LA A-D-R

PROGRAMA DE DESARROLLO RURAL

PROYECTOS

CONVOCATORIA DE AYUDAS

AXENDA 21 LOCAL

TABLON DE AVISOS ENLACES EVALUACION IMPACTO

Situación

O

concello de Barro atópase situado no noroeste da provincia de

Pontevedra. Linda polo sur cos municipios de Poio e Pontevedra, polo

leste co de Moraña, polo norte co de Portas e polo oeste, con Meis. O

municipio está encravado nunha zona de pouca altitude con cumes que

apenas superan os 350 metros, pero o punto máis alto é o monte Acibal

(541 metros). En todo o territorio vanse mesturando a chairas con

pequenos outeiros. Os pequenos regueiros que percorren o municipio

deíxanlle as súas augas ao río Chaín, que cruza o territorio de sur a

norte para envorcar as súas augas no río Umia. O

concello é, ademais, zona de colleita e elaboración de viño albariño.

Pero tamén o é de bo augardente, co que se acostuma a realizar grandes

queimadas. A quen visite

estas terras seralle moi doado chegar porque as grandes estradas do

occidente galego atravesan o territorio. Desde A Coruña (117 km) e

Santiago (46 km) chégase a Barro directamente desde a N-550 ou ben

tomando a AP-9, dirección Pontevedra, ata a salida 93 (Riveira), onde se

enlaza coa N-550 e se fan os últimos 23 km. Desde

Vigo (39 km) chégase á capital provincial pola AP-9 ou pola

N-552/N-550. Unha vez en Pontevedra (12 km) séguese pola N-550 dirección

Caldas de Reis. Desde

Lugo (156 km) viáxase pola N-640 ata Lalín, onde se accede á N-525 ata

Silleda. Unha vez alí, tómase a N-640 ata Caldas de Reis para enlazar

coa N-550 que conduce a Barro. Desde Ourense (99 km), pola N-541 ata Pontevedra e de alí a Barro pola N-550 dirección a Caldas de Reis.

> BARRO > POIO > PONTEVEDRA > PONTE CALDELAS > VILABOA