Castellano

Patrimonio etnográfico

 

 

 

 

 
O municipio de Barro conta cun especial complexo etnográfico á beira do río Barosa. No enclave coñecido como “Parque natural do río Barosa”, nos remansos e fervenzas que se forman, esténdense un conxunto de dezasete muíños que producen admiración aos visitantes. É moi chamativa a súa situación destas construcións así como o son que se producen coa caída da auga.

Por outra banda, en todo o concello existen numerosos petos de ánimas e cruceiros. Entre os primeiros hai que salientar o situado en Porráns cuxo motivo iconográfico aparece presidido por un Cristo acompañado de San Francisco á dereita e a Virxe do Carme á esquerda. Da corda que suxeitan agárranse cinco ánimas para poder conseguir librarse do lume que as atormenta. Este peto tiña un caixón de esmolas, pero na actualidade só conserva o oco. O retablo é de pedra, antigamente pintado de ocre, pois aínda se poden ver os restos desta cor.

Asemade, o número de cruceiros que podemos atopar nestas terras é bastante xeneroso: o cruceiro de Setefontes, en Güimil, o de Valiñas, o de Triabá en Perdecanai ou o da Torre do Curro son só algúns dos máis significativos. Pero destacan pola súa importancia os “cruceiros do Camiño Portugués”. En total son catro monumentos: o de Güimil, o de Lardoeira, o de Valbón e o de Agudelo (a carón da igrexa).

 

Muiños do río Barosa
Muiños do río Barosa
Cruceiro
de Lardoeira
Detalle cruceiro
de Lardoeira
Detalle cruceiro
de Lardoeira
Cruceiro de Triabá
 
> Patrimonio etnográfico
> BARRO

 

 

 

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
> Créditos fotográficos