Castellano


O programa Acción Costeira ten como obxectivo xestionar a liña de acción dos Fondos Europeos de Pesca (40 millóns de euros), a través da concesión de axudas aos proxectos que se presenten ante os Grupos de Acción Costeira que se constitúan como medida para desenvolver proxectos que fomenten a sostenibilidade social, económica e ambiental das zonas costeiras.
> O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra
En cada territorio, o programa de acción costeira é deseñado e executado polo Grupo de Acción costeira (GAC), cuxa principal actividade está enfocada á dinamización, promoción, selección e seguimento de proxectos que contribúan ao desenvolvemento sostible da zona costeira.

O GAC constitúese como entidade sen ánimo de lucro e intégrano as entidades representativas dos seguintes sectores:

Sector Pesqueiro: asociacións e entidades de interese colectivo pesqueiro, marisqueiro e acuícola con persoalidade xurídica propia

Sector Económico: integrado polas asociacións de empresarios, de axentes económicos e organizacións sindicais

Sector Social: integrarán este sector as asociacións socilticulturais, deportivas, ecoloxistas, recreativas e educativas, as asociacións de mulleres e outras similares

Sector Público: integrado polas administracións públicas de ámbito local e entidades do sector público vinculadas ou dependentes destas
> O Plan Estratéxico Zonal
O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra elaborou o Plan Estratéxico Zonal (PEZ) do territorio no que deberán encadrarse os proxectos presentados nas convocatorias de axudas que de forma anual publique a Consellería do Mar.

o PEZ Ría de Pontevedra (pdf 4,30 Mb)

[18/12/2009] Selección e contratación dun técnico de dinamización do GAC Ría de Pontevedra (diplomado en turismo ou en xestión de empresas e actividades turísticas)

As bases do proceso de selección están dispostas a continuación e fixaranse nos taboleiros de anuncios dos Concellos de Bueu, Marín, Poio e Sanxenxo. No prazo de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio, os/as candidatos/as deberán presentar instancia dirixida ao Sr. Presidente no Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra no Rexistro do Concello de Marín, segundo modelo anexo ás Bases da convocatoria, a fotocopia do DNI e a xustificación documental dos requisitos e méritos alegados.  

o Bases para a selección e contratación dun técnico de dinamización do Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra (pdf 128 Kb)

[18/12/2009] Selección e contratación dunha asistencia técnica para a sensibilización e promoción do Plan Estratéxico Zonal (PEZ) do GAC Ría de Pontevedra   

Importe do contrato: 60.000 euros para o ano 2010, prorrogable en anos seguintes por un importe de 25.000 euros, actualizables co IPC.

As  bases de contratación están dispostas a continuación e fixaranse nos taboleiros de anuncios dos Concellos de Bueu, Marín, Poio e Sanxenxo. No prazo de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio, deberán presentarse as ofertas dirixidas ao Sr. Presidente no Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra no Rexistro do Concello de Marín, segundo ás Bases da convocatoria.  

o Bases para a selección e contratación dunha asistencia técnica para a sensiblización e promoción do PEZ do Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra (pdf 106 Kb)

[12/08/2010] Selección e contratación dunha asistencia técnica para a sensiblización e promoción do PEZ do Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra  

Importe do contrato: 35.000 euros

As  bases de contratación están dispostas a continuación e na web www.accioncosteira.es. No prazo de 20 días naturais a contar dende a publicación deste anuncio (ata as 14.00 horas), deberán presentarse as solicitudes no Rexistro do Concello de Marín, segundo ás Bases da convocatoria.  

o Bases para a contratación dunha asistencia técnica para a realización de actividades de dinamización ao abeiro do Plan Estratéxico Zonal (PEZ) do Grupo de Acción Costeira núm. 6 Ría de Pontevedra (pdf 106 Kb)

Para máis información, poden contactar no mail gacpontevedra@gmail.com ou no teléfono 698 180 887

 
Plan Estratéxico Zonal Ría de Pontevedra (pdf 4,30 Mb)



Bases para a selección e contratación da xerencia do Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra (pdf 121 Kb)

Selección e contratación da xerencia do Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra: listaxe e valoración provisional de admitidos (jpg 493 Kb)

Selección e contratación da xerencia do Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra: listaxe e valoración definitiva de admitidos (pdf 150 Kb)

Checking: valoración de méritos Xerente GAC(pdf 246 Kb)

Selección e contratación da xerencia do Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra: puntuacións finais e proposta de contratación (pdf 279 Kb)




Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
Rúa Santa Clara, 4 - 2º 36002 - Pontevedra | Telf. 986 10 81 44 | Fax. 986 10 80 09 | adrproderpontevedra@mundo-r.com