|
 A A·D·R PRODER II - Comarca de Pontevedra mantén aberta a convocatoria de axudas ó abeiro do programa de desenvolvemento rural “Valorización do territorio”. Calquera empresa ou entidade que vaia desenvolver unha actividade no ámbito territorial dos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa e Pontevedra, excepto o seu núcleo urbano, pode beneficiarse destas axudas que dispoñen dun orzamento total de 9.745.508,15 euros, sempre que os seus fins sexan coincidentes cos obxectivos e liñas estratéxicas marcadas por este programa de desenvolvemento rural e cumpran os requisitos da convocatoria.
Esta
convocatoria de axudas réxese segundo as Bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia nº 73 do día 18 de abril de
2005, agás as modificacións que se publicaron no Boletín Oficial da Provincia nº
30 do día 13 de febreiro de 2006.
O prazo de solicitude destas axudas finalizará o 30 de
marzo de 2006.
|