Castellano

Festas

 

 

 

 

 
A máxica noite do 23 de xuño comeza en San Xoán de Poio as festas patronais do mesmo nome.O culto ao lume xoga un papel fundamente nestas festas consogradas ás fogueiras e aos conxuros e remedios que, segundo a lenda, se suceden na noite máis longa do ano. Os mitos contan que esa noite a xente debe escribir tres desexos para máis tarde queimalos na fogueira e que así as súas peticións poidan facerse realidade. Ademais dise que para escorrentar os meigallos se deben saltar as brasas de fogueira e queimar todos os males que rodean á persoa. Pero esta festa tamén ten o seu lado máis popular relaccionado co padal, xa que non sería unha noite nin tan máxica nin tan popular sen as sardiñas asadas, o pan de millo, o viño tinto e, por suposto, a queimada galega co sonado conxuro.

No mes de agosto ten lugar na vila de Combarro a Festa do Mar, un dos eventos anuais máis esperados no concello, por ser unha homenaxe ao mar. As bondades da gastronomía típica da zona poden deleitarse na Mostra Gastronómica, que é un dos pratos fortes da festa, onde atopamos exquisitos manxares elaborados con produtos do mar así como cos mellores caldos galegos e diferentes denominacións de orixe do mel, do queixo, etc, que demostran a calidade da cociña galega.

Tamén a finais do mes de agosto no monte da Escusa, situado no monte Castrove (na parroquia de San Xoán de Poio) celébrase A rapa das bestas. O festexo consiste en botarlles o lazo e apresar aos cabalos que se atopan en estado salvaxe para logo marcalos e posteriormente cortarlles as crines. Considerada como festa tradicional, reúne unha gran cantidade de curiosos que desexan participar nesta celebración campestre.

Outras festas destacadas son: o Corpus en Combarro; o Carme en Campelo e Combarro o 16 de xullo e o 25 será o Santiago en Raxó. No mes de agosto, o 6, é o Divino Salvador en san Salvador e o 16 honran a san Roque en Combarro. A romaría da Renda congrega a numerosos romeiros o 8 de setembro en Xuviño-Combarro, mentras Samieira celebra no mesmo mes As Dores e san Xoán A Mercede o día 24. Tamén cómpre mencionar a Festa da Ameixa, en Campelo, no mes de outubro; o san Martiño, en San Martiño-Poio, o 11 de novembro e santa Lucía, en Samieira, o 13 de decembro.

 
> Festas
> POIO

 

 

 

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
> Créditos fotográficos