Castellano

Patrimonio etnográfico

 

 

 

 

 

O patrimonio etnográfico do concello de Pontevedra posúe unha ampla variedade de manifestacións. Destacan especialmente os cruceiros e os muíños. Os primeiros son un elemento moi presente en todo o municipio, incluso dentro da zona urbana, chegando a contabilizarse máis dunha centena. A parroquia de Alba acolle numerosos cruceiros, e mesmo un deles foi fonte de inspiración para o ilustre Castelao na realización da súa senlleira obra “As cruces de Pedra na Galiza e na Bretaña”. O cruceiro máis antigo que atopamos neste concello sitúase na parroquia de Campañó, no lugar da Balseira, pertencente ao século XVI.

No caso dos muíños a cantidade é moi similar, mais a maior parte deles atópanse en estado ruinoso ou carentes dalgunha das súas pezas de funcionamiento interiores. Na parroquia de Cerponzóns consérvanse varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento. Da mesma maneira, na parroquia de Santa María de Xeve, podemos atopar unha ampla variedade destes elementos nas marxes do regato dos Fontáns.

Tamén existen exemplos de petos de ánimas, interesantes sepulcros traballados nalgún dos camposantos das parroquias e numerosas fontes. Así, por exemplo, na parroquia de Bora atopamos un fermoso peto de ánimas situado na marxe do embalse, coa imaxe de Cristo crucificado xunto con tres ánimas.

 

Peto de ánimas en Bora
 
> Patrimonio etnográfico
> PONTEVEDRA

 

 

 

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
> Créditos fotográficos