A condición de concello de interior fai de Barro un enclave natural de singular beleza, marcado polo verde dos seus montes e prados, todos eles de grande fertilidade. Un dos paraxes máis fermosos do concello ten como escenario as augas do río Ameixeira que configuan unha magnífica fervenza de distintos niveis, con caídas irregulares sobre un terreo marcadamente rocoso. Este salto de auga recibe o nome de Parque Natural do río Barosa. As marxes do río perfílanse cunha interminable sucesión de fermosas variedades autóctonas de flora galega con salgueiros, freixos, loureiros, carballos..., ademais dunha xenerosa cantidade de arbustos como o rusco, o sabugueiro, a xesta... Veciños e curiosos desprázanse a este lugar para gozar dun día apacible nun marco inigualable nas áreas de descanso e merendeiro. O visitante ademais poder darse un baño nas pozas que se forman. O sendeirismo é unha das actividades deportivas que se poden practicar no concello. É o mellor xeito para coñecer os máis agochados recunchos. Son moi fermosas e variadas as vistas panorámicas e dun grande valor paisaxístico. Igualmente, o camiño portugués de peregrinación a Santiago de Compostela atópase cruzado de sur a oeste. Ao longo do camiño, atópanse antigos cruceiros, regatos, áreas de descanso, así como un albergue para pereginos, xa que Barro é parada obrigada para o descanso de camiñantes. |