Castellano

Situación

 

 

 

 

 

 

O Concello de Poio atópase no centro oeste da provincia de Pontevedra. Extrema polo norte co concello de Meis; polo leste co de Pontevedra; polo sur coa ría de Pontevedra e polo oeste, cos concellos de Meaño, Sanxenxo e Meis.

A súa superficie, que se aproxima aos 34 km cuadrados, distribúese entre as cinco parroquias das que se compón o municipio. Toda unha extensión por un caminar pintoresco que bordea a ría de Pontevedra pola estrada C-550.

A panorámica da paisaxe campesiña e mariñeira agrándase ao chegar á chaira, amplo adro que se estende por diante da fachada da igrexa e do mosteiro ou da atalaia histórica, chea de lendas e misterio do Monte Castrove. Este, á súa vez, constitúe a cota máis alta do municipio, con 604 metros de altitude e excelentes vistas panorámicas sobre as rías de Pontevedra e Arousa. Estas mesmas vistas tamén se dexergan desde os miradoiros de Alto de Raxó ou de Samieira.

A súa situación considérase afortunada, pois xunta todos os atractivos do agreste da montaña, formada por desafiadoras rochas, e a tranquilidade da súa costa. Un camiño costeiro de aproximadamente 20 km., na ladeira dunha fermosa ría salpicada no seu litoral polas praias, sosegadas e pracenteiras, de Lourido, Campelo, A Canteira, Chancelas, Ouriceira, Covelo, Laño, Sinás ou Raxó. No ano 2006 o Concello acadou, por primeira vez na súa historia, dúas bandeiras azuis para as praias de Xiorto (Raxó) e Cabeceira (San Salvador). A calidade do auga, os servizos de salvamento marítimo e socorrismo, primeiros auxilios, limpeza ou acceso son algúns dos aspectos que se valoran para a concesión destes distintivos europeos.

O municipio está considerado como unha prolongación da cidade de Pontevedra, tanto no comercial, como no cultural e no turístico, todo iso incrementado coa oferta constante que o visitante atopa de mariscos, peixes, carnes e postres diversos, regados dos típicos viños da terra, cultivados e criados nas soleadas vertentes do Castrove.

Pódese chegar a Poio desde A Coruña (132 km), Santiago (61 km) a través da autoestrada AP-9 ou a N-550 ata a saída Pontevedra Norte, onde se colle a C-550 dirección Sanxenxo. Tamén pódese chegar desde Vigo (33 km) pola AP-9, a N-552 ou a N-550 ata Pontevedra, onde se colle a C-550 dirección Sanxenxo.

Desde Lugo (142 km) vaise pola N-640 ata Lalín, onde se accede á estrada PO-200 ata enlazar coa N-541. Desde Pontevedra (5,5 km) tómase a saída Norte que conduce a Poio pola C-550.

Desde Ourense (97 km), pola N-541 ata Pontevedra, onde se toma a C-550 dirección Sanxenxo.

 
> Situación
> POIO

 

 

 

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
> Créditos fotográficos