 |
A A-D-R
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
TABOLEIRO DE AVISOS
SENDEROS
A Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra, constituíuse
en outubro do ano 2001 como grupo de acción local para se-lo núcleo de
integración e representación dos diferentes axentes territoriais,
institucionais, sociais e económicos, públicos e privados, interesados
en promove-lo desenvolvemento da zona.
Estatutos
Regulamento de Réxime Interno
> A A·D·R e o programa de desenvolvemento rural
Subir
No
pasado ano, a A·D·R foi seleccionada pola Axencia Galega de
Desenvolvemento Rural (AGADER) para levar adiante o seu programa de
“Valorización do territorio” dentro do programa Proder II, nos termos
municipais dos Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra,
agás o seu núcleo urbano, e Vilaboa.A estratexia de
desenvolvemento concibida pola asociación ten como obxectivo final a
valorización do territorio, incidindo na mellora da calidade de vida da
poboación local a partir da valorización do patrimonio natural, cultural
e do fomento da cohesión social.Deste enfoque global desenvólvense os seguintes obxectivos específicos coas súas correspondentes liñas estratéxicas:> Revitalización e proxección do patrimonio natural e culturalcoidado e restauración do patrimonio culturalrecuperación de espacios degradados e da paisaxepotencia-lo turismo de calidadedifusión do patrimonio local> Mellora da calidade de vidaintegración social e de xénerocreación de PEMES e mellora dos servicios á poboaciónvalorización de productos agroforestais locais> Facilita-la participación cidadá nos procesos de decisióndifusión-animación do programa> Implantación da Axenda 21 Localauditoría medioambientalplan de participación cidadá
> Órganos de Goberno
Subir
A A·D·R réxese por unha Asemblea Xeral, unha Xunta Directiva e Mesas Sectoriais.· A Asemblea XeralA Asemblea Xeral é o órgano supremo da Asociación e está integrada por tódolos membros efectivos que nela teñen dereito a voto.A
Mesa da Asemblea está constituída por un Presidente, un Vicepresidente e
un Secretario, aparte das persoas xurídicas que están representadas por
cadanseu representante legal.A Asemblea Xeral reúnese con
carácter ordinario unha vez ó ano ou con carácter extraordinario a
petición da Xunta Directiva, por propia iniciativa, ou por requirimento
de polo menos un tercio dos asociados.
· A Xunta DirectivaA
Xunta Directiva é o órgano de goberno, xestión e representación da
Asociación, constituída polo seu Presidente, polos Vicepresidentes
Primeiro e Segundo, un Secretario, un Tesoureiro e trece vocais, así
como un representante por cada un dos concellos pertencentes á A·D·R.
Igualmente están representados os sectores público e privado e cada unha
das Mesas Sectoriais.
· As Mesas SectoriaisAs
asociacións integradas na Asemblea Xeneral organízanse en Mesas
Sectoriais nas cales se poñen en común a problemática do sector que
representen, coa fin de establecer posibles actuacións de mellora,
canalizando á Comisión Executiva aquelas suxestións, demandas, proxectos
e iniciativas que o sector poida expoñer.As Mesas Sectoriais
constitúen a base da participación e difusión da información para as
entidades que operan no territorio. Teñen como finalidade dinamizar
sectorialmente ós actores locais implicados no desenvolvemento do
territorio, así como servir de canle informativo das actividades da
Asociación.Actualmente as Mesas Sectoriais organízanse da seguinte forma:Administración Pública e outros Organismos (entidades locais, financeiras e outras institucións)Comunidades de MontesComercio e Artesanía Empresarios e ProfesionaisTurismo RuralMulleresXuvenís, Culturais, Recreativas e VeciñaisEconomía Social e Terceiro SectorSector Agro GandeiroSector ForestalSector Vitivinícola
> Admisión de socios
Subir
As
persoas xurídicas que desexan adquiri-la condición de socio de número
na Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II-Comarca de Pontevedra
dos Concellos de Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa e Barro,
deberán presentar solicitude subscrita polo representante legal da
entidade na sede da Asociación conforme o modelo que teña establecido a
Xunta Directiva, acompañando á mesma:Memoria de actividades do último añoAcreditación da representación que ostenteUnha
vez recibida a solicitude, examinarase a documentación presentada así
como o cumprimento dos requisitos esixidos para causar alta na
Asociación, emitindo informe favorable ou desfavorable, que xunto coa
solicitude será sometido polo Presidente á consideración da Xunta
Directiva na inmediata sesión que se celebre con obxecto de que resolva o
pertinente. En caso de observarse deficiencia na documentación
presentada e, previo á emisión do informe, o Presidente requirirá ó
interesado a que corrixa a mesma dispoñendo dun prazo de dez días
hábiles, transcorridos os cales sen ser rectificados, se dará a
solicitude por desestimada, dictando a Presidencia a correspondente
resolución.Adoptado o acordo de admisión, procederase pola
Secretaría a súa inscrición no libro de socios, con asignación do número
de orden que lle corresponda.Documentación que debe acompañar ó modelo de solicitude de admisión como socio da
A·D·R (pdf 110 Kb):> Copia compulsada do C.I.F.> Copia compulsada dos estatutos e escritura pública no seu caso
> A A·D·R e o programa de desenvolvemento rural> Órganos de goberno> Admisión de socios
|
 |
|
|