Castellano

Festas

 

 

 

 

 

As festas máis nomeadas deste concello son as de santo Adrián (que se celebran desde o 16 de xuño ata o domingo seguinte) e santa Cristina (o 24 e 25 de xullo), patróns das parroquias de Santa Cristina e San Adrián de Cobres. Tamén se festexan o Corpus e san Xoán (o 24 de xuño) en Vilaboa, as Angustias en santa Cristina o derradeiro domingo de setembro e san Bieito, o 11 de xullo, en Figueirido.

As festas do entroido merecen unha mención especial, ao tratarse dunha das festas con máis arraigo en Galicia. Declarada festa de interese turístico, o entroido de Cobres destaca pola combinación de ritos, coidados e barrocos atavíos, danzas, cantares, composicións musicais... As figuras das “madamas” e dos “galáns” son os protagonistas desta festa, ataviados con chamativos traxes cunha base branca enfeitada con colares, sombreiros, flores, plumas, abelorios... Traxes de grande orixinalidade e do máis rechamante.

O festexo remata coa popular corrida do galo, coa degustación do típico “bandullo” e co sermón do entroido, onde un predicador fala en ton xocoso dos acontecementos que se deron durante ese ano.

Outra festa que cómpre mencionar son os Maios, que se celebra o primeiro día do mes de maio. Os mozos constrúen un armazón de madeira recuberto de flores de cores que é paseado pola vila acompañado de cantos que critican a vida social de Vilaboa.

Finalmente, como é tradicional nas vilas mariñeiras, as festas do Carme celébranse en San Adrián e reúnen a numerosos fieis que acompañan á Virxe nunha procesión pola ría.

 

Galán
Madamas
Madamas e galáns
Madamas e galáns
     
> Festas
> VILABOA

 

 

 

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
> Créditos fotográficos