| |














|
 |


 |
 |
> Obradoiros de Biodiversidade: BÓTATE O RÍO |
[29/04/2009] Estas actividades de Educación Ambiental enmárcanse dentro do Proxecto de Desenvolvemento sostible dos ecosistemas fluviais, promovido polo Núcleo de Sostibilidade Integrada (en diante NSI) da Asociación de Desenvolvemento Rural - Proder II - Comarca de Pontevedra. O NSI confórmanno os Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.
As actividades a realizar están compostas de dúas partes:
-Parte teórica: a desenvolver cos centros de ensino dos concellos do NSI, coas seguintes datas 28 de abril no CEIP Isidora Riestra de Poio, o 29 de abril na Casa de Cultura do Concello de Ponte Caldelas, o 30 de abril na Casa de Cultura de Ríomaior en Vilaboa e o 8 de maio no IES de Barro.
-Parte práctica: obradoiros a desenvolver nas seguintes datas e lugares; Concello de Vilaboa o 9 de Maio no Rego do Ríomaior, Concello de Poio o 9 e 30 de maio na Ruta dos Muíños da Freixa, Concello de Barro o 16 de maio no rego da Barosa e no Concello de Ponte Caldelas o 23 de maio no rego de San Vicente e río Verdugo en Taboadelo.
Este proxecto de Educativo quere acadar entre os participantes unha maior sensibilización sobre o funcionamento e a problemática dos nosos ríos, non so como espectadores, senón dando valor a participación e a reflexión xunto coa capacitación para a acción na resolución dos problemas ambientais destes tan valiosos como fráxiles ecosistemas.
Os obradoiros están destinados a nenos e nenas da Comarca de Pontevedra, conxuntamente cos seus pais e nais e o público en xeral.
Os principais obxectivos do proxecto son:
* Coñecer a biodiversidade e o funcionamento dos ríos galegos, os seus habitantes o papel que desempeñan e valorar a extraordinaria importancia ecosocial destes espazos únicos.
* Avaliar “in situ” o impacto ambiental das especies vexetais invasoras e a alteración que producen nos cursos fluviais e nos bosques de ribeira, e xustificar a necesidade do seu control i erradicación.
* Mostrar as tarefas concretas de control de ditas especies e o proceso de rexeneración ecolóxica da biodiversidade autóctona.
* Realizar experiencias e traballos de campo para coñecer o estado de saúde ambiental e colaborar na mellora e na conservación dos cursos fluviais.
Todas as actividades son gratuítas.
Pódese atopar a información completa, lugares, datas e ficha de inscrición en:
http://obradoirosbiodiversidade.blogspot.com
Para máis información:
A.D.R. PRODER II Comarca de Pontevedra
Núcleo de Sostibilidade Integrada
r/ Santa Clara 4, 2º 36002 Pontevedra
Telf: 986 10 81 44, Fax: 986 10 80 09
www.adrproderpontevedra.org
> Más Información...
|
|
 |
> Perfil del contratante
> Documentos
> Foro de participación
> Contacta con el NSI








 |
 |