Castellano

Arquitectura relixiosa

 

 

 

 

 
Gozan de grande interese as súas cinco igrexas parroquiais de estilo románico, aínda que moi reformadas, entre as que sobresae a de San Martiño de Vilaboa, que conserva dous fermosos capiteis do século XII decorados a base de motivos vexetais, zoomorfos e antropomorfos. Aínda que a primitiva igrexa data de 1387 foi ampliada nos anos 1673 e 1859, segundo consta nas inscricións situadas na parte externa dos muros. A fachada, de estilo barroco, está enmarcada por unha esbelta torre-campanario rematada en cúpula e pináculo.

En función do seu ano de construción, os outros catro templos son: a igrexa de Santo Adrián de Cobres (1417), de Santa Comba de Bértola (1528), Santo André de Figueirido (1556) e Santa Cristina de Cobres (1678).

Na parroquia de Santa Cristina de Cobres, atopamos a capela do Bo Xesús, que abeira no seu interior unha imaxe de máis de 600 anos de antigüidade que representa ao Cristo xacente, gardada nunha urna de cristal. Segundo conta a lenda, esta imaxe intentárona roubar pero na metade do camiño deixárona, debido ao seu peso, cando para sorpresa de todos a imaxe apareceu na capela sen ser levada por mans humanas.

 

San Martiño (Vilaboa)
Santo Adrián (Cobres)
Santa Comba (Bértola)
Capela do Bo Xesús (Santa Cristina de Cobres)
     
> Arquitectura relixiosa
> VILABOA

 

 

 

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
> Créditos fotográficos