Castellano

Patrimonio arqueolóxico

 

 

 

 

 
O concello de Vilaboa é rico en pegadas arqueolóxicas pertencentes a distintas épocas históricas. Abundan especialmente os restos megalíticos que proban a existencia de poboadores desde tempos moi remotos. Así, de entre os distintos gravados rupestres que atopamos no municipio destaca a chamada “Pedra dos Mouros”, situada no lugar de Paredes; sobre ela encóntranse gravados nos que se combinan as formas circulares coa imaxe dun cérvido. A ras do chan pode verse outro conxunto de gravados formados por círculos concéntricos, unha cazoleta e diversos trazos irregulares. Tamén presentan gran interese os gravados rupestres coñecidos como Puncariño, Trevexada, Outeiro das Laxes, Outeiro dos Apañados e Outeiro da Mina, todos eles en Vilaboa e declarados Patrimonio Histórico-Artístico.

É interesante mencionar que no municipio tamén se atoparon un gran número de importantes monumentos megalíticos; entre eles sobresae a “Mámoa do Rei”, un conxunto de 8 mámoas pertencentes ao neolítico e situadas nos arredores do lago Castiñeiras. O castro máis popular e coñecido da localidade é o de “Monte da Croa” (no lugar de Acuña), que conta con murallas e no que apareceron numerosos utensilios de uso caseiro.

Da época romana quedan vestixios da IV Vía Militar de Braga a Santiago, que se desviaba pola costa cara á península do Morrazo e atravesaba Bértola e Figueirido.

Mámoa do Rei (Coto Redondo)
> Patrimonio arqueolóxico
> VILABOA

 

 

 

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
> Créditos fotográficos