.
O proxecto dota á Comarca de Pontevedra dunhas instalacións ecuestres, que son as primeiras da zona e tamén permiten crear unha zona de recreo para a poboación.
Subliñara a construción dunha pista rápida de galope de 515 metros de lonxitude, dunha zona de salto de 2.682,93 metros cadrados e dunha zona de rodeo de 480,25 metros cadrados.
A xestión das instalacións correran a cargo dun Órgano Directivo composto pola Comunidade de Montes de Campañó, pola Asociación Cabalar e por membros da Federación Galega de Hípica co obxecto de ter unha xestión das instalación o máis eficiente posible e posibilitando a entrada no circuíto de eventos hípicos das mesmas, así como unhas normas claras de uso para todos os/as amantes das hípica que as queiran gozar.
Orzamento aceptado: 309.637,66 €
Porcentaxe de axuda: 76,13%
Importe axuda concedida: 235.727,15 €.
FEOGA: 156.245,13 €.
Central: 41.393,69€.
Autonómica: 27.620,95 €.
Local: 10.467,38€.
Carácter non produtivo
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
XUNTA DIRECTIVA DA ADR E INAUGURACIÓN DA ÁREA ARQUEOLÓXICA DE A CAEIRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro xoves ás 19:30 horas terá lugar no Casal de Ferreiros a Xunta Directiva da ADR, seguida as 20:00 horas do acto de inauguración da Área Arqueolóxica da Caeira, sita na rúa Illa de Arousa en Boa Vista, e, ó Centro de Interpretación Arqueolóxica, sita na Avda. Andurique á veira do Casal de Ferreirós.
O obxectivo son as actuacións forestais, deseño paisaxístico, adecuación e deseño de sendeiros interiores, exclusivamente peóns, que fagan accesibles as diferentes pedras para a creación dunha Área Arqueolóxica encol dun núcleo de petroglifos de A Caeira que engloba as pedras de maior valor como é a Pedra das Lebres.
Resultan de especial mención a colaboración no deseño técnico da Área Arqueolóxica da Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e o Museo de Pontevedra.
O proxecto centrarase tanto na área forestal na que se atopan as pedras como na construción do centro de interpretación que alberga o material expositivo e introductorio ao que o visitante vai atopar na zona forestal. Este edificio situase ó lado do Casal de Ferreirós, edificio do concello de Poio situado na estrada Pontevedra - Sanxenxo que na actualidade fai as funcións de Oficina de Información Turística Municipal e Centro Cultural, completándose con este novo Centro ámbalas dúas funcións.
O Centro de Interpretación xurde baixo unha idea xeral dunha instalación cunha grande identidade conceptual e plástica pero o mesmo tempo flexible dos Petroglifos, ademais de lograr a adecuación medio ambiental da área arqueolóxica existente en Boa Vista (A Caeira) para facer a visita a mesma o máis completa posible e, o mesmo tempo, favorecer as actividades de conservación e investigación no terreo da arqueoloxía.
A proposta do Centro de Interpretación establece un patio xardín de peche lixeiro e acceso controlado, que envolve a caixa de exposicións e conecta a través dun espazo galería co Casal de Ferreiros. Mediante serigrafías sobre o peche durante o día e a propia iluminación do xardín durante a noite conséguese a manifestación dos contidos exteriores.
O centro esta nun so nivel na mesma cota da planta baixa do Casal, de xeito que se clava no terreo xerando encol del o espazo axardinado que resolve o acordo coas cotas contiguas. A cuberta úsase como terraza ou xardín elevado.
O Proxecto Expositivo para Centro de Interpretación de Área Arqueolóxica de A Caeira
dende a estratexia de organización e lectura de contidos, opera en dous planos, un máis descritivo que recolle aquilo que forma o corpo histórico e outro máis centrado na
evocación.
Por último, os obxectivos sobre as actuacións medio ambientais son os que a continuación se enumeran:
a. Reestruturación do medio natural o estado máis similar posible o que presumiblemente estaba no período no que se gravaron os petroglifos.
b. Facilitar a observación dos petroglifos e a aprehensión do seu significado.
c. Facilitar a visita e permanencia na área.
d. Permitir a mellor conservación dos petroglifos e as labores de investigación sobre os mesmos.
Estas instalacións serán de uso público tendo o Concello de Poio e contan cunha Técnico de Turismo para facer a visita guiada e recibir toda a información sobre o xacemento.
Orzamento aceptado: 563.009,46 €
Porcentaxe de axuda: 76,98%
Importe axuda concedida: 454.932,36 €.
FEOGA: 293.065,31 €.
Central: 79.840,63€.
Autonómica: 60.278,54 €.
Local: 21.747,88€.
Carácter non produtivo
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SESIÓN DE GRUPO DE SOCIOS/AS DO BANCO DE TEMPO DA COMARCA
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SESIÓN DE GRUPOS DOS/AS SOCIOS/AS DO BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA
A ADR continúa coa estratexia de dinamización é cohesión dos/as socios/as do primeiro Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, a través da a través da celebración da 4ª SESIÓN DE GRUPO o día 18 de xuño as 18 horas, no seminario 7 do Pazo de Cultural e Exposicións do Concello de Pontevedra .
Entre os servizos que xa se están ofertando e demandando os/as socios/as do Banco de Tempo temos os seguintes:
- Conversar coas persoas, ensinar a leer e escribir a persoas maiores, nenos/as, inmigrantes...etc
- Aprender costura básica
- Axuda coas tarefas domésticas
- Xestións administrativas
- Acompañamento a persoas maiores e nenos/as
- Conversar en galego, castelán, inglés, francés, catalán, ensinar árabe
- Terapias alternativas como Reiki e Flores de Bach, Ioga, Taichí
- Actividades de ocio e lecer : paseo en barco de vela, camiñar pola praia, compartir o cine, o teatro, concertos, fotografía, ganchillo, manualidades (calceta, encaixe de bolillos, abalarios, facer nós mariñeiros)
- Bricolaxe en xeral
- Coidados e educación sanitaria
- Cociña típica de Marrocos, de Togo, de Ghana, cociña fácil e repostería, cociña vexetariana
- Informática para iniciarse, ofimática, deseño de blog
- Transporte en vehículo propio
A día de hoxeo Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra xa conta 47 socios e socias dos Concellos de Barro, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa; sendo galegos/as, de Marrocos, de Ghana, de Cataluña, de Holanda, do Brasil, da Arxentina...etc, ofrecendo deste xeito unha mistura intercultural, de coñecementos, de habilidades e interxeneracional
Para calquera consulta ou información poñerse en contacto coa Axente de Tempo, Herminia Dios Poceiro no Telf. 986 10 81 44 ou enviar un correo electrónico o enderezo: bancodetempo@mundo-r.com
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE:
COMO PODO AFORRAR ENERXÍA “EU” NA MIÑA ESCOLA?.
O venres 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente, repartirase os alumnos dos centros de ensino de Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa un díptico informativo sobre a enerxía, titulado Como podo aforrar enerxía “eu” na miña escola?. Este díptico forma parte do proxecto Núcleo Enerxético deste ano 2009 do Núcleo de Sostibilidade (en adiante NSI) da Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra. No marco deste proxecto “Núcleo Enerxético”, estanse a realizar: diagnósticos enerxéticos nos centros de ensino do NSI, auditorías enerxéticas nas instalacións municipais, cursos de formación en aforro e eficiencia enerxética os técnicos municipais e de conducción eficiente, a través dá Fundación Faimevi.
No Concello de Poio, o Alcalde, D. Luciano Sobral fará entrega dos dípticos os rapaces no CEIP de Lourido as 12:00h.
No Concello de Vilaboa, o Concelleiro de Cultura, D. Cesar González fará entrega dos dípticos os rapaces no CEP de Riomaior as 11:00h.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
FORO DE SOSTIBILIDADE
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
FORO DE SOSTIBILIDADE
ENERXÍAS E CAMBIO CLIMÁTICO
O foro de sostibilidade: Enerxías e Cambio Climático consiste en informar, sensibilizar e chamar a atención sobre o impacto do Cambio Climático no medio ambiente, na sociedade e no sector económico. As ferramentas que utilizamos neste foro son:
-Exposición-Cambio Climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción Casa da Cultura de Riomaior. Vilaboa 1-5 xuño-----16h-22h
-Cineforum: *Proxección do documental "Manual de uso para unha nave espacial" (Subvencionada polo Ministerio de Medio Ambiente) achégovos o link:http://videos.infocampus.es/story.php?title=trailer-del-documental-manual-de-uso-para-una-nave-espacial
*Charla-coloquio: Francisco Díaz-Fierros Viqueira , da Universidade de Santiago.Casa da cultura de Riomaior Vilaboa 4 de xuño as 20h
Para máis información achégase o cartel do foro.
Máis Información... |
 |
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Obradoiros de Biodiversidade: BÓTATE O RÍO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Estas actividades de Educación Ambiental enmárcanse dentro do Proxecto de Desenvolvemento sostible dos ecosistemas fluviais, promovido polo Núcleo de Sostibilidade Integrada (en diante NSI) da Asociación de Desenvolvemento Rural - Proder II - Comarca de Pontevedra. O NSI confórmanno os Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.
As actividades a realizar están compostas de dúas partes:
-Parte teórica: a desenvolver cos centros de ensino dos concellos do NSI, coas seguintes datas 28 de abril no CEIP Isidora Riestra de Poio, o 29 de abril na Casa de Cultura do Concello de Ponte Caldelas, o 30 de abril na Casa de Cultura de Ríomaior en Vilaboa e o 8 de maio no IES de Barro.
-Parte práctica: obradoiros a desenvolver nas seguintes datas e lugares; Concello de Vilaboa o 9 de Maio no Rego do Ríomaior, Concello de Poio o 9 e 30 de maio na Ruta dos Muíños da Freixa, Concello de Barro o 16 de maio no rego da Barosa e no Concello de Ponte Caldelas o 23 de maio no rego de San Vicente e río Verdugo en Taboadelo.
Este proxecto de Educativo quere acadar entre os participantes unha maior sensibilización sobre o funcionamento e a problemática dos nosos ríos, non so como espectadores, senón dando valor a participación e a reflexión xunto coa capacitación para a acción na resolución dos problemas ambientais destes tan valiosos como fráxiles ecosistemas.
Os obradoiros están destinados a nenos e nenas da Comarca de Pontevedra, conxuntamente cos seus pais e nais e o público en xeral.
Os principais obxectivos do proxecto son:
* Coñecer a biodiversidade e o funcionamento dos ríos galegos, os seus habitantes o papel que desempeñan e valorar a extraordinaria importancia ecosocial destes espazos únicos.
* Avaliar “in situ” o impacto ambiental das especies vexetais invasoras e a alteración que producen nos cursos fluviais e nos bosques de ribeira, e xustificar a necesidade do seu control i erradicación.
* Mostrar as tarefas concretas de control de ditas especies e o proceso de rexeneración ecolóxica da biodiversidade autóctona.
* Realizar experiencias e traballos de campo para coñecer o estado de saúde ambiental e colaborar na mellora e na conservación dos cursos fluviais.
Todas as actividades son gratuítas.
Pódese atopar a información completa, lugares, datas e ficha de inscrición en:
http://obradoirosbiodiversidade.blogspot.com
Para máis información:
A.D.R. PRODER II Comarca de Pontevedra
Núcleo de Sostibilidade Integrada
r/ Santa Clara 4, 2º 36002 Pontevedra
Telf: 986 10 81 44, Fax: 986 10 80 09
www.adrproderpontevedra.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SESIÓNS DIVULGATIVAS DO BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR continúa coa estratexia de comunicación da creación do primeiro Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, de xeito que se afronte a organización do tempo dos/as cidadáns/ás con criterios de sostibilidade, en especial das mulleres en consonancia co TÍTULO VI da Lei 2/2007 do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia.
O Banco de Tempo é unha rede de colaboración entre particulares, intercambiándose servizos entre os/as seus participantes, tendo como unidade de cambio a hora de tempo e sen ningunha prestación económica entre os/as participantes.
É un xeito de participación social da cidadanía baseado nos principios de reciprocidade, confianza e axuda mútua. Desta forma o Banco de Tempo contribúe a crear vínculos sociais entre a poboación dunha mesma comunidade e fomenta a integración da mesma na medida en que toda a comunidade pode acceder aos mesmos servizos.
A posibilidade de conciliar vida familiar, laboral e persoal, está directamente relacionada coa administración e usos do tempo, tendo presente o tempo coma recurso para o desenvolvemento persoal e para a calidade de vida.
ADR organiza charlas divulgativas por toda a comarca, sendo o calendario previsto o seguinte;
- Venres 27 de marzo ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilaboa (Riomaior) .
- Mércores 1 de abril ás 20:00 horas no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Barro .
- Xoves 2 de abril ás 20:00 horas na Casa de Cultura de Ponte Caldelas .
- Venres 3 de abril ás 20:15 horas na Casa Rosada de Poio, na que participará Rosa González Fernández, Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude do Concello de Poio..
Calquera persoa maior de idade pode participar no Banco do Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco do Tempo localizada en ADR PRODER.
Entre os intercambios que, a priori parecen máis propicios, pódense destacar a Formación e educación, Asesoramento/orientación, Atención ás persoas, o Coidado do corpo e da saúde, as Tarefas domésticas, Informática ou o Transporte entre outros.
As sesións están abertas a todos/as interesados/as en participar activamente e coñecer de primeira man o que significaría implicarse no BANCO DO TEMPO.
Para calquera consulta ou información poñerse en contacto coa Axente de Tempo, Herminia Dios Poceiro no Telf. 986 10 81 44 ou enviar un correo electrónico o enderezo: bancodetempo@mundo-r.com
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR organiza a Xornada Lúdico – Festiva sobre a Axenda 21 nos Concellos do NSI |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR organiza unha Xornada lúdico-festiva, demostrativa da implantación da Axenda 21 nos concellos do Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra: Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa co obxectivo de contribuír a súa difusión e a das actuacións realizadas.
A actividade que contribúe o cumprimento da Axenda está aberta ao público en xeral, en especial aos residentes nos catro Concellos que teñen implantada a Axenda 21 Comarcal.
O lugar da realización será o Pavillón de Deportes de Vilaboa (Toural – Vilaboa), o sábado 13 de decembro a partir das 16:00 e comprende múltiples actividades: Un inchable e obradoiros de actividades ambientais para os rapaces, un espacio divulgativo que se completa con a proxección de audiovisuais.
O remate da xornada farase un sorteo de agasallos.
Para máis información:
A.D.R. PRODER II Comarca de Pontevedra
Núcleo de Sostibilidade Integrada
r/ Santa Clara 4, 2º 36002 Pontevedra
Telf: 986 10 81 44, FAX: 986 10 80 09
CONCELLO DE VILABOA
Telf: 986 708215
www.vilaboa.org
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
XORNADA SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O Núcleo de sostibilidade da Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II - Comarca de Pontevedra ten o pracer de convidalo a XORNADA SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS: UN RETO CARA Á CONSERVACIÓN SOSTIBLE.
DATA:12-13 DE DECEMBRO DE 2008
LUGAR: MOSTEIRO DE POIO (CONCELLO DE POIO)
PÚBLICO DESTINATARIO:
-Técnicos dos concellos, de medio ambiente, xardinería, urbanismo, obradoiros de medio ambiente, xardinería, gardería forestal etc.
-Sector económico relacionado coa distribución destas especies: distribuidores de plantas e animais de compañía, tendas de mascotas, acuarios, viveiros de planta ornamental, viveiros forestais, asociacións medioambientais, voluntariado medioambiental....
-Sector forestal, Sector pesqueiro e marisqueiro.
-Público en xeral, estudiantes...
PONENCIAS: terán carácter divulgativo sobre aspectos prácticos cara o público a que están dirixidas, co maior número de exemplos e posibles aplicacións.
xúntase o programa
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
TALLER COA COOPERATIVA DE CONSUMO RESPONSABLE DE PRODUTOS ECOLOXICOS |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Dende o pasado mes de setembro o Concello de Pontevedra esta a levar a cabo o Programa de Fomento do Cooperativismo de Consumo Consciente da Comarca de Pontevedra 08, coordinado pola ADR PRODER II Comarca de Pontevedra. O vindeiro 19 de decembro ás 19horas no Pazo da Cultura de Pontevedra (Seminario 1) 1º Andar vaise levar a cabo unha nova actividade consistente nun TALLER COA COOPERATIVA DE CONSUMO RESPONSABLE DE PRODUTOS ECOLOXICOS "ALMOCAFRE" (CORDOBA -ANDALUCIA) no que participará a súa Presidenta Gala Lorenzo Lobo.
Os contidos do taller son:
- Exposición e debate sobre a evolución histórica da cooperativa Almocafre
- Exposición e debate sobre os diversos ámbitos de actuación e organización da cooperativa (estratexia comercial; modelo organizativo; xestión económico -financeira; estratexia político - social da cooperativa) e desafíos para os próximos anos.
- Contraste co proceso de maduración do Proxecto de Cooperativa de Pontevedra.
Esta actividade enmarcarse na liña do coñecemento de diversas experiencias de consumo de produtos de orixe ecolóxica cunha fórmula organizativa de cooperativa, co fin de que permita e facilite o proceso de maduración do proxecto de cooperativa deste tipo que se pretende promover na Comarca de Pontevedra, así como crear ligazóns de cooperación con outros proxectos similares na xeografía galega e o resto da Península Ibérica.
Ao taller poderán asistir, para alén das persoas do Grupo Promotor da Cooperativa de Consumo de Pontevedra, aquelas persoas e colectivos interesadas nesta temática e en tomar parte neste innovador Proxecto.
Para confirmar asistencia e solicitar máis información desta actividade podedes chamar aos teléfonos 986 896 526 (SINERXIA) ; 986 108 144 (ADR PRODER II Comarca de Pontevedra). Tamén podedes enviar un correo-e a sinerxia@sinerxia.org.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR galardoada co accésit do "I Premio de Sostenibilidad Local" da Fundación Conama |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O Proxecto “Desenvolvemento sostible nos ecosistemas fluviais da Comarca de Pontevedra” impulsado polo Núcleo de Sostibilidade da ADR Comarca de Pontevedra galardoado co accésit do “I Premio de Sostenibilidad Local” da Fundación CONAMA.
O pasado martes 18 de novembro reuniuse o xurado do I Premio de Sostenibilidad Local convocado pola Fundación CONAMA (Congreso Nacional de Medio Ambiente) e decidiu conceder o accésit dentro da categoría de poboacións entre 20.000 e 50.000 habitantes á Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II - Comarca de Pontevedra (ADR) polo seu proxecto do Núcleo de Sostibilidade “Desenvolvemento sostible nos ecosistemas fluviais da Comarca” realizado nos concellos integrantes do mesmo: Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.
O xurado do premio, composto por técnicos e expertos de diversas institucións de ámbito local, valorou a gran calidade e variedade dos proxectos presentados e, entre eles o proxecto da ADR, polo seu carácter innovador, exemplar e eficiente, así como por implicar ós propios cidadáns na posta en marcha do mesmo.
O proxecto que está a desenvolver a ADR Proder II - Comarca de Pontevedra nos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa ten como obxectivo procurar a conservación da biodiversidade dos ecosistemas fluviais dende a sostibilidade. Con esta finalidade realízanse actuacións ambientais (Inventario e control de especies vexetais exóticas invasoras nos ríos dos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa), actuacións sociais (xornadas informativas e de participación pública nos concellos que participan e Obradoiros de biodiversidade) e actuacións económicas (Xornada sobre especies exóticas invasoras: Un reto cara a conservación sostible que terá lugar o vindeiro día 15 de decembro).
A entrega de galardóns terá lugar en Madrid, no Palacio Municipal de Congresos del Campo de Las Naciones durante a clausura do 9º Congreso Nacional de Medio Ambiente: Cumbre do Desenvolvemento Sostible o próximo 5 de decembro e acudirán o Presidente da ADR, os Alcaldes dos concellos do Núcleo de Sostibilidade, a Axente Comarcal do Núcleo de Sostibilidade e representantes da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Convocatoria das Mesas de Participación Pública da Axenda 21
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Os concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa integrantes do Núcleo de Sostibilidade van organizar as MESAS DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA DA AXENDA 21
Os obxectivos fundamentais desta actividade serán: Crear canles de diálogo entre os diferentes sectores nos que a comunidade se organiza (poboación, municipio, economía, asociacións), que posibiliten o intercambio de información e principios e a expresión de opinións. Tamén sensibilizar á poboación no seu conxunto sobre o valor e a necesidade de pensar en accións sociais, económicas e ambientais que poñan as bases dun futuro equitativo, xusto e sustentable.
O calendario é o seguinte:
Mesas de Axenda 21
MT Poboacional: poboación xeral, asociacións, educación... 25 de novembro as 20:00h , no Casal de Ferreirós do Concello de Poio.
MT Empresarial: empresarios 26 de novembro as 20:00h no Casal de Ferreirós do Concello de Poio.
MT Mar e Terra: sector pesqueiro, marisqueiro, agrícola e forestal.. 27 de novembro as 20:00h no Casal de Ferreirós do Concello de Poio.
MT Municipal: persoal dos concellos e políticos 28 de novembro as 09:30h no Casal de Ferreirós do Concello de Poio.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
INFORMACIÓN SOBRE O BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
BANCO DO TEMPO: Grupo de persoas que intercambian o seu tempo para a realización de diversos servizos, sen ánimo de lucro.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ENCONTRO VERDE PONTE CALDELAS 30 DE NOVEMBRO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Espazo participativo en prol da sostibilidade
ENCONTRO VERDE é un espazo de encontro do tecido asociativo e institucións onde se poidan compartir e gozar das diversas prácticas positivas que as diferentes organizacións desenvolven a prol da sostibilidade, dende ámbitos diversos.
SENSIBILIZACIÓN, ÁREA LÚDICA, ALIMENTACIÓN E EXPOSICIÓNS para desfrutar dunha xornada a prol da sostibilidade.
XUNTANZA INFORMATIVA PARA ASOCIACIÓNS:
MARTES 12 DE NOVEMBRO AS 20:00 H
NA CASA DE CULTURA DO CONCELLO DE VILABOA
Máis información: Núcleo de Sostibilidade - Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra r/Santa Clara 4, 2º 36002 Pontevedra. Telf. 986108144 Fax 986108009
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ENCONTRO VERDE PONTE CALDELAS 30 DE NOVEMBRO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Espazo participativo en prol da sostibilidade
ENCONTRO VERDE é un espazo de encontro do tecido asociativo e institucións onde se poidan compartir e desfrutar das diversas prácticas positivas que as diferentes organizacións desenvolven a prol da sostibilidade, dende ámbitos diversos.
SENSIBILIZACIÓN, ÁREA LÚDICA, ALIMENTACIÓN E EXPOSICIÓNS para desfrutar dunha xornada a prol da sostibilidade.
XUNTANZA INFORMATIVA PARA ASOCIACIÓNS:
MARTES 11 DE NOVEMBRO AS 20:00 HORAS
NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE POIO
Mais información: Núcleo de Sostibilidade - Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra c/Santa Clara 4, 2º 36002 Pontevedra. Telf. 986108144 Fax 986108009
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ENCONTRO VERDE PONTE CALDELAS 30 DE NOVEMBRO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Espazo participativo en prol da sostibilidade
ENCONTRO VERDE é un espazo de encontro do tecido asociativo e institucións onde se poidan compartir e gozar das diversas prácticas positivas que as diferentes organizacións desenvolven a prol da sostibilidade, dende ámbitos diversos.
SENSIBILIZACIÓN, ÁREA LÚDICA, ALIMENTACIÓN E EXPOSICIÓNS para desfrutar dunha xornada a prol da sostibilidade.
XUNTANZA INFORMATIVA PARA ASOCIACIÓNS:
XOVES 13 DE NOVEMBRO AS 20:00 H
NA BIBLIOTECA DO CONCELLO DE BARRO
Máis información: Núcleo de Sostibilidade - Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra c/Santa Clara 4, 2º 36002 Pontevedra. Telf. 986108144 Fax 986108009
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CONVOCATORIA XUNTA DIRECTIVA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Mañá xoves 30 de outubro de 2008, ás 19:30 horas no Salón de Actos do Concello de Pontevedra reunirase a Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA.
Entre os asuntos a tratar figuran na orde do día as certificacións finais de seis expedientes “Creación de Hotel Rústico en Vilariño - Poio”, “Senda Fluvial do Lérez”, “Rehabilitación para casa de turismo rural en Cerponzóns”, “Itinerario cultural pola parroquia de Ponte Sampaio”, “Ampliación de laboratorio e sala de degustación” e o proxecto de cooperación “Aprendendo da experiencia propia en Programas de Desenvolvemento Rural”.
A Xunta Directiva da ADR tamén debaterá a contratación dunha persoa ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Traballo para a contratación de traballadores desempregados para a posta en marcha do Banco de Tempo. O obxectivo é que o Banco de Tempo entre en funcionamento a principios do ano que ven.
Se informará da marcha dos proxectos que se están a realizar ao abeiro do Núcleo de Sustentabilidade Integrada: loita contra especies invasoras, implantación do sistema de xestión medio ambiental nos Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa e as múltiples actividades de sensibilización.
Á reunión de mañá da Xunta Directiva están convocados os alcaldes dos cinco concellos do territorio do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra (Pontevedra, Ponte Caldelas, Poio, Barro e Vilaboa), os representantes das distintas Mesas Sectoriais, das entidades financeiras Caixanova e Caixa Galicia, o representante da Universidade de Vigo.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
INAUGURACIÓN DO ITINERARIO CULTURAL POLA PARROQUIA DE PONTE SAMPAIO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro domingo 26 de Outubro, o Concello de Pontevedra inaugurará o Itinerario Cultural pola parroquia de Ponte Sampaio, proxecto promovido polo Concello de Pontevedra e financiado ao abeiro do programa Proder II: Comarca de Pontevedra, cunha axuda comprometida de 99.686,10 €.
Trátase dun trazado circular, que pasa pola parroquia de Ponte Sampaio e que se combina con derivacións de pequena lonxitude.
Dentro dos elementos de interese asociados a este roteiro, podemos destacar O Paredón, un singular muro-acueducto de cerca de 30 metros e os muíños de Acevedo, conxunto de 5 muíños que se sitúan xunto o regato coñecido como o rego dos Muíños. Destes 5 muíños restaurouse un, o mais espectacular, e que ten a singularidade de que recibe a auga para mover a pedra polo tellado.
INAUGURACIÓN DO ITINERARIO CULTURAL POLA PARROQUIA DE PONTE SAMPAIO
LUGAR DE SAÍDA: Paredón do Rañadoiro, Ponte Sampaio, Pontevedra.
DATA: 26 de Outubro.
HORA: 10 da mañá.
LUGAR DE CHEGADA: A Xunqueira.
Para ver o mapa ir a máis información
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN INFORMATIVA “ELIMINACIÓN ESPECIES INVASORAS NO REGO SAN VICENTE E RÍO VERDUGO, PONTE CALDELA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra, a través
do seu proxecto do Núcleo de Sostibilidade convócalle, como propietario/a dunha/s
parcela/s sita no rego de San Vicente e no río Verdugo no concello de Ponte
Caldelas, a unha reunión que terá lugar o vindeiro luns día 27 de outubro as 20:00
na Casa do Pobo de Taboadelo no Concello de Ponte Caldelas.
Nesta reunión falarase do proxecto “Desenvolvemento Sostible nos ecosistemas
fluviais”, das especies exóticas invasoras e solicitarase a súa autorización para
eliminar estas especies invasoras presentes na súa propiedade, no tramo da
parcela do dominio público hidráulico, sen custe algún para vostede, e quedando a
madeira a súa disposición.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN INFORMATIVA “ACTUACIÓNS DE ELIMINACIÓN DE ESPECIES INVASORAS NO REGO DO RÍO MAIOR VILABOA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra, a través do seu proxecto do Núcleo de Sostibilidade convócalle, como propietario/a dunha/s parcela/s sita no rego do Río Maior no concello de Vilaboa, a unha reunión que terá lugar o vindeiro venres día 24 de outubro as 20:30 na Casa de Cultura de Río Maior no Concello de Vilaboa.
Nesta reunión falarase do proxecto “Desenvolvemento Sostible nos ecosistemas fluviais”, das especies exóticas invasoras e solicitarase a súa autorización para eliminar estas especies invasoras presentes na súa propiedade, no tramo da parcela do dominio público hidráulico, sen custe algún para vostede, e quedando a madeira a súa disposición.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN INFORMATIVA “ACTUACIÓNS DE ELIMINACIÓN DE ESPECIES INVASORAS NO RÍO AREAL, BARRO” |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra, a través
do seu proxecto do Núcleo de Sostibilidade convócalle, como propietario/a dunha/s
parcela/s sita no río Areal no concello de Barro, a unha reunión que terá lugar o
vindeiro mércores día 5 de novembro as 20:00 h no Salón de Actos do Concello de
Barro.
Nesta reunión falarase do proxecto “Desenvolvemento Sostible nos ecosistemas
fluviais”, das especies exóticas invasoras e solicitarase a súa autorización para
eliminar estas especies invasoras presentes na súa propiedade, no tramo da
parcela do dominio público hidráulico, sen custe algún para vostede, e quedando a
madeira a súa disposición.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PREMIADOS NO CONCURSO RECICLARTE 08
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PREMIADOS NO CONCURSO RECICLARTE 08
Os concellos de Barro, Poio, Vilaboa e Ponte Caldelas do Núcleo de Sostibilidade informan da inauguración e entrega de premios da exposición do concurso de obras de arte, con materiais reciclados ReciclARTE 08 na ó mércores 22 de outubro na sala de exposicións da Finca da Crega do concello de Barro:
-A INAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN REALIZARASE ÁS 18:30 H
-A ENTREGA DE PREMIOS ÁS 19:00 H
O acto estará presidido polo alcalde do concello
- A categoría 1º ciclo de primaria quedou deserta por falta de participantes.
- O premio na categoría 2º ciclo de primaria para ”Poliluz ” de Mateo Lois Vázquez.
- O premio na categoría 3º ciclo de primaria para “ Barrense ” de Aroa Outón Regueiro.
- Premio na categoría 1º ciclo de secundaria para “ Spirit ” de Alberto Rebón Boullosa Martín Mosteiro Vázquez Alejandro Gontad López.
- Premio na categoría 2º ciclo de secundaria para “Maky” de David Maquieira Buceta.
- Premio na categoría de adultos para “Pavito” de Asociación Alba.
Mención especial para:
- Fantasía de Lorena Seijo Pardo polo aproveitamento dos materiais reciclados
- Amazonas de Adriana Vidal Iglesias, Fátima Torres e Irene Mosteiro pola orixinalidade.
Máis información: NSI-ADR c/Santa Clara 4, 2º 36002 Pontevedra. Telf. 986108144 .Fax 986 108009
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN INFORMATIVA “ELIMINACIÓN ESPECIES INVASORAS NO REGO MUÍÑOS, RÍO COVELO E RÍO MOURO, POIO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra, a través
do seu proxecto do Núcleo de Sostibilidade convócalle, como propietario/a dunha/s
parcela/s sita no Rego dos Muíños ou Frieira, Río Covelo e Río Mouro no
concello de Poio, a unha reunión que terá lugar o vindeiro mércores día 29 de
outubro as 20:00 h no Salón de Plenos da Casa do Concello no Concello de Poio.
Nesta reunión falarase do proxecto “Desenvolvemento Sostible nos ecosistemas
fluviais”, das especies exóticas invasoras e solicitarase a súa autorización para
eliminar estas especies invasoras presentes na súa propiedade, no tramo da
parcela do dominio público hidráulico, sen custe algún para vostede, e quedando a
madeira a súa disposición.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
OBRADOIROS DE BIODIVERSIDADE |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Obradoiros de Biodiversidade nos Ríos dos Concellos do Nucleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra
Invitamos á participación nos Obradoiros nos Ríos, destinadas a nenos e nenas da Comarca de Pontevedra, conxuntamente cos seus pais e nais.
Estas actividades enmárcanse dentro do Proxecto de Conservación da diversidade biolóxica de ecosistemas fluviais promovido polo Núcleo de Sostibilidade Integrada da Asociación de Desenvolvemento Rural - Proder II - Comarca de Pontevedra, financiado pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e coa participación dos Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.
Este proxecto de Educación Ambiental quere acadar entre os participantes unha maior sensibilización sobre o funcionamento e a problemática dos nosos ríos, non so como espectadores, senón dando valor a participación, a reflexión xunto coa acción ou estratexia na resolución dos problemas.
Os principais obxectivos do proxecto son:
* Coñecer funcionamento dos ríos galegos, os seus habitantes o papel que desempeñan e valorar a extraordinaria importancia ambiental e social destes espazos únicos.
* Avaliar “in situ” o impacto ambiental das especies vexetais invasoras e a alteración que producen nos cursos fluviais e nos bosques de ribeira, e xustificar a necesidade do seu control i erradicación.
* Mostrar as tarefas concretas de control de ditas especies e o proceso de rexeneración ecolóxica da biodiversidade autóctona.
* Realizar experiencias e traballos de campo para coñecer o estado de saúde ambiental e colaborar na mellora e na conservación dos cursos fluviais.
Todas as actividades son gratuitas.
Pódese atopar a información completa, datas e ficha de inscrición en http://obradoirosbiodiversidade.blogspot.com/
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
EXCURSIÓN MAR DE LIRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
EXCURSIÓN A MARDELIRA (LIRA, CARNOTA)
Confraría de Pescadores de Lira
DATAS E LUGAR DE SAÍDA
Datas: 24-25-26 de Setembro
Día 24: 9:00h- Poio (40 prazas); 9:30h- Barro (15 prazas)
Día 25: 9:00h- Ponte Caldelas (40 prazas); 9:30h- Barro (15 prazas)
Día 26: 9:00h- Vilaboa (40 prazas); 9:30h- Barro (15 prazas)
Lugar de saída: Casa Consistorial de cada Concello.
ACTIVIDADES A REALIZAR:
Actividade de mañá (Ruta do porto e visita á Caseta) : Actividade cunha duración de 2 horas. Os participantes coñecerán mellor a evolución do traballo dos mariñeiros en especial como traballan hoxe en día, os aparellos cos que faenan, os utensilios que empreñan, as formas de conservación do peixe… Tamén coñecerán o nacemento do pequeno porto e o funcionamento dunha poxa electrónica.
Comida: nun restaurante da zona (sen custe para os asistentes)
Actividade de tarde (Ruta da reserva mariña) : Realizarase un roteiro de sendeirismo pola costa explicando en que consiste a Reserva Mariña de Os Miñarzos, e a riqueza pesqueira e marisqueira que agachan as súas augas. Os participantes tamén percorrerán as Reservas Integrais Norte e Sur e coñecerán a toponimia da costa.
TRANSPORTE: Autocar.
CUSTE: Actividade gratuíta.
MAIS INFORMACIÓN:
Núcleo de Sostibilidade Integrada. Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II Comarca de Pontevedra.www. adrproderpontevedra.org Tfno.986.108.144-Fax: 986.10 80.09. E-mail: nsi.pontevedra@mundo-r.com
Concello de Barro: Oficinas Xerais do Concello.
Concello de Poio: Oficinas Xerais do Concello. Axente de Emprego.
Concello de Ponte Caldelas: Oficinas Xerais do Concello. Axente de Emprego. Tfno. 986.750.013, ext. 3.
Concello de Vilaboa: Oficinas Xerais do Concello. Axente de Emprego. Tfno.986.708.215.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CONCURSO RECICLARTE |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CONCURSO RECICLARTE 08
O concurso consistirá en realizar unha obra de arte, construcción imaxinativa libre con materiais que tiramos o lixo, individualmente ou por equipos.
PARTICIPANTES
Poderán participar persoas que se atopen dentro das idades sinaladas nas diferentes categorías.
PREMIOS
Infantil (pequeno agasallo para os participantes)
1º ciclo de primaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)
2º ciclo de primaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)
3º ciclo de primaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)
1º ciclo de secundaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)
2º ciclo de secundaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)
Adultos (de 17 anos en diante): un único premio de 300 €
PRAZO
As/os artistas deben instalar antes das 14.00 horas do día 14 de outubro de 2008 as súas obras (co nome artístico ou pseudónimo), acompañando coa entrega no rexistro do concello de Barro e coa documentación que aparece nas bases adxuntas.
SELECCIÓN
Unha vez recibida a documentación, e instaladas as obras o xurado fará a selección a partir do día 17 de outubro de 2008.
Máis información nas bases adxuntas, no teléfono 986 714806, ou nos seguintes enderezos electrónicos: omix@barro.es ou nsi.pontevedra@mundo-r.com
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ADXUDICACIÓN PROVISIONAL INVENTARIO E CONTROL.. |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Adxudicación provisional “Inventario e Control de Especies Invasoras”
O Núcleo de Sostibilidade Comarca de Pontevedra (NSI), da Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra (ADR) anuncia a adxudicación provisional a empresa ECOPLANIN Xestión e Información Ambiental, S.L, a redacción do proxecto de execución e execución de obra do proxecto “Inventario e Control de especies vexetais exóticas invasoras nos ríos dos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa”
Prazo de execución: 2 meses e medio debendo estar executado o 30 de novembro de 2008. Duración máxima 3 meses
Obtención de documentación e información: nsi.pontevedra@mundo-r.com e na ADR Proder II Comarca de Pontevedra. Rúa Santa Clara 4,2º 36002 Pontevedra Tfno. 986108144. Fax 986108009.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ADXUDICACIÓN PROVISIONAL OBRADOIROS |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Contratación por procedemento negociado, dos Obradoiros ...
O Núcleo de Sostibilidade Comarca de Pontevedra, da Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra anuncia a adxudicación provisional para a realización de “Obradoiros de Biodiversidade nos ríos dos concellos do Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra” da empresa Teixugo Sociedade Cooperativa Galega
Prazo de execución: 2 meses e medio debendo estar executado o 30 de novembro de 2008. Duración máxima 3 meses
Orzamento de licitación: 9.500,00 euro (IVE incluído) e IVE: 1.310,34 euro
Solicitudes de participación: no prazo de 10 días hábiles contados dende o dia seguinte ao da publicación deste anuncio (07/08/08) segundo o procedemento descrito no prego.
Obtención de documentación e información: ADR Proder II Comarca de Pontevedra. Rúa Santa Clara 4,2º 36002 Pontevedra Tfno. 986108144. Fax 986108009.
\\Administracion\f\COPIAS SEGURIDADE ADR\NUCLEO SOSTIBILIDAD\PROYECTOS\Proxecto2008\TALLERESBIODIV\Microsoft Word - PREGO-ADM-TECN-OBR.pdf
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CONVOCATORIA ASEMBLEA CONSTITUÍNTE |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Segundo o acordado na derradeira xuntanza da Xunta Xestora, convócaselle á reunión que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o xoves 4 de setembro ás 20.30 horas.
ORDE DO DÍA:
1. Relación nominal de socios fundadores.
2. Constitución da Asociación.
3. Aprobación dos estatutos da Asociación.
4. Elección da Xunta Directiva.
5. Exposición Candidatura Proxecto LEADER, aprobación se procede e delegación na Xunta Directiva da aprobación e presentación proxecto LEADER definitivo.
6. Aprobación solicitude integración nos Grupos de Acción Costeira Ría de Pontevedra e Ría de Vigo.
7. Comunicacións, rogos e preguntas.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
VARIEDADES TRADICIONAIS DE MILLO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro martes 29 de xullo terá lugar unha sesión informativa de “Variedades Tradicionais de Millo” , ás 20:00 na Misión Biolóxica de Galicia (Consello Superior de Investigacións Científicas), Cabanas, Salcedo (Pontevedra).
Bernardo Ordás será o encargado de conducir esta sesión na que se explicará a diferenza entre liñas puras e híbridos de millo, se falará da expansión das variedades tradicionais, da substitución destas variedades por híbridos, da vantaxe das variedades tradicionais, das reservas de diversidade xenética, da agricultura sostible e da autosuficiencia do agricultor.
Tamén se poderá ver ao longo da sesión algunhas espigas das 80 variedades tradicionais galegas que se conservan na Misión Biolóxica.
Esta sesión informativa non terán custe algún para os asistentes.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CONVOCATORIA ASEMBLEA CONSTITUÍNTE NOVO LEADER 2007 - 2013 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Estimada/o Sra./Sr.,
Nestes días veu de publicarse no DOG a convocatoria do programa LEADER para Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Inda que moi semellante aos antigos programas PRODER II e LEADER+ que houbo no período 2002 - 2006, o programa LEADER 2007 - 2013 introduce cambios significativos: unha nova distribución territorial, a posibilidade de subvencionar proxectos agrogandeiros e a prioridade cara proxectos produtivos xeradores de emprego e rendas que contribúan a fixación da poboación no medio rural.
O GDR que se constitúa xestionará fondos do programa Galego de Desenvolvemento Rural que proveñen da Unión Europea, o Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino e da propia Xunta de Galicia ata unha cantidade aproximada de 3 – 4 millóns de euros. Estes fondos irán destinados a un programa de axuda específico do territorio do que poderán beneficiarse promotoras/es de iniciativas que contribúan ao desenvolvemento rural nas liñas de actuación que defina o grupo.
Para isto é necesario que o Grupo se constitúa como asociación na que participen todas aquelas entidades interesadas en promover o desenvolvemento sostible do medio rural dos concellos que integran o territorio do GDR 19: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. A primeira tarefa do Grupo é a elaboración do programa de desenvolvemento do territorio que debe recoller liñas de actuación que contribúan ao desenvolvemento do medio rural: proxectos agrarios, gandeiros e forestais con vocación produtiva, mellora medio ambiental, posta en valor do patrimonio natural e cultural así como servizos que contribúan á mellora da calidade de vida e a promoción do territorio.
A participación do tecido asociativo activo, especialmente daquel con orientación produtiva, é fundamental para realizar unha boa estratexia LEADER de desenvolvemento rural na que é primordial a participación dos axentes locais – públicos e privados – e na posterior execución de proxectos innovadores que impliquen aos diferentes sectores do territorio, fomentando a cooperación e o traballo en rede.
Por isto, animámosvos a participar no novo GDR 19, con folgos novos e novas ideas que contribúan ao desenvolvemento sostible do noso territorio, cara ese ideal que cada un ten da nosa terra para que se converta na realidade de todos.
Polo imperativo da convocatoria do LEADER 2007 – 2013 que remata o vindeiro 16 de setembro, é necesario dar canto antes os pasos necesarios para a constitución do novo grupo e por isto convocámosvos á Asemblea de constitución do novo GDR 19 que terá lugar o vindeiro martes 15 de xullo ás 20:00 horas no Pazo de Cultura de Pontevedra. Achegámosvos, para avaliar o programa, un resumo informativo do mesmo.
Para poder participar no Grupo é necesario que o representante da súa entidade se poida acreditar en nome dela para o que é necesario que se achega nesa data ou con anterioridade nas oficinas da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º en Pontevedra (tfno: 986 108 144/adrproderponteverda@mundo-r.com) a seguinte documentación:
Acordo da Xunta Directiva da entidade no que se decide integrarse no GDR 19 e nomeamento de representante (Achégase modelo para quen o precise).
O representante deberá identificarse mediante o DNI.
Ademais, ao longo do proceso constituínte, as entidades interesadas en formar parte do Grupo de Desenvolvemento Rural deberán achegar a seguinte documentación: copia compulsada de estatutos, NIF e DNI do representante e informe de actividades de entidade.
Esperando contar coa súa presencia, reciba un cordial saúdo.
Rosa Varela Magariños Darío Alonso Novoa Carmen Puga Pereiro José Manuel Boullosa Iglesias
XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA
Miguel Anxo Fernández Lores Julio Saiáns Francisco A. Veiga Soto
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Convocatoria da Mesa de Traballo Comarcal da Axenda 21 da Comarca de Pontevedra |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra ADR-Proder II, no marco do convenio asinado, coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, vai realizar unha serie de actuacións para reactivar a Axenda 21 da Comarca de Pontevedra (concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, a través da empresa Idom e o Núcleo de Sostibilidade van a realizar un Plan de dinamización, coa convocatoria de Mesas de Traballo (Empresarial, Mar e Terra, Comarcal e Poboacional, as convocatorias achéganse no arquivo adxunto), Entrevistas e Foros. Por outra banda vaise actualizar o Plan de Acción, e xunto co resultado das Mesas de Participación cidadán levará a unha actualización deste Plan, e a actualización dos Indicadores facilitando a obtención de novos indicadores axustados os programas e proxectos.
De todo este proceso de actuación foron informados os membros do Consello da Axenda 21 en marzo deste ano.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Xornada de Variedades Tradicionais de Millo |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Mañá día 2 de xullo as 20:00, terá lugar a Xornada de Variedades Tradicionais de Millo. Bernardo Ordás, disertará sobre as vantaxes da utilización de variedades tradicionais fronte os híbridos comercias. Lugar: Local Social de Cabanas, Salcedo (Pontevedra). Duración: 2 horas.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
I CONCURSO DE DEBUXO DO NÚCLEO DE SOSTIBILIDADE “COMARCA DE PONTEVEDRA” |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra, xunto coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible organizan o I Concurso de debuxo do Núcleo de Sostibilidade “Comarca de Pontevedra”.
O obxecto do certame será a realización de debuxoscon contidos que ilustren aspectos ambientais, económicos e sociais que amosen o desenvolvemento sostible dos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas ou Vilaboa.
Poderán participar neste concurso rapaces entre dez e catorce anos.
O prazo de entrega comeza a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio e rematará o martes un de xullo de 2008.
As obras entregaranse persoalmente nos concellos do Núcleo de Sostibilidade Poio, Ponte Caldelas ou Vilaboa, na Biblioteca de Barro ou na Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra (ADR), segundo figura nas bases.
O premio son 20 prazas de campamento durante catro días, no Programa Naturaqua na Rede de Centros o Aire Libre en Taboada en Ourense. Para elixir os premiados, realizarase un sorteo entre os participantes o día 3 de xuño as 09:00h na sede da ADR, e comunicarase nese día o resultado os premiados vía telefónica, correo electrónico ou na páxina web da asociación.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Fin de Semana pola Sostibilidade Comarca de Pontevedra |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O luns 23 de xuño de 2008, ás 13:30 horas na Casa de Cultura do Concello de Ponte Caldelas presentarase o Fin de Semana pola Sostibilidade Comarca de Pontevedra.
Esta actividade de sensibilización está financiada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e celebrarase o 27 e 28 de xuño no Concello de Ponte Caldelas. Esta celebración, forma parte das actividades de sensibilización e educación sobre sostibilidade do conxunto da poboación dos concellos do Núcleo de Sostibilidade que son Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN SECTORIAL DE MOCIDADE |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O día 20 de xuño de 2008 ás 17:30 horas terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a segunda reunión sectorial de mocidade para a preparación do programa LEADER de desenvolvemento rural dos concellos que integran o futuro Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-19 formado por A Lama, Barro, Bueu, Cangas, Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
Nesta reunión vaise traballar na proposta de liñas de actuación do sector xa que o programa LEADER debe recoller as propostas que contribúan á mellora da calidade de vida e a promoción do territorio, desenvolvemento do medio rural e apoiar proxectos de actividades relacionas coa mocidade que é un dos destinatarios prioritarios do programa de desenvolvemento rural.
A esta reunión convídase a participar a todas as entidades relacionadas co sector de mocidade dende asociacións de mozos e mozas, centros educativos, clubs de mozos e mozas e cantas outras entidades teñan interese na promoción de actividades para a mocidade.
Para máis información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º - 36002 Pontevedra - Teléfono 986 108 144).
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN SECTORIAL DE ASOCIACIÓNS |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O día 20 de xuño de 2008 ás 20:00 horas terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a segunda reunión sectorial de asociacións para a preparación do programa LEADER de desenvolvemento rural dos concellos que integran o futuro Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-19 formado por A Lama, Barro, Bueu, Cangas, Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
Nesta reunión vaise traballar na proposta de liñas de actuación do sector xa que o programa LEADER debe recoller as propostas que contribúan á mellora da calidade de vida e a promoción do territorio e desenvolvemento do medio rural.
A esta reunión convídase a participar a todas as entidades relacionadas cos sector de asociacións, dende asociacións culturais, de veciños e cantas outras entidades teñan interese na promoción de actividades dirixidas a mellorar a calidade de vida dos seus asociados.
Para máis información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º - 36002 Pontevedra - Teléfono 986 108 144).
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN SECTORIAL COMUNIDADES DE MONTES |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O día 19 de xuño de 2008 ás 20:30 horas terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a reunión sectorial de comunidades de montes para a preparación do programa LEADER de desenvolvemento rural dos concellos que integran o futuro Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-19 formado por A Lama, Barro, Bueu, Cangas, Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
Nesta reunión vaise falar da convocatoria do novo Programa Leader 2007-2013 que xa se publicou o 16 de xuño co propósito de coordinar esforzos na preparación do programa comarcal de Desenvolvemento Rural. Especialmente debatirase a proposta da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común sobre a estructura e funcionamento do GDR para o que propoñen abandoar o esquema de traballo en mesas sectoriais que inclúan a todos os socios por outro modelo no que soamente participen na elaboración da estratexia os representantes dos diferentes sectores ata un máximo de 19 persoas.
A esta reunión convídase a participar a todas as comunidades de montes xa que, en calquera caso, sexa cal sexa o modelo que sigan o GDR, é convinte que se faga a elección dos representantes do colectivo.
Para mais información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º - 36002 Pontevedra - Teléfono 986 108 144).
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN SECTORIAL TURISMO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O día 19 de xuño de 2008 ás 17:30 horas terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a segunda reunión sectorial de turismo para a preparación do programa LEADER de desenvolvemento rural dos concellos que integran o futuro Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-19 formado por A Lama, Barro, Bueu, Cangas, Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
Nesta reunión vaise traballar na proposta de liñas de actuación do sector xa que o programa LEADER debe recoller as propostas que contribúan á mellora da calidade de vida e a promoción do territorio, desenvolvemento do medio rural e apoiar proxectos de actividades turísticas complementarias aos aloxamentos turísticos.
A esta reunión convídase a participar a todas as entidades relacionadas sector do turismo dende asociacións de empresarios, centros educativos relacionados co turismo, clubs náuticos e cantas outras entidades teñan interese na promoción de actividades turísticas..
Para máis información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º - 36002 Pontevedra - Teléfono 986 108 144).
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO NÚCLEO DE SOSTIBILIDADE “COMARCA DE PONTEVEDRA” |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
TEMA: O obxecto do certame será a realización de fotografías con contidos que ilustren aspectos ambientais, económicos e sociais que amosen o desenvolvemento sostible dos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas ou Vilaboa.
OBRAS: As fotografías deberán ser inéditas e non premiadas noutros concursos. Presentaranse en papel (non diapositivas). Cada foto deberá ir montada sobre cartolina ou outro soporte ríxido. Técnica en branco e negro ou en cor. O tamaño será de 20 x 25 cm. Poderán presentarse un máximo de 3 fotografías por autor, con ou sen unidade temática.
PRAZO DE ENTREGA: O prazo de entrega comeza a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio e rematará o vintetres de xuño de 2008.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN SECTORIAL DE TERCEIRO SECTOR |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O día 12 de xuño de 2008 ás 19:00 horas terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a segunda reunión sectorial de terceiro sector para a preparación do programa LEADER do futuro Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-19 no que se inclúen os concellos de A Lama, Barro, Bueu, Cangas, Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. Nesta reunión vaise traballar na proposta de liñas de actuación do sector, xa que no programa Leader son prioritarios os proxectos non productivos enfocados a xeración de servizos básicos para persoas dependentes e os seus familiares, proxectos como: os parques de estimulación sensorial que está levando a cabo a Asociación Amencer, ou os que quedaron pendentes de realización no PRODER II – Comarca de Pontevedra como o Centro de Xardinería ou o Centro de Lecer para promover accións de ocio para discapacitados, poden ter cabida neste programa.
A esta reunión convídase a participar a todas as entidades relacionadas co terceiro sector e solidaridade dende asociacións, centros de inserción, e cantas teñan interese na promoción de actividades relacionadas coa dependencia.
Para mais información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º - 36002 Pontevedra - Teléfono 986 10 81 44).
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN SECTORIAL DE MEDIO AMBIENTE |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O día 11 de xuño de 2008 ás 19:30 horas terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a segunda reunión sectorial de medio ambiente para a preparación do programa LEADER de desenvolvemento rural do futuro Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-19: no que se inclúen os concellos de A Lama, Barro, Bueu, Cangas, Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. Nesta reunión vaise falar mais concretamente do borrador dos estatutos do Grupo de Desenvolvemento Rural e a elección do representante da Mesa Sectorial.
O programa LEADER ten por obxecto a dinamización económica do medio rural a partires dun programa elaborado polos axentes do territorio e tradúcese en liñas de axuda para promotores tanto individuais como colectivos. Mais a característica específica do programa é a participación da poboación local tanto na elaboración como na súa xestión posterior. Esta participación organízase na constitución dun Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) con poder de decisión para a definición e execución do programa.
A esta reunión convídase a participar a todas as entidades relacionadas co medio ambiente dende asociacións ecoloxistas, centros de investigación, asociacións de propietarios forestais, asociacións que organizan actividades de recreo no medio natural e de turismo activo, e cantas teñan interese na promoción de actividades respectuosas e de posta en valor do medio ambiente comarcal.
Para mais información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º - 36002 Pontevedra - Teléfono 986 10 81 44).
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CURSO PRODUCIÓN VEXETAL EN ECOLÓXICO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A vindeira semana dará comezo o curso de " Produción Vexetal en Ecolóxico " que a ADR PRODER II Comarca de Pontevedra organiza en colaboración co Servizo Técnico Agrario da Delegación da Consellería de Medio Rural de Pontevedra do 2 ao 7 de xuño no Local Social da Comunidade de Montes de Marcón, Pontevedra
O curso está pensado para ofrecer unha alternativa ao sector agrario tradicional mediante unha produción agrícola mais respectuosa con medio ambiente.
Este curso está dirixido aos membros das comunidades rurais, en particular, a agricultores a as súas familias, así como propietarios de terreos tanto agrícolas coma forestais que teñen interese en practicar a agricultura ecolóxica, ou a aqueles propietarios que tendo na actualidade os terreos sen producir poidan ver na produción de vexetais en ecolóxico unha vía de actividade económica complementaria o principal para eles ou os seus fillos de xeito que se propicie unha recuperación do coidado da terra.
Por outra banda enmarcase esta actividade na liña de traballo da ADR de valorización da produción agraria comarcal, que tenta dinamizar ao sector primario e completar e mellorar a súa formación para conseguir a comercialización destas producións baixo un distintivo de calidade.
O tres primeiros días as charlas correran a cargo de Francisco Javier Vázquez, Técnico Especialista en Agricultura Ecolóxica. O luns 2 de xuño comezará o curso cunha iniciación á produción vexetal en ecolóxico, na que ademais de introducir o tema, tratarase o manexo de solos, o abonado e o tratamento de pragas e enfermidades. O martes 3 de xuño abordarase o tema do manexo de cultivos, a asociación e a rotación e o mércores 4 de xuño da produción ecolóxica e a certificación.
O xoves 5 de xuño Fernando Malvar tratará o tema do deseño de parcelas agrarias en agricultura ecolóxica, plantexerá a agricultura ecolóxica coma unha solución, falará de técnicas básicas para a biodiversidade, o aforro de recursos e a eficiencia enerxética. Rematará esta charla cunha práctica que consistirá no deseño dunha finca.
O venres 6 de xuño, Xaquín Rodríguez falará de métodos de conservación e comercialización de produtos ecolóxicos.
Por último o sábado 24 de maio farase unha visita a unha plantación de agricultura en ecolóxico na zona de Mondariz.
O curso pretende dar unha visión práctica e realista para aqueles interesados en por en valor as súas terras e, se é o caso, sacarlle un rendemento económico, para o que tamén chegado o momento poderán aproveitar a axudas do novo programa Leader.
O curso organízase en seis sesións de 19:00 a 22:00 e o sábado a visita técnica.
Máis información no teléfono 986 108 144, no fax 986 108 009, no correo electrónico agro.adrproderpontevedra@mundo-r.com, ou nas oficinas da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓNS COS AXENTES DO TERRITORIO PARA A CREACIÓN DUN NOVO PROGRAMA DE DESENVOLVMENTO RURAL |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II Comarca de Pontevedra comezará este mes as reunións cos axentes do territorio para a creación dun novo programa de desenvolvemento rural
A proximidade da publicación da convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvmento Rural para a selección de programas de desenvolvemento rural é motivo para que se comece a traballar a preparación dun programa axustado ás disposicións do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007 – 2013.
AGADER estabeleceu as áreas territoriais dos futuros Grupos de Desenvolvemento Rural que no caso de Pontevedra abrangue, as comarcas administrativas de Pontedra e o Morrazo (Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Campo Lameiro, A Lama, Cotobade, Cangas, Bueu, Moaña e Marín). Logo da reunión mantida polos alcaldes destes concellos acordouse encargar ao equipo técnico da ADR, en colaboración cos técnicos locais de emprego a preparación do programa de desenvolvemento rural.
Un dos eixos clave do programa LEADER é que o proceso de definición do programa de desenvolvemento rural sexa participativo, é dicir, que sexan os axentes do territorio quen dicidan as prioridades de investimento en función das necesidades sociais, económicas e medio ambientales propoñendo unha fórmula para o desenvolvemento sostible do territorio.
En particular, o programa que se elabore debe recoller as propostas que contribúan ao desenvolvemento do medio rural: apoiar proxectos de aproveitamento da superficie agraria e forestal con vocación productiva, mellora medio ambiental, posta en valor do patrimonio natural e cultural así como servizos que contribúan á mellora da calidade de vida.
Por isto, dende a ADR quere convidarse a participar neste proceso constituínte do futuro Grupo de Desenvolvemento Rural de Pontevedra – O Morrazo e na elaboración da estratexia de desenvolvemento a todas aquelas entidades interesadas no mesmo.
As primeiras reunións están previstas para o vindeiro xoves 22 de maio. Pola mañá reuniranse as entidades relacionadas coa dependencia e a solidaridade e pola tarde reunirase o grupo máis numeroso que está formado polas entidades asociativas de veciños, culturais e deportivas. Ambas reunións serán no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Posteriormente, terán lugar reunións dos restantes sectores:igualdade, mocidade, medio ambiente, turismo, empresarios, economía social (cooperativas e sociedade laborais), comunidades de montes, agricultores e gandeiros. Finalmente, reunirase a mesa institucional que abrangue as entidades públicas como paso previo para a celebración da asemblea constituínte do Grupo de Desenvolvemento rural.
Orde do día das reunións.
- Novo programa LEADER 2007 – 2013.
o Diagnose do territorio
o Liñas de actuación acollidas ao programa de desenvolvemento rural da comarca.
o Priorización e valoración de proxectos.
- Tamén abordarase o borrador de Estatutos do Grupo de Desenvolvemento Rural, e a elección do representante/s da Mesa Sectorial. Entre aquelas entidades que teñan interese en formar parte do grupo que se constitúa, proporanse ao/s representante/s da mesa sectorial nos órganos de goberno do Grupo que deberán ser ratificados pola Asemblea constituínte.
É interesante que aquelas entidades interesadas en formar parte do Grupo de Desenvolvemento Rural que se constitúa acheguen a documentación necesaria para a súa constitución: acordo de participación, nomeamento de representante, copia de estatutos, nif e dni representante e informe de actividades de entidade.
Para maior información atenderémoslle nas oficinas da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º en Pontevedra ou no teléfono 986 108 144 ou a través do Técnico de Emprego do seu Concello.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
XORNADA FINAL DE PRESENTACIÓN DE RESULTADOS DO PROGRAMA PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra participa nun proxecto de cooperación que ten por obxectivo avaliar os resultados do programa de desenvolvemento rural no territorio.
Baixo o lema os Impactos dos Grupos de Acción Local 2000 - 2006 terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro mércores 21 de a xornada final do proxecto de cooperación na que se presentarán os resultados do proxecto que se recollen nunha publicación que se distribuirá a todos os socios da entidade.
A presentación da xornada correrá a cargo do Conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal e ao longo da mesma intervirán tanto os participantes no proxecto como un grupo de expertos en desenvolvemento rural que avaliarán os impactos dos programas de desenvolvemento rural no período 2000 – 2006. Entre eles, estarán o Director General de Desenvolvemento Sostenible en el Medio Rural del Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, o Director Xeral de AGADER na Consellería de Medio Rural e xerentes de Redes de Grupos de desenvolvemento rural de ámbito estatal.
Ao peche da xornada presentarase a Asociación Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural que constituíuse ao amparo deste proxecto cos grupos participantes no mesmo.
Achégase programa da reunión.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CURSO CULTIVOS INNOVADORES |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A vindeira semana dará comezo o curso de " Cultivos Innovadores " que a ADR PRODER II Comarca de Pontevedra organiza do 19 ao 24 de Maio na Escola Obradoiro de A Seca en Poio .
O curso pretende ofrecer alternativas ao sector agrario tradicional mediante a diversificación de actividades e a proposta de novos cultivos, procesos e técnicas das que se pode esperar unha maior rendibilidade.
Entre outros, o luns 19 de maio abordarase o cultivo de cogumelos comestíbeis e medicinais sobre restos de madeira , que correrá a cargo de Hifas da Terra.
O martes 20 de maio, representante da empresa Milhulloa falarán de plantas medicinais , as especies máis indicadas para cada zona, así como as técnicas de recolección, conservación e almacenamento.
O mércores 21 de maio, Rafael Castro Vaamonde, técnico responsable da Asociación de Produtores de Castaña de Conso-Frieira, falará da produción de castaña de calidade , centrándose especialmente na variedade máis apreciada polo mercado e os coidados requiridos por esta especie que sen dúbida, é a árbore máis apreciada no agro galego.
As sesións finais do curso reservaranse para Santiago Liñeira, que é o presidente da SAT FUNGOCERGA, e falará da produción de cultivos alternativos , centrándose no cultivo de pequenos froitos , así como, en cultivos alternativos para a horta, ademais da micorrización de árbores .
Por último o sábado 24 de maio farase unha visita a SAT FUNGOCERGA , na que se percorrerán os cultivos e se realizará unha práctica demostrativa da inoculación dun tronco de carballo, para producción de Shii-take.
O curso pretende dar unha visión práctica e realista para aqueles interesados en por en valor as súas terras e, se é o caso, sacarlle un rendemento económico, para o que tamén chegado o momento poderán aproveitar a axudas do novo programa Leader.
O curso organízase en seis sesións de 19:00 a 22:00 e o sábado a visita técnica.
Máis información no teléfono 986 108 144, no fax 986 108 009, no correo electrónico agro.adrproderpontevedra@mundo-r.com, ou nas oficinas da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
XORNADA DE DIVULGACIÓN E VALORIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
XORNADA MEDIOAMBIENTAL
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
XUNTANZA DA AXENDA 21 ESCOLAR. A21: O cambio é posible |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro martes 6 de maio de 10:00 a 13:00 no Parque da A Seca en Poio terá lugar unha "Xuntanza da Axenda 21 Escolar. A21: O cambio é posible” , convocada polo Servicio de Educación para a Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na que colaboran as asesoras e asesores do Centros de Formación e Recursos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as técnicas dos concellos de Poio e Ponte Caldelas e a Axente Comarcal de sostibilidade do Núcleo de Sostibilidade da Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II-Comarca de Pontevedra. Os participantes son alumnos e profesores dos centros escolares da comarca con Axenda 21 escolar: CEIP A Reigosa, CEIP de Lourido, CEIP de Viñas, CEIP Isidora Riestra, CEIP Manuel Cordo Boullosa, CEP de Espedregada, e IES de Pontecaldelas.
"A21: O cambio é posible” , é un xogo dinámico a prol da sostibilidade, que parte da necesidade de xerar un sentimento de pertenza ao programa. En definitiva, estamos a falar dun alumnado galego implicado e comprometido coa sostibilidade, e polo tanto, iso ten que ser unha seña de identidade grupal.
Preséntase a xuntanza como un Xogo dinámico, no que, agrupados en equipos de alumnado de diferentes centros educativos (11-12 compoñentes), acompañados dun profesor/a, irán pasando por unha serie de probas ou estacións, nas que se valorará a capacidade de traballar en equipo, a análise de situacións, os debates e a toma de decisións consensuadas, a súa creatividade, solidariedade, etc..O xogo estará presentado por un “druída” (Anxo Moure_contacontos), que será o guía dos equipos para a consecución dos fins propostos
Máis información no teléfono 986 108 144, no fax 986 108 009, no correo electrónico adrproderpontevedra@mundo-r.com, nsi.pontevedra@mundo-r.com ou nas oficinas da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
XUNTA DIRECTIVA DA ADR |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O mércores 16 de abril de 2008, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Concello de Pontevedra reuniuse a Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA.
Entre os asuntos que se trataron figuran na Orde do día a solicitude de inclusión da Comarca de Pontevedra no Proxecto piloto de implantación de tecnoloxía Wimax para acceso a internet da Consellería de Medio Rural e a Consellería de Innovación de Industria.
Á reunión da Xunta Directiva foron convocados os alcaldes dos cinco concellos do territorio do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra (Pontevedra, Ponte Caldelas, Poio, Barro e Vilaboa), os representantes das distintas Mesas Sectoriais, das entidades financeiras Caixanova e Caixa Galicia, o representante da Universidade de Vigo e membros do equipo técnico da ADR.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O mércores 16 de abril de 2008, de 18,30 a 20,00 horas na Biblioteca do Concello de Barro tivo lugar o terceiro obradoiro de autocompostaxe no rural: A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI.
Repartíronse 25 kit de autocompostaxe os asistentes inscritos e que asinaron a carta de compromiso de implicarse no compostaxe.
O xoves 17 de abril de 2008, de 18,30 a 20,00 horas na Escola obradoiro de A Seca en Poio, terá lugar o cuarto e último obradoiro de autocompostaxe no rural: A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI.
Esta actividade de sensibilización está financiada polo Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra, proxecto da Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
AUTOCOMPOSTAXE EN PONTE CALDELAS |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O mércores 9 de abril de 2008, de 18,30 a 20,00 horas na Casa de Cultura do Concello de Ponte Caldelas terá lugar o segundo obradoiro de autocompostaxe no rural: A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI. Esta actividade de sensibilización está financiada polo Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra, proxecto da Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA.
Realizaranse 4 obradoiros públicos con reparto de kits de compostaxe nos concellos de Barro, Ponte Caldelas, Poio e Vilaboa e dez obradoiros nos centros educativos dos concellos anteriores. Estes obradoiros terán lugar no mes de abril deste ano.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Xornada de Medio Ambiente |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II - Comarca de Pontevedra organiza a Xornada de Medio Ambiente ao abeiro do proxecto de cooperación Aprendendo da experiencia propia nos programas de desenvolvemento rural.
Esta xornada será a última das xornadas temáticas de presentación dos resultados dos programas de desenvolvemento rural no período 2000 - 2006. As anteriores abordaron as áreas da actividade agroalimentaria, o benestar social, o turismo, a promoción económica e os grupos de acción local.
A Xornada celebrarase no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra en horario de 10:00-14:30 e de 18:00-20:00.
Podedes ver o programa da xornada en máis información.
Unha vez rematada a xornada dará comezo a Asemblea Xeral de Socios da ADR.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
OS CONCELLOS DA COMARCA DE PONTEVEDRA REFORZAN AS ACTIVIDADES DA AXENDA 21 EXISTENTE |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Pontevedra, 26 de marzo de 2008.- Dentro do marco da iniciativa de Núcleos de Sostibilidade promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, os municipios de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa conforman un Núcleo de Sostibilidade. O principal obxectivo desta iniciativa é contribuír no proceso de creación de municipios que sexan exemplo de crecemento económico e social, á vez que un modelo de respecto e protección do medio ambiente.
Unha das actuacións que se levan a cabo dentro deste programa é a adaptación da Axenda 21 da Comarca de Pontevedra. Esta iniciouse no ano 2003, e actualmente xa se puxeron en marcha moitos dos proxectos, seleccionados e priorizados nas mesas de participación cidadá e no Consello de Axenda 21 -órgano consultivo de xestión- creado para tal fin.
Polo tanto, e con motivo da implantación do programa de Núcleos de Sostibilidade, o vindeiro xoves 27 de marzo ás 19:30 horas no seminario nº 6 do Pazo da Cultura de Pontevedra vaise convocar, como todos os anos, ao Consello da Axenda 21 Local. Neste acto a Axencia de Desenvolvemento Rural ADR Proder II da Comarca de Pontevedra e a empresa Idom informarán aos asistentes, entre outros aspectos, das novas actuacións que se van a levar a cabo durante o 2008 e o 2009, nos catro municipios (Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa).
Ditas actuacións consistirán principalmente na revisión do Plan de Acción existente e de todos aqueles datos que poidan ter importancia para a planificación a longo prazo do futuro desenvolvemento sostible dos municipios; na posta en marcha dun novo Sistema de Información Xeográfica específico para o Núcleo de Sostibilidade e a presentación dun novo Plan de Comunicación e Plan de Participación Cidadá.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PRESENTACIÓN PLAN DE AUTOCOMPOSTAXE NO RURAL: A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O martes 25 de marzo de 2008, ás 12:30 horas na Casa de Cultura do Concello de Ponte Caldelas presentarase o Plan de autocompostaxe no rural: A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI . Esta actividade de sensibilización está financiada polo Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra, proxecto da Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA.
Realizaranse 4 obradoiros públicos con reparto de kits de compostaxe nos concellos de Barro, Ponte Caldelas, Poio e Vilaboa e dez obradoiros nos centros educativos dos concellos anteriores. Estes obradoiros terán lugar no mes de abril deste ano. As datas e lugares de realización informaranse na rolda de prensa.
Á rolda de prensa asistirá o alcalde do concello de Ponte Caldelas e membros do equipo técnico da ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra (Pontevedra, Ponte Caldelas, Poio, Barro e Vilaboa).
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
XORNADAS "OS IMPACTOS DOS GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL NO DESENVOLVEMENTO RURAL" (2000-2006). |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O Proxecto de Cooperación Interterritorial organizado polos Grupos de Acción Local A ULLOA, RIO LOR, EUROEUME, TERRA DAS MARIÑAS, ASDECOMOR e ADR PRODER II Comarca de Pontevedra organizan as seguintes xornadas:
AGROINDUSTRIA venres 15 de febreiro de 2008 Casa da Cultura de Monterroso
GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL venres 22 de febreiro de 2008 Casa da Cultura de Bóveda
TURISMO sábado 23 de febreiro de 2008 Casa da Cultura do Concello de A Capela
PROMOCIÓN ECONÓMICA venres 28 de marzo de 2008 Pazo de Mariñán Concello de Bergondo
SERVICIOS SOCIAIS sábado 29 de marzo de 2008 Casa da Cultura do Concello de Ordes
MEDIO AMBIENTE venres 4 de abril de 2008 Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra
XORNADA FINAL PRESENTACIÓN DO PROXECTO o mércores 21 de maio de 2008 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Xornada gratuíta previa inscrición no correo electrónico xornadascooperacion@gmail.com
maís información en : www.desenvolvementorural.blogspot.com
Tlf. 981 669 532 - Fax 981 673 574
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
1º BANCO DO TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR continúa coa estratexia de comunicación da creación do primeiro Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, de xeito que se afronte a organización do tempo dos/as cidadáns/ás con criterios de sostibilidade, en especial das mulleres.
As charlas divulgativas vanse celebrar por toda a comarca, sendo o calendario previsto o seguinte;
- Martes 20 de novembro ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Vilaboa (Riomaior) , na que participará o Alcalde D.José Luís Poceiro Martínez.
- Mércores 21 de novembro ás 19:00 horas na Casa do Concello de Poio, na que participarán o Alcalde D.Luciano Sobral Fernández e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible D.Gregorio Luís Agis Gómez.
- Mércores 21 de novembro ás 20:30 horas na Casa Parroquial de Marcón (Pontevedra) .
- Xoves 22 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Ponte Caldelas, na que participará unha concelleira do Concello de Ponte Caldelas.
- Venres 23 de novembro ás 20:00 horas no Teleclube de Lérez (Pontevedra) .
Os bancos do tempo, son espazos concibidos para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares nun determinado entorno urbano ou rural. En definitiva, é un mecanismo de mutua axuda no que os/as participantes deben aportar e beneficiarse ao mesmo tempo.
Calquera muller, home, maior ou persoa nova pode participar no Banco do Tempo, previa inscrición na Secretaría do Banco do Tempo na que deberá:
- Depositar unhas horas de tempo e ofrecer un servicio que quere dar o resto dos/as socios/as e en que horarios estaría disposto.
- A cambio, demanda tempo doutra/s persoa/s para algunhas necesidades do seu día a día.
Debese ter en conta que a unidade de intercambio é o tempo, porque o tempo é a riqueza principal.
Entre os intercambios que, a priori parecen máis propicios, se poden destacar a Atención ás persoas, o Coidado do corpo e da saúde, as Tarefas domésticas, Informática ou o Transporte entre outros.
As xornadas están abertas a todos/as interesados/as en participar activamente e coñecer de primeira man o que significaría implicarse e participar no BANCO DO TEMPO.
Para calquera consulta ou información poñerse en contacto con Laura Nieto Zas e/ou Juan Manuel Cernadas Pintos no Telf. 986 10 81 44 ou enviar un correo electrónico o enderezo: adrproderpontevedra@mundo-r.com.
Máis Información...
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
CURSO VALORIZACIÓN DA PRODUCCIÓN FORESTAL: TÉCNICAS SILVÍCOLAS |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro luns 5 de novembro as 18:30 dará comezo o curso de "Valorización da Producción Forestal: Técnicas Silvícolas" que a A.D.R. PRODER II Comarca de Pontevedra organiza ata o 10 de novembro no Casa da Cultura de Vilaboa con máis de trinta persoas inscritas.
Organízase este curso co obxectivo de orientar unha actividade silvícola cara a xeración de madeira de primeira calidade que poida acadar un maior prezo no mercado e, por tanto, contribúa a incrementar o valor engadido da produción de madeira dos montes da comarca pola que actualmente se recibe un prezo mínimo.
O curso conta con poñentes de recoñecido prestixio na xestión forestal en Galicia como Agustín Blond Arredondo, Enxeñeiro Técnico Forestal do Servizo de Montes e Industrias Forestais da Consellería do Medio Rural en Pontevedra que exporá as “Recomendacións xerais par a valorización dos recursos forestais“.
O sábado 10 a Visita de campo a varios montes da provincia de Pontevedra.
Máis información no teléfono 986 108 144, no fax 986 108 009, no correo electrónico adrproderpontevedra@mundo-r.com, ou nas oficinas da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN SOBRE “AXENDA 21 ESCOLAR” |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro mércores 24 de outubro as 09:00 no Casal de Ferreirós (Avda. Andurique, nº43) San Salvador de Poio terá lugar unha “Reunión sobre A21E” convocada polo Servicio de Educación para a Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II-Comarca de Pontevedra dirixida os centros escolares da comarca.
Os integrantes dos centros escolares: profesores, alumnos e familias levarán a cabo distintos proxectos tomando como referencia os principios do desenvolvemento sostible. Destacan os proxectos de innovación, formación, saídas, unidades didácticas orientadas a xestión do entorno no marco da educación para a sostibilidade etc. Todo isto supón un gran esforzo a asumir polo persoal do propio centro a través da participación e implicación de toda a comunidade escolar.
O acto estará presidido polo Coordinador da A21E da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e asistirán os directores e encargados da xestión da A21E dos centros escolares e a ADR.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
EXPOSICIÓN sobre O cambio Climático: “O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN” |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro martes 23 de outubro as 10:30 dará comezo a exposición “O noso Mundo, o noso Futuro, a nosa Opción” que a ADR (Asociación de Desenvolvemento do Rural) PRODER II Comarca de Pontevedra a través do seu programa do Núcleo de Sostibilidade organizan ata o 14 de Novembro no Casal de Ferreirós (Avda. Andurique, nº43) San Salvador de Poio.
Esta exposición sobre o Cambio Climático fai unha chamada de atención a todos, co lema Actúa xa!, e trata temas como por exemplo ¿Cómo contribuímos nós o cambio climático?, ¿Porqué nos debe preocupar?, ¿Temos que preocuparnos en Galicia? etc. A inauguración será levada a cabo polo Director Xeral de Desenvolvemento Sostible o mércores 24 de outubro e asistirán os representantes das corporacións municipais e socios da ADR. A asistencia a este acto faise extensible os cidadáns en xeral.
Na organización da exposición cedida polo CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- participa tamén a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e o A.D.R. PRODER II.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PREMIADOS NO CONCURSO RECICLARTE 08
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PREMIADOS NO CONCURSO RECICLARTE 08
Os concellos de Barro, Poio, Vilaboa e Ponte Caldelas do Núcleo de Sostibilidade informan da inauguración e entrega de premios da exposición do concurso de obras de arte, con materiais reciclados ReciclARTE 08 na ó mércores 22 de outubro na sala de exposicións da Finca da Crega do concello de Barro:
-A INAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN REALIZARASE ÁS 18:30 H
-A ENTREGA DE PREMIOS ÁS 19:00 H
O acto estará presidido polo alcalde do concello
- A categoría 1º ciclo de primaria quedou deserta por falta de participantes.
- O premio na categoría 2º ciclo de primaria para ”Poliluz ” de Mateo Lois Vázquez.
- O premio na categoría 3º ciclo de primaria para “ Barrense ” de Aroa Outón Regueiro.
- Premio na categoría 1º ciclo de secundaria para “ Spirit ” de Alberto Rebón Boullosa Martín Mosteiro Vázquez Alejandro Gontad López.
- Premio na categoría 2º ciclo de secundaria para “Maky” de David Maquieira Buceta.
- Premio na categoría de adultos para “Pavito” de Asociación Alba.
Mención especial para:
- Fantasía de Lorena Seijo Pardo polo aproveitamento dos materiais reciclados
- Amazonas de Adriana Vidal Iglesias, Fátima Torres e Irene Mosteiro pola orixinalidade.
Máis información: NSI-ADR c/Santa Clara 4, 2º 36002 Pontevedra. Telf. 986108144 .Fax 986 108009
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
PRESENTACION DO NUCLEO SOSTIBILIDADE INTEGRADA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro mércores 24 de outubro as 11:00 no Casal de Ferreiros (Avda. Andurique, nº43) San Salvador de Poio terá lugar a presentación do "Núcleo de Sostibilidade", no marco do convenio de colaboración entre Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II-Comarca de Pontevedra.
Este núcleo que xurdiu da ADR está integrado polos concellos de Poio, Barro, Ponte Caldelas e Vilaboa e ten como fin posibilitar a integración, a nivel local, de todas as accións susceptibles de ser promovidas polas administracións municipais e autonómica que garden relación directa coa consecución dun desenvolvemento local sostible. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible financiará nos concellos implicados, actividades de sensibilización e educación sobre sostibilidade, a implantación do sistema de xestión ambiental e a realización de Investimentos propostos pola ADR. O orzamento por parte da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o Núcleo de sostibilidade é de 267.000 euros.
A ADR executará as actuacións citadas anteriormente, e no eido dos investimentos actuacións en: eficiencia enerxética, adecuación da estructura urbana ás necesidades dos modos de mobilidade sostible e fomento das sinerxías entre o patrimonio natural e cultural. A ADR, dentro deste convenio financia unha “Axencia comarcal de sostibilidade” cá dotación dun axente comarcal de sostibilidade.
O acto de presentación estará presidido polo Director Xeral de Desenvolvemento Sostible e asistirán representantes das corporacións municipais integrantes da ADR. A asistencia a este acto faise extensible a todos os socios e cidadáns en xeral.
Máis información no teléfono 986 108 144, no fax 986 108 009, no correo electrónico adrproderpontevedra@mundo-r.com, nsi.pontevedra@mundo-r.com ou nas oficinas da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR ORGANIZA OBRADOIROS NO CONCELLO DE BARRO |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra en colaboración coa Rede de Dinamizadores da Sociedade de Información está a organizar obradoiros de informática nos meses de agosto e setembro no Concello de Barro.
As datas do Segundo Obradoiro de Iniciación á Informática están xa previstas. Terá lugar na aula de informática da Biblioteca do Concello de Barro en catro sesións de dúas horas cada unha que terán lugar os martes 10:30h. a 12:30h. dende o 21 de agosto ao 11 de setembro. As prazas están limitadas ó número de ordenadores existentes polo que as solicitudes atenderanse en rigorosa orde de chegada. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas poderá organizarse unha nova edición do obradoiro, os martes e xoves, nas datas do 18 ao 27 de setembro coa mesma distribución horaria.
Este curso está dirixido a persoas adultas sen coñecementos de informática e repartirase en dúas horas de aprendizaxe do rato e o teclado, dúas para o uso do correo electrónico, unha para a navegación polas páxinas Web e tres para a iniciación ós procesadores de texto.
OBRADOIROS EN VILABOA E PONTE CALDELAS Así mesmo se están a organizar para o vindeiro mes de setembro obradoiros de contido similar nos Concello de Vilaboa e Ponte Caldelas.
Calquera persoa interesada pódese inscribir ata o día 20 de agosto chamando ó teléfono 986 108 144, no enderezo electrónico dinami_cris@terra.es ou achegándose á sede da ADR.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ASINADO O CONVENIO DE COLABORACIÓN |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Miguel Anxo Fernández Lores, presidente da ADR Proder II Comarca de Pontevedra, e Manuel Aguilar López, director da Obra Social de Caixa Galicia, asinaron o pasado día 27 de abril, no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, un convenio de colaboración mediante o que avanzarán na inserción sociolaboral de colectivos con especiais dificultades da comarca de Pontevedra a través do acceso a Microcréditos da entidade financeira.
O convenio de colaboración converte a ADR en entidade colaboradora de Caixa Galicia na difusión e xestión dos microcréditos co obxectivo de facilitar o acceso ao financiamento a proxectos viables que conduzan ao autoemprego e á creación de microempresas, promovidos por persoas pertencentes a colectivos con especiais dificultades da comarca de Pontevedra, ademais de combater a exclusión financeira fomentando unha distribución máis igualitaria das oportunidades.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
INAGURACIÓN DO PARQUE PÚBLICO RÍO AREAL |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Mañá xoves 12 de abril, as 13:00 horas, o Concello de Vilaboa ten prevista a inauguración do Parque construído sobre o Recheo de Ríomaior. Trátase dun proxecto realizado ao abeiro do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra. A este acto acudirán membros da Xunta Directiva da ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra co seu presidente á cabeza, D. Miguel Anxo Fernández Lores.
LUGAR. Desenvocadura de Río Maior (ao lado do Centro de Educación Primaria Río Maior)
HORA: 13:00 horas.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ACTA MESA SECTORIAL AGROGANDEIRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
MESA SECTORIAL AGRO GANDEIRA.
ACTA DE REUNIÓN.
DATA: 14 de marzo de 2007
HORA: 19:00 horas
LUGAR: Pazo de Congresos de Pontevedra.
ASISTENTES:Pola Mesa Sectorial Agrogandeira:
Agustín Amodeo Malvar, representante da Sociedad Coop. Agraria “Serra do Suído”
Pola ADR PRODER II - Comarca de Pontevedra: Laura Nieto Zas, Juan Manuel Cernadas Pintos e Cristina Conde Escaloni.
Reúnese a Mesa Sectorial Agro Gandeira coa seguinte orde do día.
•Presentación da Dinamizadora da Sociedade da Información, Cristina Conde Escaloni
•Informe do representante da mesa sectorial.
•Propostas de liñas de actividade para o ano 2007.
•Renovación da Mesa Sectorial.
PUNTO PRIMEIRO: Presentación da Dinamizadora da Sociedade da Información, Cristina Conde Escaloni.
Coméntase a presenza dunha nova persoa no cadro técnico da ADR co obxectivo de realizar a dinamizadora tecnolóxica do sector primario comarcal e dáse conta das posibilidades do seu traballo futuro. Acórdase que asistirá á vindeira Xunta Directiva da Cooperativa para organizar actividades cos seus asociados.
PUNTO SEGUNDO: Informe do representante da mesa sectorial.
Fíxose un repaso aos proxectos aprobados definitivamente ao abeiro do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra.
PUNTO TERCEIRO: Propostas de liñas de actividade para o ano 2007.
Coméntase as posibilidades de actuacións a desenvolver na Liña de Afianzar a presenza da ADR no Sector Primario. Dáse conta de cursos que se van organizar en colaboración coa Fundación Comarcal do Morrazo:
-Roza selectiva
-Poda de formación.
Coméntanse os cursos propostos pola Mesa Sectorial de Comunidades de Montes:
-Poda e enxerto de froiteiras
-Aproveitamento de fincas para cultivos alternativos e innovadores (herbas medicinais,...)
-Retos socioeconómicos dos Montes da Comarca (orientacións para a súa posta en valor)
Agustín Amoedo propón a realización dun curso de identificación de herbas medicinais.
Fálase tamén da posibilidade de organizar viaxes para coñecer proxectos asociativos de interese como a cooperativa de artesanía do liño e herbas medicinais existente no Geres – Portugal, ao interior da provincia de Lugo para coñecer experiencias de explotacións gandeiras en terreos forestais, ou a Paredes de Coura (Portugal) onde existe unha área recreativa de pesca e outras actividades complementarias.
Agustín Amoedo propón tamén a realización dunha proposta a quen corresponda para que as estradas novas que se realicen se fagan con peches para evitar as invasións polos animais soltos.
Ao fío da proposta da Mesa Sectorial Vitivinícola de facer unha festa do viño, Agustín comenta a posibilidade de ceder un becerro para organizar unha festa. Laura Nieto propón que coincida coa celebración da Asemblea Xeral.
PUNTO CUARTO: Renovación da Mesa Sectorial.
Ratifícase a Agustín Amoedo Malvar como representante da Mesa Sectorial.
Non habendo máis asuntos que tratar, deuse por finalizada a reunión ás 20:40 horas do día 14 de marzo de 2007.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ACTA MESA SECTORIAL VITIVINÍCOLA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
MESA SECTORIAL VITIVINÍCOLA
ACTA DE REUNIÓN
DATA:12 de marzo de 2007
HORA: 19:00 horas
LUGAR:Pazo de Congresos de Pontevedra.
ASISTENTES:Pola Mesa Sectorial Vitivinícola:
Xosé manuel Boullosa e Iglesias, representante da Asociación de Viticultores San Martiño de Vilaboa
J. Manuel Rodríguez Acuña, representante da Asociación de Viticultores do Concello de Pontevedra “Val do Lérez”
Pola ADR PRODER II - Comarca de Pontevedra: Laura Nieto Zas, Juan Manuel Cernadas Pintos..
Reúnese a Mesa Sectorial Vitivinícola coa seguinte orde do día:
•Presentación da Dinamizadora da Sociedade da Información, Cristina Conde Escaloni
•Informe do representante da mesa sectorial.
•Propostas de liñas de actividade para o ano 2007.
•Renovación da Mesa Sectorial..
PUNTO PRIMEIRO: Presentación da Dinamizadora da Sociedade da Información, Cristina Conde Escaloni.
Coméntase a presenza dunha nova persoa no cadro técnico da ADR co obxectivo de realizar a dinamizadora tecnolóxica so sector primario comarcal e dáse conta das posibilidades do seu traballo futuro.
PUNTO SEGUNDO: Informe do representante da mesa sectorial.
Fíxose un repaso aos proxectos aprobados definitivamente ao abeiro do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra.
PUNTO TERCEIRO: Propostas de liñas de actividade para o ano 2007.
Juan Manuel Cernadas Pintos expón os catro primeiros puntos continuando Laura Nieto a exposición das liñas de actividade para o 2007 aprobadas pola Xunta Directiva para sometelas á opinión e avaliación da Mesa Sectorial de xeito que poida establecer as súas prioridades e incluso incorporar outras medidas de acción que consideren de interese.
No que respecta a Liña de Afianzar a presenza da ADR no Sector Primario, dáse conta de cursos que se van organizar en colaboración coa Fundación Comarcal do Morrazo:
-Roza selectiva
-Poda de formación.
Coméntanse os cursos propostos pola Mesa Sectorial de Comunidades de Montes:
-Poda e enxerto de froiteiras
-Aproveitamento de fincas para cultivos alternativos e innovadores (herbas medicinais,...)
-Retos socioeconómicos dos Montes da Comarca (orientacións para a súa posta en valor).
J. Manuel R. Acuña propón a realización de cursos sobre manexo de produtos fitosanitarios que teñen moita demanda.
Proponse tamén a realización de viaxes de intercambio a outros grupos de Desenvolvemento Rural que teñan traballado temas do viño como poderían ser os localizados na Ribeira Sacra ou Betanzos.
Dentro da estratexia de dinamización do Sector Vitivinícola comarcal acórdase a organización dunha Feira do Viño da Comarca de Pontevedra que podería ter lugar entre abril e maio do ano 2008, preferentemente no mes de abril.
PUNTO CUARTO: Renovación da Mesa Sectorial.
Ratifícase a Xosé Manuel Boullosa como representante da Mesa Sectorial.
Ante a falta de asistencia dos socios coméntase a posible renovación dos estatutos da ADR no senso de incluír a figura da baixa temporal por non asistencia ás convocatorias dos órganos de funcionamento da ADR.
Por outra banda, J. Manuel Rodríguez da conta de que el tivo unha acreditación de Viticultor asociado á Denominación de Orixe Rías Baixas e que podería ser interesante informarse sobre esta figura acudindo por exemplo aos arquivos da Cámara Agraria Provincial .
Tamén solicítase que se pida á Misión Biolóxica de Galicia copia do estudio que se estaba a facer sobre patróns de albariño.
Non habendo máis asuntos que tratar, deuse por finalizada a reunión ás 20:45 horas do día 12 de marzo de 2007.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ACTA MESA SECTORIAL DE COMUNIDADES DE MONTES |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
MESA SECTORIAL COMUNIDADES DE MONTES
ACTA DE REUNIÓN
DATA: 8 de marzo de 2007
HORA: 20:00 horas
LUGAR: Pazo de Congresos de Pontevedra
ASISTENTES: Pola Mesa Sectorial de Comunidades de Montes:
Claudio Quintillán Vallejo (C. MM. Rega dos Agros), con voto delegado da C. MM. De Tarrío - Samieira
Adolfo J. Abeledo Moreira (C. MM. Castro – Lampán)
Alberto Lema Couso (C. MM. Pazos), con voto delegado da Mancomunidade de Montes de Ponte Caldelas
Perfecto Vilariño Pacheco (C. MM. A Insua)
Manuel López Sanchez (C. MM. Caldelas)
Antonio Tacón Sánchez (C. MM. Lourizán)
José Carlos Portela (C. MM. Canicouva)
Juan José González Crespo (C. MM. Santa María de Xeve)
Cesáreo Piñeiro (C. MM. Silvoso)
Pola ADR PRODER II - Comarca de Pontevedra: Laura Nieto Zas, Juan Manuel Cernadas Pintos e Cristina Conde Escaloni.
Reúnese a Mesa Sectorial de Comunidades de Montes coa seguinte orde do día:
•Presentación da Dinamizadora da Sociedade da Información, Cristina Conde Escaloni
•Informe do representante da mesa sectorial.
•Propostas de liñas de actividade para o ano 2007.
•Renovación da Mesa Sectorial.
PUNTO PRIMEIRO: Presentación da Dinamizadora da Sociedade da Información, Cristina Conde Escaloni.
Preséntase á dinamizadora tecnolóxica e dáse conta das posibilidades do seu traballo futuro. O presidente da Comunidade de Montes da Canicouva reclama a posibilidade de que se desprace un autobús informatizado ao rural para facilitar o acceso aos cursos e obradoiros a moita xente que non se desprazaría a Pontevedra para realizalo.
PUNTO SEGUNDO: Informe do representante da mesa sectorial
Claudio Quintillán expón a situación actual do proxecto da Mesa de creación dunha Planta de Compostaxe Comarcal. Reclama a implicación do proxecto por parte dos Concellos. Laura Nieto comenta que o punto de partida do proxecto ten que ser a oferta de solo para o seu desenvolvemento xa que os posibles socios cos que se ten contactado e que estarían interesados en investir na creación da planta poñen como condición dispor dun emprazamento viable para a planta. Acórdase traballar neste senso.
Acórdase falar coas comunidades de montes que se atopan preto da zona sinalada como idónea polo Estudio de Viabilidade para o establecemento da planta: C. MM. A Reigosa – coa que xa se falou e levarano á próxima Asemblea, C. MM. De Marcón e C. MM. De Vilarchán. Outra zona de interese podería ser Curro e Campañó.
Indícase que o próximo paso sería falar coa Delegada Provincial da Consellería de Política Territorial , Obras Públicas e Transporte para sondar a posibilidade de instalación da planta en monte veciñal.
Finalmente, fíxose un repaso aos proxectos aprobados definitivamente ao abeiro do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra.
O presidente da Comunidade de Montes de Silvoso, Cesáreo Piñeiro, pregunta pola inclusión do Camiño do Padre Sarmiento de Soutomaior á Fracha na Rede Comarcal de Sendeiros. Respóstaselle que non está incluído na proposta definitiva aprobada pola Mesa Sectorial de Asociacións.
PUNTO TERCEIRO: Propostas de liñas de actividade para o ano 2007.
Juan Manuel Cernadas Pintos expón os catro primeiros puntos continuando Laura Nieto a exposición das liñas de actividade para o 2007 aprobadas pola Xunta Directiva para sometelas á opinión e avaliación da Mesa Sectorial de xeito que poida establecer as súas prioridades e incluso incorporar outras medidas de acción que consideren de interese.
Laura Nieto dá conta de cursos que se van organizar en colaboración coa Fundación Comarcal do Morrazo:
-Roza selectiva
-Poda de formación.
Claudio Quintillán dentro do eixe 5 Afianzar a presenza da ADR no sector primario: agrario, gandeiro e forestal, e no punto primeiro de organización de actividades formativas propón os seguintes temas.
-Poda e enxerto de froiteiras
-Aproveitamento de fincas para cultivos alternativos e innovadores (herbas medicinais,...)
-Retos socioeconómicos dos Montes da Comarca (orientacións para a súa posta en valor)
O presidente da Comunidade de Montes de Caldelas propón que a Consellería de Medio Rural estableza proxectos pilotos (tres por provincia) exemplificadores do que é a boa xestión forestal.
PUNTO CUARTO: Renovación da Mesa Sectorial.
Ratifícase a Claudio Quintillán como representante da Mesa Sectorial.
Ante a falta de asistencia dos socios coméntase a posible renovación dos estatutos da ADR no senso de incluír a figura da baixa temporal por non asistencia ás convocatorias dos órganos de funcioamento da ADR.
Laura Nieto comenta tamén a posibilidade de que as Comunidades de Montes deleguen nas Mancomunidades a súa presencia na ADR o que non se aproba por considerarse pouco efectivo.
Informa o representante da Comunidade de Montes da Canicouva que o presidente da súa Comunidade faleceu recentemente e que outra persoa ocupará o seu cargo. A Mesa, no seu conxunto, dá o seu pésame.
Non habendo máis asuntos que tratar, deuse por finalizada a reunión ás 22:00 horas do día 8 de marzo de 2007.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ACTA MESA SECTORIAL DE EMPRESARIOS E PROFESIONAIS |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
MESA SECTORIAL EMPRESARIOS
ACTA DE REUNIÓN
DATA: 7 DE FEBREIRO de 2007
HORA: 19:00 horas
LUGAR: Sala Reunións 2 - Centro Social Caixanova
ASISTENTES: Pola Mesa Sectorial de Empresarios:
José María Rodríguez - AEMPE
Jesús Rodríguez Farto - Moblegal
Juan Vázquez - Promociones Caldelas
Juan José Paz Andrade
Pola ADR PRODER II - Comarca de Pontevedra: Laura Nieto Zas, Juan Manuel Cernadas Pintos e Cristina Conde Escaloni
Reúnese a Mesa Sectorial de Empresarios coa seguinte orde do día
•Presentación da dinamizadora da sociedade da información
•Informe do representante da mesa sectorial.
•Propostas de liñas de actividade para o ano 2007.
•Elección / ratificación do representante para o vindeiro período de tres anos.
PUNTO PRIMEIRO Presentase á dinamizadora tecnolóxica: Cristina Conde Escaloni e dase conta das posiblidades do seu traballo futuro.
PUNTO SEGUNDO: Informe do representante da mesa sectorial
Fíxose un repaso aos proxectos aprobados definitivamente ao abeiro do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra.
PUNTO TERCEIRO: Propostas de liñas de actividade para o ano 2007.
Por parte do equipo técnico da ADR expuxéronse as liñas de actividade para o 2007 aprobadas pola Xunta Directiva para sometelas á opinión e avaliación da Mesa Sectorial de xeito que poida establecer as súas prioridades e incluso incorporar outras medidas de acción que consideren de interese.
PUNTO CUARTO: Elección / ratificación do representante para o vindeiro período de tres anos.
Ratifícase a José María Rodríguez como representante da Mesa Sectorial.
Non habendo máis asuntos dos que tratar, deuse por finalizada a reunión ás 21:00 horas do día 25 de xaneiro de 2007.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
ACTA MESA SECTORIAL ECONOMÍA SOCIAL |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
MESA SECTORIAL ECONOMÍA SOCIAL.
ACTA DE REUNIÓN.
DATA: 25 de xaneiro de 2007
HORA: 16:30 horas
LUGAR: Pazo de Congresos de Pontevedra.
ASISTENTES:Pola Mesa Sectorial de Economía Social:
María del Carmen Puga Pereiro (Asociación Juan XXIII)
Manuel Pérez Cabo (Asociación Síndrome Down “Xuntos”)
Mónica Touriño Soto (Asociación Amencer)
Montse García González (Asociación de Ayuda a Enfermos Psíquicos “Alba”)
Ángel Alonso (Asociación Inclusión)
Pola ADR PRODER II - Comarca de Pontevedra: Laura Nieto Zas, Marco Antonio García Rodríguez, Juan Manuel Cernadas Pintos e Cristina Conde Escaloni
Reúnese a Mesa Sectorial de Economía Social e Terceiro Sector coa seguinte orde do día:
•Informe do representante da mesa sectorial.
•Propostas de liñas de actividade para o ano 2007.
•Elección / ratificación do representante para o vindeiro período de tres anos.
Presentase á dinamizadora tecnolóxica: Cristina e dase conta das posiblidades do seu traballo futuro.
PUNTO PRIMEIRO: Informe do representante da mesa sectorial
María del Carmen Puga da conta do seu labor como representante da Mesa Sectorial na Xunta Directiva así como da súa participación na auditoría de funcionamento encargada por AGADER. Fíxose un repaso aos proxectos aprobados definitivamente ao abeiro do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra.
PUNTO SEGUNDO: Propostas de liñas de actividade para o ano 2007.
Por parte do equipo técnico da ADR expuxéronse as liñas de actividade para o 2007 aprobadas pola Xunta Directiva para sometelas á opinión e avaliación da Mesa Sectorial de xeito que poida establecer as súas prioridades e incluso incorporar outras medidas de acción que consideren de interese.
No punto 1.3. coméntase a posiblidade de facer formación sobre o tema de protección de datos e accesibilidade universal.
Proponse incorporar como criterio de valoración de proxectos cara a un posible novo programa de desenvolvemento rural a accesibilidade universal.
PUNTO TERCEIRO: Elección / ratificación do representante para o vindeiro período de tres anos.
Ratifícase a María del Carmen Puga como representante da Mesa Sectorial.
Non habendo máis asuntos dos que tratar, deuse por finalizada a reunión ás 19:00 horas do día 25 de xaneiro de 2007.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SINATURA DE SEIS CONTRATOS DE AXUDA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Hoxe martes día 5 de decembro as 11,00 horas no salón de plenos do Concello de Pontevedra a Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asinará seis contratos de axuda cinco deles de caracter productivo. Os proxectos subvencionados son: “Restauración de pista deportiva, construción de vestiarios no Bao” (Poio); ”Creación de restaurante e pensión en Ponte Caldelas”; “Creación de Restaurante Típico en Combarro” (Poio); “Creación de lavandería tinturería en Ponte Caldelas”; “Creación de Restaurante Típico en Liñares” (Poio) e “Creación de Apartamentos Turísticos en Cobres” (Vilaboa), os contratos acadan un total de 388.050,29 euros de axuda pública. Estes contratos asinaranse por Miguel Anxo Fernández Lores, como presidente da ADR, e polos promotores dos proxectos.
Esta axuda que hoxe se concede procede dos seguintes Organismos Públicos: FEOGA - Orientación, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, AGADER, e os concellos que se integran no programa – Barro, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa-.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
INAGURACIÓN DE CENTRO DE DÍA E VIVENDA COMUNITARIA EN PONTE CALDELAS |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
INAGURACIÓN DE CENTRO DE DÍA E VIVENDA COMUNITARIA EN PONTE CALDELAS.
Hoxe venres día 20 de outubro as 18.30 horas inaugúrase o “O centro de día e vivenda comunitaria DIACOPEVI S.L.” situado na avenida de Pontevedra, 49 en Ponte Caldelas. Este centro está deseñado para a atención de 32 persoas no Centro de Día e a Vivenda Comunitaria contará con 12 prazas.
Este proxecto que ten como promotor a DIACOPEVI S.L., foi subvencionado ao abeiro do programa PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA concedéndoselle unha axuda de 107.806,47 euros que supón o 37,55 % do investimento, unha das maiores porcentaxes concedidas a un proxecto produtivo. Na actualidade o proxecto está certificado parcialmente nun 66 %.
O promotor comprometeuse á creación de 8 postos de traballo.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SINATURA DE DOUS CONTRATOS DE AXUDA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O próximo venres día 13 de outubro as 12,00 horas no salón de plenos do Concello de Pontevedra a Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asinará dous contratos de axuda que teñen como promotores o Concello de Pontevedra e o Concello de Poio, os títulos dos dous expedientes son: “Itinerario cultural pola parroquia de Ponte Sampaio” e “Rehabilitación de muíños da Freixa” os contratos alcanzan un total de 99.686,10 euros e 110.575,46 euros de axuda pública respectivamente.
Estes contratos asinaranse, o primeiro por Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde do Concello de Pontevedra e Perfecto Rodríguez Muíños como secretario da ADR e o segundo por Luciano Sobral como alcalde do Concello de Poio e Miguel Anxo Fernández Lores como presidente da ADR.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SINATURA CONTRATO DE AXUDA “RESTAURACIÓN DE RETABLOS, BIBLIOTECA E IGREXA DO MOSTEIRO DE POIO" |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Hoxe xoves día 31 de agosto as 11,15 horas no salón de plenos do Concello de Pontevedra a Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asina un contrato de axuda que ten como promotor aos Mercedarios Mosteiro San Xoán de Poio, o título do expediente e RESTAURACIÓN DE RETABLOS, BIBLIOTECA E IGREXA DO MOSTEIRO DE POIO o contrato alcanza un total de 150.000 euros de axuda pública. Este contrato asinase entre Miguel Anxo Fernández Lores como presidente da ADR e Justo Linaje Alonso – Armiño en representación de Mercedarios Mosteiro de San Xoán de Poio.
Obxectivo de valoración do patrimonio rural e local
Lugar: Concello de Poio.
“Restauración de retablos, biblioteca e igrexa do Mosteiro de Poio”. O obxectivo do presente proxecto de caracter non productivo e acometer diferentes obras de recuperación arquitectónica e artística do patrimonio do Mosteiro de Poio, en particular, preténdense restaura-los retablos e facer reformas no claustro e na propia igrexa para mellorar o seu estado de conservación.
Os diferentes investimentos que se queren acometer no Mosteiro de San Xoán de Poio son os seguintes:
• Restauración de nove retablos laterais da Igrexa,
• Reformas na cuberta, no interior e no claustro de dita igrexa.
A reforma da biblioteca posponse para máis adiante por falta de fondos públicos.
Se concede unha axuda para a “Restauración de retablos, biblioteca e igrexa do Monteiro de Poio” do 76,35 % a aplicar sobre o investimento elixible xustificado de 274.977,59 €, por un importe limitado á dispoñibilidade actual na medida de VALORIZACIÓN DO PATRIMONIO RURAL E LOCAL de cento cincuenta mil euros (150.000 €).
Esta axuda que hoxe se concede procede dos seguintes Organismos Públicos: FEOGA - Orientación, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, AGADER, e os concellos que se integran no programa – Barro, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa-.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SINATURA CONTRATO DE AXUDA PROXECTO "CREACIÓN DA ÁREA ARQUEOLÓXICA DE A CAEIRA" |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Mañá mércores día 19 de xullo as 12.45 horas no salón de plenos do Concello de Pontevedra a Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asinará un contrato de axuda que ten como promotor ao Concello de Poio: CREACIÓN DA ÁREA ARQUEOLÓXICA DE A CAEIRA, o contrato alcanza un total de 210.152,27 de axuda pública. Este contrato asinarase entre Miguel Anxo Fernández Lores como presidente da ADR e Luciano Sobral como alcalde do Concello de Poio.
Obxectivo de valoración do patrimonio rural e local
Concello de Poio. “Creación da área arqueolóxica da Caeira”. O obxectivo do presente proxecto de caracter non productivo é lograr a adecuación medio ambiental da área arqueolóxica existente en Boa Vista (A Caeira) para facer a visita a mesma o máis completa posible e, o mesmo tempo, favorecer as actividades de conservación e investigación no terreo da arqueoloxía, a través dunha serie de obxectivos sobre as actuacións medio ambientais que a continuación se enumeran:
1. Reestructuración do medio natural o estado máis similar posible o que presumiblemente estaba no período no que se gravaron os petroglifos.
2. Facilitar a observación dos petroglifos e a aprehensión do seu significado.
3. Facilitar a visita e permanencia na área.
4. Permitir a mellor conservación dos petroglifos e as labores de investigación sobre os mesmos.
Con este obxectivo, o proxecto inclúe a creación de sendeiros e recuperación da rede de camiños existentes, mediante a colocación de plataformas e elementos para contemplación dos gravados, ordenación dunha zona de aparcadoiro no acceso a área arqueolóxica, o valado perimetral da mesma e o deseño e colocación de señalítica na zona, así como actuacións sobre a masa forestal para despexar o entorno inmediato a cada petroglifo.
Se concede unha axuda para a “Creación da área arqueolóxica de A Caeira” do 85,05 % a aplicar sobre o investimento elixible xustificado de 534.899,89 €, por un importe limitado á dispoñibilidade actual na medida de VALORIZACIÓN DO PATRIMONIO RURAL E LOCAL de douscentos dez mil cento cincuenta e dous euros (210.152,27 €),
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
REUNIÓN DO CONSELLO DA AXENDA 21 LOCAL DA COMARCA DE PONTEVEDRA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro luns 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, ás 19:00 horas no seminario nº 6 do Pazo da Cultura de Pontevedra reunirase o Consello da Axenda 21 Local da Comarca de Pontevedra, nesta xuntanza aprobarase o Plan de Acción e Indicadores de Seguimento da Axenda 21 Local e tamén, se procede, a Declaración Ambiental da Axenda 21 Local.
Ademais, entregarase os alcaldes dos Concellos Barro, Ponte Caldelas, Poio e Vilaboa o conxunto de documentos da Auditoría da Axenda 21 da Comarca de Pontevedra, para dar a coñecer ó conxunto da cidadanía, axentes sociais, económicos locais e entidades locais e supra-locais, a súa implicación no desenvolvemento sostible da comarca e do planeta.
Os documentos xa elaborados da Axenda 21 da Comarca de Pontevedra poden consultarse na páxina web www.adrproderpontevedra.org.
Pola importancia e interese social do evento convídase a tódalas persoas e axentes sociais interesados en participar. Ademais, a xuntanza contará coa presenza do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Juan Manuel Frojan Fontan .
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Sinatura de sete contratos de axuda |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
A Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asina hoxe 4 de maio ás 11:30 sete contratos de axuda con sendos promotores de proxectos acollidos ao programa de axudas PRODER II – Comarca de Pontevedra.
Os contratos asinados hoxe alcanzan un total de 672.039,91 € de axuda pública, dos cales 502.655,34 € están destinados a investimentos turísticos productivos no medio rural, 50.505,68 € destinados a recuperación do patrimonio e 118.878,89 € a fomento de pequenas empresas.
Concello de Vilaboa:
Obxectivo de fomento de investimentos turísticos no medio rural
Jacobo González Fernández. “Creación dunha casa de turismo rural en Vilaboa”. O proxecto consiste na rehabilitación dunha casa para turismo rural en Cornello no lugar de Acuña, Concello de Vilaboa. O proxecto desenvolverase en dúas fincas de 957,86 m2 e 681,87 m2 separadas por unha pista municipal, situadas en Cornello - Acuña, Concello de Vilaboa. Na primeira emprázase a edificación en forma de L que data de finais do século XIX e a segunda acondiciónase, con zona de axardinamento e urbanización do terreo e creación de zonas deportivas. A distribución, acorde as necesidades da vivenda constaría, entre outras, de tres habitacións dobres e tres individuais.
Se concede unha axuda por importe de 82.781,35 € o que supón o 33,07 % do investimento total aprobado de 250.321,59 €
Noroeste Trading S.A. “Ampliación da Rectoral de Cobres”. O proxecto consiste na ampliación do establecemento de turismo rural "Rectoral de Cobres" mediante a execución de obras destinadas a construción dunhas novas estancias anexas ó edificio principal co obxectivo de incrementar a capacidade de aloxamento pois, na actualidade, a demanda no establecemento é superior a oferta que ten dispoñible o establecemento.
Se concede unha axuda por importe de 72.629,48€, o que supón o 32,59 % do investimento total aprobado de 222.858,18 €.
Concello de Poio:
Obxectivo de valoración do patrimonio rural e local
Manuel Castro Cores. “Rehabilitación cuberta da igrexa de San Roque de Combarro”. O obxectivo do proxecto e levar a cabo obras de rehabilitación da cuberta da Igrexa de San Roque de Combarro, consiste na desmontaxe da cubrición e da estrutura da cuberta, na demolición do falso teito abovedado de ladrillo, na colocación correctamente illada da nova cuberta respectando as mesmas características técnicas e histórico – artísticas que a cuberta existente actual, quedando a vista a estrutura de madeira.
Se concede unha axuda por importe de 50.505,68 €, o que supón o 77,78 % do investimento total aprobado de 64.934,02 €.
Obxectivo de fomento de investimentos turísticos no medio rural
José Javier Chamadoira Muíños. “Creación de Hotel Rústico en Poio”. O proxecto consiste na rehabilitación de edificio de vivenda unifamiliar para Hotel Rústico no lugar de Vilariño, na parroquia de San Xoán do Concello de Poio. O promotor dispón dun inmoble en estado de ruina cunha finca 663,00 m2. de superficie que contará no seu estado final con cinco habitacións.
Se concede unha axuda por importe de 62.316,31 €, que supón o 31,22 % do investimento total aprobado de 199.603,83 €.
Pepe Vieira S.L., “Construción restaurante típico en Poio”. O proxecto consiste na construción dun restaurante típico no lugar de A Serpe, na parroquia de Raxó, Concello de Poio. O promotor inicialmente so abrirá o restaurante que adicarase tanto a comidas segundo carta como para celebracións e banquetes.
Se concede unha axuda por un importe máximo de 250.000,00 €, que supón o 34,17 % do investimento total aprobado de 731.685,06 €.
Concello de Pontevedra:
Obxectivo de fomento das pequenas empresas e actividades de servizos
Cogapedra, S.L. “Creación de taller de pedra”. O proxecto ten por obxecto a traslado, modernización e ampliación dunha empresa dedicada á transformación de pedra e outros produtos derivados.
Se concede unha axuda por importe de 118.878,89 €, que supón o 32,15 % do investimento total aprobado de 369.763,26 €.
Obxectivo de fomento de investimentos turísticos no medio rural
José Miguel González Lastra. “Rehabilitación casa de turismo rural en Cerponzóns”. O proxecto consiste na rehabilitación dunha casa para turismo Rural no lugar de Mean s/n, dentro da parroquia de Cerponzóns no Concello de Pontevedra. A parcela sobre a que se localiza o inmoble ten unha superficie de 2.840 m2. e este unha superficie construída que supera os 120 m2 e útil de 97,02 m2. A distribución, acorde as necesidades, da vivenda constaría de salón, cociña e tres dormitorios con baño.
Se concede unha axuda por importe de 34.928,20€, que supón o 34,07 % do investimento total aprobado de 102.518,94 €.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Sinatura contratos de “Vivenda comunitaria para discapacitados” e “Creación dunha empresa “ |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O mércores 26 de abril a Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asinará dous contratos de axuda, un coa Fundación tutelar galega para persoas con discapacidade intelectual “Salvora” para a rehabilitación de vivenda comunitaria para persoas con discapacidade e outro coa empresa Ancestral servicios musicais S.L., para a creación dunha empresa de servicios musicais, os dous no Concello de Ponte Caldelas.
Os proxectos enmárcanse no obxectivo de fomento das pequenas empresas e actividades de servizos, como seria no caso da vivenda comunitaria, cubri- la demanda de servizos de respiro e lecer e mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, no caso da creación de empresa de servizos musicais prestará servizos de contratación de músicos e espectáculos de carácter funcional: cerimonias, concertos didácticos, espectáculos personalizados, etc.. O acto de sinatura terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Pontevedra ás 12:30 horas e estará presente o Alcalde de Ponte Caldelas, o Alcalde de Pontevedra en representación da ADR e os promotores dos proxectos.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SINATURA CONTRATO PROXECTO DE “EMPRESA DE TRABALLOS E MANTEMENTO DE ESTRUC SOMERXIDAS" |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
O vindeiro venres 17 de marzo a Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asinará un contrato de axuda coa empresa Trabajos y Mantenimientos de Estructuras Sumergidas S.L., para a creación dunha empresa de traballos e mantemento de estruturas somerxidas no Concello de Poio.
O proxecto enmárcase no obxectivo de fomento das pequenas empresas e actividades de servicios, como seria prestar servizos de perforación e voadura subacuático, reparación de condutos subacuáticos e loita contra a contaminación no medio mariño, entre outras.
O acto de sinatura terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Pontevedra ás 11:00 horas e estará presente o Alcalde de Poio e o Alcalde de Pontevedra en representación da ADR.
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
SINATURA CONTRATOS DE AXUDA |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
Sinatura contratos de axuda para os proxectos de “Senda fluvial, rehabilitación de espazos e elementos arquitectónicos no río Lérez” e “Creación de empresa de informática en Combarro”.
O vindeiro venres 3 de marzo a Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asinará dous contratos de axuda, o primeiro co Concello de Pontevedra, para un proxecto de senda fluvial, rehabilitación de espazos e elementos arquitectónicos no río Lérez, e o segundo cun promotor, Don Antonio Rosalés Barros para a creación dunha empresa de informática denominada “Servicios informáticos combarro, S.L. “ no Concello de Poio.
O primeiro proxecto enmárcase no obxectivo do programa de valorización do patrimonio rural e local, neste caso a través da é recuperación do Lérez, mentres que o segundo enmarcaríase no obxectivo de fomento das pequenas empresas e actividades de servicios, como seria as actividades de mantemento de instalacións, a venda e reparación de material informático, servizos a empresas.
O acto de sinatura terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Pontevedra ás 12:00 horas e estarán presentes o Alcalde de Poio en representación da ADR e o alcalde de Pontevedra entre os promotores dos proxectos
|
 |
 |
 |
 |
 |
|
|
 > Boletín 1 (pdf 234kb)
 > Boletín 2 (pdf 224kb)
 > Boletín 3 (pdf 755kb)
 > Boletín 4 (pdf 375kb)
 > Boletín 5 (pdf 897kb)
 > Boletín 6 (pdf 836kb)
 A A·D·R dispón dun boletín cuatrimestral, Con-marca Proder Pontevedra, que pode descargar en formato pdf.

 |