Castellano

Arquitectura relixiosa

 

 

 

 

 

Entre a arquitectura relixiosa que posúe o concello hai que sinalar as igrexas parroquiais, que suman un total de quince, entre as que destacamos o templo parroquial de Santa María de Alba, de estilo neoclásico-barroco e consagrado por don Diego Xelmírez, que a primeiros do século XII adquirira a propiedade do templo, reconstruíndoo e converténdoo en diocese.

Digna de mención é tamén a de San Pedro de Campañó, orixinariamente de liñas románicas, pero debido ao seu estado ruinoso iniciouse a construción da actual capela maior a comezos do século XVIII. No seu interior, destaca unha imaxe gótica da Virxe do O, do século XIV. Non podemos esquecer mencionar a igrexa de San Vicente de Cerponzóns, un edificio do século XII situado nun cotarelo desde o que se divisa unha espléndida panorámica do río Lérez, ou a igrexa románica de Santa María de Sampaio, do século XIII, que pese a ter sufrido importantes reformas, aparece no libro de Hipólito de Sá “Rutas del Románico en la provincia de Pontevedra”.

Pero sen dúbida, destaca o mosteiro beneditino de San Bieito de Lérez, construído nun outeiro desde o que se divisa o leito do río Lérez e onde viviron personaxes de notable relevancia como o Padre Sarmiento ou o Padre Feixóo. Documentalmente téñense noticias da súa existencia nos últimos anos do século IX e primeiros do X. Coa desamortización a finais do século XIX, os monxes foron obrigados a abandonar o mosteiro e a súa igrexa converteuse en igrexa parroquial. Actualmente consérvase anexo á igrexa parte do claustro monacal.

Entre as capelas destaca a de santa Margarida de Mourente, de estilo románico, que acolle no seu adro un carballo de moita sona, varias veces centenario.

 

Mosteiro de san Bieito de Lérez
Capela de santa Margarida
Mosteito de san Bieito
de Lérez
Igrexa de Cerponzóns
I. de Campañó
I. de Ponte Sampaio
 
> Arquitectura relixiosa
> PONTEVEDRA

 

 

 

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
> Créditos fotográficos