Castellano

Arquitectura relixiosa

 

 

 

 

 
Entre a arquitectura relixiosa que posúe o concello cómpre suliñar a igrexa parroquial de San Martiño de Agudelo, alto obrigado no camiño portugués de peregrinación a Santiago. Trátase dun templo de construción románica do século XII, estilo ao que pertencen a porta occidental e o ábside de forma semicircular. A portada principal, sita na fachada occidental, crese que foi obra do maestro Mateo, artífice do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago.

Outra igrexa de grande interese é a de Curro, de comezos do sécilo XVI, que presenta algúns elementos do románico. É de estilo oxival tardío que forma un harmonioso conxunto co seu adro e cruceiro.

Ademais do resto de igrexas parroquias, hai polo concello varias capelas que tamén teñen un certo interese: a capela de San Amaro en Portela, a da Nosa Señora das Virtudes en Barro, e as de Santo Antoniño e das Dores, no lugar de Búa.

 

San Martiño de Agudelo
San Martiño de Agudelo
 
> Arquitectura relixiosa
> BARRO

 

 

 

 

Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra
> Créditos fotográficos