Castellano

Datos socioeconómicos

 

 

 

 

 
O concello de Poio está moi condicionado, tanto económica como demograficamente, pola súa proximidade á cidade de Pontevedra, tan só separada pola ponte da Barca. Nas últimas décadas, o municipio experimentou un amplo crecemento demográfico que se debe, en gran parte, á construción de zonas residenciais ás que se trasladaron un bo número de pontevedreses.

Estes factores desencadenaron unha forte demanda de servizos urbanos e o desenvolvemento dunha certa actividade empresarial e comercial. Aínda que a infraestrutura hoteleira é a máis completa da comarca, é o comercio o que dá ocupación á maior parte da poboación activa.

O sector secundario fundaméntase nunha variada industria composta fundamentalmente por empresas madereiras, textís, conserveiras e toda a derivada das actividades pesqueiras, pois a pesca é un dos piares fundamentais da economía do concello, en detrimento da agricultura, que foi perdendo importancia pouco a pouco.


Na actualidade, atendendo á importante demanda de solo industrial existente, está a construírse o polígono de Fraga Moreira en San Xoán de Poio, que ocupará unha extensión de case 440.000 metros cadrados. Ademais de incidir de forma moi positiva na creación de emprego da bisbarra, este polígono aspira a fortalecer a estrutura industrial de Poio, facilitando o asentamento de novas empresas e a implantación de novos servizos.

 

 

Poboación ocupada por subsectores de actividade económica
(Fonte: IGE 2001)

 

> Datos socioeconómicos
> POIO

 

 

 

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
> Créditos fotográficos