O Concello de Ponte Caldelas, segundo datos do padrón do ano 2005 (fonte IGE), ten unha poboación de 6.515 habitantes cunha densidade media de 74,88 hab./km2. Do número total de habitantes, un 51,11% son mulleres e un 48,89% son homes. A maior parte dos residentes son nacidos no concello (75,74%), un 12,61% naceron noutros concellos da provincia, un 3,20% noutra provincia galega, un 2,17% noutra Comunidade Autónoma e un 6,24% no estranxeiro. |