Castellano

Patrimonio etnográfico

 

 

 

 

 

Espallados por todo o termo municipal, atopamos máis dun centenar de cruceiros, unha das máis características manifestacións da arquitectura popular galega. Trátase de cruces de pedra que aparecen habitualmente nos adros das igrexas, nas entradas dos cemiterios ou nas encrucilladas de camiños para protección dos camiñantes e santificando espazos relacionados con crenzas pagás que son cristianizados co propio cruceiro. A presenza destes elementos soe ser de orixe devocional, aínda que non faltan os motivos rogativos, de loanza ou de ofrenda como causas da súa construción.

No concello aparecen mostras importantes doutros elementos etnográficos como son os petos das ánimas (que se contan en máis dunha vintena), os muíños, dos que hai innumerableis exemplos en case todas as aldeas do concello, ademais de fontes e lavadoiros.

Os hórreos ou canastros son outros dos elementos dos que atopamos un importante número xa que case todas as casas contan con un.

 

Cruceiro de Guadalupe
(Anceu)
Calvario do lugar
dos Cruceiros (Anceu)
Calvario da igrexa
de Barbudo
Peto de ánimas (Anceu)
Muíño de Cousos
(A Insua)
Pedra do muíño de Cousos (A Insua)
Muíño de Pazos
(Ponte Caldelas)
 
> Patrimonio etnográfico
> PONTE CALDELAS

 

 

 

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
> Créditos fotográficos