O concello de Poio, segundo datos do padrón municipal do ano 2005 (fonte IGE), ten unha poboación de dereito de 14.889 habitantes cunha densidade media de 439,20 hab/km2. Do número total de habitantes, un 49,22% son homes e un 50,78% son mulleres. Máis da metade dos residentes son nacidos no concello (51,56%), un 35,72% naceron noutros concellos, un 4,65% naceron noutra provincia galega, un 4,26% noutra Comunidade Autónoma e un 3,79% no estranxeiro. |