LA A-D-R

PROGRAMA DE DESARROLLO RURAL

PROYECTOS

CONVOCATORIA DE AYUDAS

AXENDA 21 LOCAL

TABLON DE AVISOS ENLACES EVALUACION IMPACTO

PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA

Subir

O 12 de febreiro ás 11 horas terá lugar a presentación en rolda de prensa do 1º Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra

A ADR continúa coa estratexia de comunicación da posta en marcha do

primeiro Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, de xeito que se

afronte a organización do tempo dos/as cidadáns/ás con criterios de

sostibilidade, en especial das mulleres en consonancia co TÍTULO VI da

Lei 2/2007 do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia.

O Banco de Tempoé unha rede de colaboración entre

particulares, intercambiándose servizos entre os/as seus participantes,

tendo como unidade de cambio a hora de tempo e sen ningunha prestación

económica entre os/as participantes . É un xeito de participación

social da cidadanía baseado nos principios de reciprocidade, confianza e

axuda mútua. Desta forma o Banco de Tempo contribúe a crear vínculos

sociais entre a poboación dunha mesma comunidade e fomenta a integración

da mesma na medida en que toda a comunidade pode acceder aos mesmos

servizos. A posibilidade de conciliar vida familiar, laboral e persoal, está

directamente relacionada coa administración e usos do tempo, tendo

presente o tempo coma recurso para o desenvolvemento persoal e para a

calidade de vida.

Calquera muller, home, maior ou persoa nova pode participar no Banco de

Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo

(localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 –

2º, 36.002 Pontevedra, Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico:

e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org

Entre os intercambios que, a priori parecen máis propicios, pódense destacar a

Formación e educación, Asesoramento/orientación, Atención ás persoas, o

Coidado do corpo e da saúde, as Tarefas domésticas, Informática ou o

Transporte entre outros; por exemplo:

“Xoán leva a traballar a María no seu coche” “María acompaña a Facundo a buscar as receitas ao médico de cabeceira” “Facundo cóntalle contos a filla pequena de Luís ao saires da escola” “Luís ensina a Pedro a facer as labores do fogar” “Pedro ensina a Hortensia a navegar pola rede” “Hortensia ensina a Cristina a mercar peixe no mercado”

PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA

A ADR organiza a Xornada Lúdico – Festiva sobre a Axenda 21 nos Concellos do NSI

Subir

A ADR organiza unha Xornada

lúdico-festiva, demostrativa da implantación da Axenda 21 nos concellos

do Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra: Barro, Poio, Ponte

Caldelas e Vilaboa co obxectivo de contribuír a súa difusión e a das

actuacións realizadas.

A actividade que contribúe o cumprimento da Axenda está aberta ao

público en xeral, en especial aos residentes nos catro Concellos que

teñen implantada a Axenda 21 Comarcal.

O lugar da realización será o Pavillón de Deportes de Vilaboa (Toural – Vilaboa), o sábado 13 de decembro a partir das 16:00

e comprende múltiples actividades: Un inchable e obradoiros de

actividades ambientais para os rapaces, un espacio divulgativo que se

completa con a proxección de audiovisuais.

O remate da xornada farase un sorteo de agasallos.

Para máis información:

A.D.R. PRODER II Comarca de Pontevedra Núcleo de Sostibilidade Integrada r/ Santa Clara 4, 2º Pontevedra Telf: 986 10 81 44, FAX: 986 10 80 09

CONCELLO DE VILABOA Telf: 986 5 www.vilaboa.org

XORNADA SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS

Subir

xúntase o ficha de inscriciónMás Información...

TALLER COA COOPERATIVA DE CONSUMO RESPONSABLE DE PRODUTOS ECOLOXICOS

Subir

Dende o pasado mes de setembro o Concello

de Pontevedra esta a levar a cabo o Programa de Fomento do

Cooperativismo de Consumo Consciente da Comarca de Pontevedra 08,

coordinado pola ADR PRODER II Comarca de Pontevedra. O vindeiro 19 de decembro ás 19horas no Pazo da Cultura de Pontevedra (Seminario 1) 1º Andar vaise levar a cabo unha nova actividade consistente nun TALLER COA COOPERATIVA DE CONSUMO RESPONSABLE DE PRODUTOS ECOLOXICOS "ALMOCAFRE" (CORDOBA -ANDALUCIA) no que participará a súa Presidenta Gala Lorenzo Lobo.

Os contidos do taller son:

- Exposición e debate sobre a evolución histórica da cooperativa Almocafre

- Exposición e debate sobre os diversos ámbitos de actuación e

organización da cooperativa (estratexia comercial; modelo organizativo;

xestión económico -financeira; estratexia político - social da

cooperativa) e desafíos para os próximos anos.

- Contraste co proceso de maduración do Proxecto de Cooperativa de Pontevedra.

Esta actividade enmarcarse na liña do coñecemento de diversas

experiencias de consumo de produtos de orixe ecolóxica cunha fórmula

organizativa de cooperativa, co fin de que permita e facilite o proceso

de maduración do proxecto de cooperativa deste tipo que se pretende

promover na Comarca de Pontevedra, así como crear ligazóns de cooperación con outros proxectos similares na xeografía galega e o resto da Península Ibérica.

Ao taller poderán asistir, para alén das persoas do Grupo Promotor da Cooperativa de Consumo de Pontevedra, aquelas persoas e colectivos interesadas nesta temática e en tomar parte neste innovador Proxecto.

Para confirmar asistencia e solicitar máis información desta actividade podedes chamar aos teléfonos 986 896 526 (SINERXIA) ; 986 108 144 (ADR PRODER II Comarca de Pontevedra). Tamén podedes enviar un correo-e a

XORNADA SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS

Subir

O Núcleo de sostibilidade da Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II - Comarca de Pontevedra ten o pracer de convidalo a XORNADA SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS: UN RETO CARA Á CONSERVACIÓN SOSTIBLE.

DATA:12-13 DE DECEMBRO DE 2008

LUGAR: MOSTEIRO DE POIO (CONCELLO DE POIO)

PÚBLICO DESTINATARIO:

-Técnicos dos concellos, de medio ambiente, xardinería,

urbanismo, obradoiros de medio ambiente, xardinería, gardería forestal

etc.

-Sector económico relacionado coa distribución destas

especies: distribuidores de plantas e animais de compañía, tendas de

mascotas, acuarios, viveiros de planta ornamental, viveiros forestais,

asociacións medioambientais, voluntariado medioambiental....

-Sector forestal, Sector pesqueiro e marisqueiro.

-Público en xeral, estudiantes...

PONENCIAS: terán carácter divulgativo sobre aspectos prácticos cara o

público a que están dirixidas, co maior número de exemplos e posibles

aplicacións.

xúntase o programa Más Información...

A ADR galardoada co accésit do "I Premio de Sostenibilidad Local" da Fundación Conama

Subir

O Proxecto “Desenvolvemento sostible

nos ecosistemas fluviais da Comarca de Pontevedra” impulsado polo Núcleo

de Sostibilidade da ADR Comarca de Pontevedra galardoado co accésit do

“I Premio de Sostenibilidad Local” da Fundación CONAMA.

O pasado martes 18 de novembro reuniuse o xurado do I Premio de

Sostenibilidad Local convocado pola Fundación CONAMA (Congreso Nacional

de Medio Ambiente) e decidiu conceder o accésit dentro da categoría de

poboacións entre 20.000 e 50.000 habitantes á Asociación de

Desenvolvemento Rural Proder II - Comarca de Pontevedra (ADR) polo seu

proxecto do Núcleo de Sostibilidade “Desenvolvemento sostible nos

ecosistemas fluviais da Comarca” realizado nos concellos integrantes do

mesmo: Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.

O xurado do premio, composto por técnicos e expertos de diversas

institucións de ámbito local, valorou a gran calidade e variedade dos

proxectos presentados e, entre eles o proxecto da ADR, polo seu carácter

innovador, exemplar e eficiente, así como por implicar ós propios

cidadáns na posta en marcha do mesmo.

O proxecto que está a desenvolver a ADR Proder II - Comarca de

Pontevedra nos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa ten

como obxectivo procurar a conservación da biodiversidade dos ecosistemas

fluviais dende a sostibilidade. Con esta finalidade realízanse

actuacións ambientais (Inventario e control de especies vexetais

exóticas invasoras nos ríos dos concellos de Barro, Poio, Ponte

Caldelas e Vilaboa), actuacións sociais (xornadas informativas e de

participación pública nos concellos que participan e Obradoiros de

biodiversidade) e actuacións económicas (Xornada sobre especies

exóticas invasoras: Un reto cara a conservación sostible que terá lugar o

vindeiro día 15 de decembro).

A entrega de galardóns terá lugar en Madrid, no Palacio Municipal de

Congresos del Campo de Las Naciones durante a clausura do 9º Congreso

Nacional de Medio Ambiente: Cumbre do Desenvolvemento Sostible o próximo

5 de decembro e acudirán o Presidente da ADR, os Alcaldes dos concellos

do Núcleo de Sostibilidade, a Axente Comarcal do Núcleo de

Sostibilidade e representantes da Consellería de Medio Ambiente e

Desenvolvemento Sostible.

ACTA PUNTUACIÓN FINAL AXENTE DO TEMPO

Subir

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DESEMPREGADOS POLA A. D. R. PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA

ACTA PUNTUACIÓN FINAL DOS CANDIDATOS PRESELECCIONADOS PARA O POSTO DE

AXENTE DO TEMPO 2008/2009 Más Información...

Convocatoria das Mesas de Participación Pública da Axenda 21

Subir

Os concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa integrantes do Núcleo de Sostibilidade van organizar as MESAS DE PARTICIPACIÓN PÚBLICA DA AXENDA 21

Os obxectivos fundamentais desta actividade serán: Crear canles de

diálogo entre os diferentes sectores nos que a comunidade se organiza

(poboación, municipio, economía, asociacións), que posibiliten o

intercambio de información e principios e a expresión de opinións. Tamén

sensibilizar á poboación no seu conxunto sobre o valor e a necesidade

de pensar en accións sociais, económicas e ambientais que poñan as bases dun futuro equitativo, xusto e sustentable.

O calendario é o seguinte:

Mesas de Axenda 21

MT Poboacional: poboación xeral, asociacións, educación... 25 de novembro as 20:00h , no Casal de Ferreirós do Concello de Poio.

MT Empresarial: empresarios

26 de novembro as 20:00h no Casal de Ferreirós do Concello de Poio.

MT Mar e Terra: sector pesqueiro, marisqueiro, agrícola e forestal.. 27 de novembro as 20:00h no Casal de Ferreirós do Concello de Poio.

MT Municipal: persoal dos concellos e políticos 28 de novembro as 09:30h no Casal de Ferreirós do Concello de Poio.

Más Información...

INFORMACIÓN SOBRE O BANCO DE TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA

Subir

BANCO DO TEMPO: Grupo de persoas que intercambian o seu tempo para a realización de diversos servizos, sen ánimo de lucro.

Más Información...

CONTRATACIÓN DE AXENTE DO TEMPO

Subir

BASES QUE REXIRÁN A CONTRATACIÓN DE

TRABALLADORES DESEMPREGADOS POLA ADR PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA

PARA A REALIZACIÓN DO SERVIZO “VALORIZACIÓN DA COMARCA DE PONTEVEDRA” ver máis información

A praza que se convoca é de Axente do Tempo (licenciado/a en Psicoloxía,

Socioloxía, Publicidade e Relacións Públicas e/ou outras ciencias

sociais).. Más Información...

ENCONTRO VERDE PONTE CALDELAS 30 DE NOVEMBRO

Subir

Espazo participativo en prol da sostibilidade

ENCONTRO VERDE é un espazo de encontro do tecido asociativo e

institucións onde se poidan compartir e gozar das diversas prácticas

positivas que as diferentes organizacións desenvolven a prol da

sostibilidade, dende ámbitos diversos.

SENSIBILIZACIÓN, ÁREA LÚDICA, ALIMENTACIÓN E EXPOSICIÓNS para desfrutar dunha xornada a prol da sostibilidade.

XUNTANZA INFORMATIVA PARA ASOCIACIÓNS:

XOVES 13 DE NOVEMBRO AS 20:00 H NA BIBLIOTECA DO CONCELLO DE BARRO

Máis información: Núcleo de Sostibilidade - Asociación de

Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra r/Santa Clara 4,

2º Pontevedra. Telf. 8144 Fax 8009 Más Información...

ENCONTRO VERDE PONTE CALDELAS 30 DE NOVEMBRO

Subir

Espazo participativo en prol da sostibilidade

ENCONTRO VERDE é un espazo de encontro do tecido asociativo e

institucións onde se poidan compartir e gozar das diversas prácticas

positivas que as diferentes organizacións desenvolven a prol da

sostibilidade, dende ámbitos diversos.

SENSIBILIZACIÓN, ÁREA LÚDICA, ALIMENTACIÓN E EXPOSICIÓNS para desfrutar dunha xornada a prol da sostibilidade.

XUNTANZA INFORMATIVA PARA ASOCIACIÓNS:

MARTES 12 DE NOVEMBRO AS 20:00 H NA CASA DE CULTURA DO CONCELLO DE VILABOA

Máis información: Núcleo de Sostibilidade - Asociación de

Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra r/Santa Clara 4,

2º Pontevedra. Telf. 8144 Fax 8009

Más Información...

ENCONTRO VERDE PONTE CALDELAS 30 DE NOVEMBRO

Subir

Espazo participativo en prol da sostibilidade

ENCONTRO VERDE é un espazo de encontro do tecido asociativo e

institucións onde se poidan compartir e desfrutar das diversas prácticas

positivas que as diferentes organizacións desenvolven a prol da

sostibilidade, dende ámbitos diversos.

SENSIBILIZACIÓN, ÁREA LÚDICA, ALIMENTACIÓN E EXPOSICIÓNS para desfrutar dunha xornada a prol da sostibilidade.

XUNTANZA INFORMATIVA PARA ASOCIACIÓNS:

MARTES 11 DE NOVEMBRO AS 20:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE POIO

Mais información: Núcleo de Sostibilidade - Asociación de

Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra c/Santa Clara 4,

2º Pontevedra. Telf. 8144 Fax 8009 Más Información...

CONVOCATORIA XUNTA DIRECTIVA

Subir

Mañá xoves 30 de outubro de 2008, ás

19:30 horas no Salón de Actos do Concello de Pontevedra reunirase a

Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II –

COMARCA DE PONTEVEDRA.

Entre os asuntos a tratar figuran na orde do día as certificacións

finais de seis expedientes “Creación de Hotel Rústico en Vilariño -

Poio”, “Senda Fluvial do Lérez”, “Rehabilitación para casa de turismo

rural en Cerponzóns”, “Itinerario cultural pola parroquia de Ponte

Sampaio”, “Ampliación de laboratorio e sala de degustación” e o proxecto

de cooperación “Aprendendo da experiencia propia en Programas de

Desenvolvemento Rural”.

A Xunta Directiva da ADR tamén debaterá a contratación dunha persoa ao

abeiro da subvención concedida pola Consellería de Traballo para a

contratación de traballadores desempregados para a posta en marcha do

Banco de Tempo. O obxectivo é que o Banco de Tempo entre en

funcionamento a principios do ano que ven.

Se informará da marcha dos proxectos que se están a realizar ao abeiro

do Núcleo de Sustentabilidade Integrada: loita contra especies

invasoras, implantación do sistema de xestión medio ambiental nos

Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa e as múltiples

actividades de sensibilización.

Á reunión de mañá da Xunta Directiva están convocados os alcaldes dos

cinco concellos do territorio do programa PRODER II – Comarca de

Pontevedra (Pontevedra, Ponte Caldelas, Poio, Barro e Vilaboa), os

representantes das distintas Mesas Sectoriais, das entidades financeiras

Caixanova e Caixa Galicia, o representante da Universidade de Vigo.

INAUGURACIÓN DO ITINERARIO CULTURAL POLA PARROQUIA DE PONTE SAMPAIO

Subir

O vindeiro domingo 26 de Outubro, o Concello de Pontevedra inaugurará o Itinerario Cultural pola parroquia de Ponte Sampaio,

proxecto promovido polo Concello de Pontevedra e financiado ao abeiro

do programa Proder II: Comarca de Pontevedra, cunha axuda comprometida

de 99.686,10 €.

Trátase dun trazado circular, que pasa pola parroquia de Ponte

Sampaio e que se combina con derivacións de pequena lonxitude.

Dentro dos elementos de interese asociados a este roteiro, podemos

destacar O Paredón, un singular muro-acueducto de cerca de 30 metros e

os muíños de Acevedo, conxunto de 5 muíños que se sitúan xunto o regato

coñecido como o rego dos Muíños. Destes 5 muíños restaurouse un, o mais

espectacular, e que ten a singularidade de que recibe a auga para mover a

pedra polo tellado.

INAUGURACIÓN DO ITINERARIO CULTURAL POLA PARROQUIA DE PONTE SAMPAIO

LUGAR DE SAÍDA: Paredón do Rañadoiro, Ponte Sampaio, Pontevedra.

DATA: 26 de Outubro.

HORA: 10 da mañá.

LUGAR DE CHEGADA: A Xunqueira.

Para ver o mapa ir a máis información

Más Información...

PREMIADOS NO CONCURSO RECICLARTE 08

Subir

PREMIADOS NO CONCURSO RECICLARTE 08

Os concellos de Barro, Poio, Vilaboa e Ponte Caldelas do Núcleo de

Sostibilidade informan da inauguración e entrega de premios da

exposición do concurso de obras de arte, con materiais reciclados

ReciclARTE 08 na ó mércores 22 de outubro na sala de exposicións da

Finca da Crega do concello de Barro:

-A INAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN REALIZARASE ÁS 18:30 H

-A ENTREGA DE PREMIOS ÁS 19:00 H

O acto estará presidido polo alcalde do concello

- A categoría 1º ciclo de primaria quedou deserta por falta de participantes.

- O premio na categoría 2º ciclo de primaria para ”Poliluz ” de Mateo Lois Vázquez.

- O premio na categoría 3º ciclo de primaria para “ Barrense ” de Aroa Outón Regueiro.

- Premio na categoría 1º ciclo de secundaria para “ Spirit ” de Alberto

Rebón Boullosa Martín Mosteiro Vázquez Alejandro Gontad López.

- Premio na categoría 2º ciclo de secundaria para “Maky” de David Maquieira Buceta.

- Premio na categoría de adultos para “Pavito” de Asociación Alba.

Mención especial para:

- Fantasía de Lorena Seijo Pardo polo aproveitamento dos materiais reciclados - Amazonas de Adriana Vidal Iglesias, Fátima Torres e Irene Mosteiro pola orixinalidade.

Máis información: NSI-ADR c/Santa Clara 4, 2º Pontevedra. Telf. 8144 .Fax 986 9

PREMIADOS NO CONCURSO RECICLARTE 08

Subir

PREMIADOS NO CONCURSO RECICLARTE 08

Os concellos de Barro, Poio, Vilaboa e Ponte Caldelas do Núcleo de

Sostibilidade informan da inauguración e entrega de premios da

exposición do concurso de obras de arte, con materiais reciclados

ReciclARTE 08 na ó mércores 22 de outubro na sala de exposicións da

Finca da Crega do concello de Barro:

-A INAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN REALIZARASE ÁS 18:30 H

-A ENTREGA DE PREMIOS ÁS 19:00 H

O acto estará presidido polo alcalde do concello

- A categoría 1º ciclo de primaria quedou deserta por falta de participantes.

- O premio na categoría 2º ciclo de primaria para ”Poliluz ” de Mateo Lois Vázquez.

- O premio na categoría 3º ciclo de primaria para “ Barrense ” de Aroa Outón Regueiro.

- Premio na categoría 1º ciclo de secundaria para “ Spirit ” de Alberto

Rebón Boullosa Martín Mosteiro Vázquez Alejandro Gontad López.

- Premio na categoría 2º ciclo de secundaria para “Maky” de David Maquieira Buceta.

- Premio na categoría de adultos para “Pavito” de Asociación Alba.

Mención especial para:

- Fantasía de Lorena Seijo Pardo polo aproveitamento dos materiais reciclados - Amazonas de Adriana Vidal Iglesias, Fátima Torres e Irene Mosteiro pola orixinalidade.

Máis información: NSI-ADR c/Santa Clara 4, 2º Pontevedra. Telf. 8144 .Fax 986 9

REUNIÓN INFORMATIVA “ELIMINACIÓN ESPECIES INVASORAS REGO DE SAN VICENTE E RÍO VERDUGO, PONTE CALDEL

Subir

A Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra, a través do seu proxecto do Núcleo de Sostibilidade convócalle, como propietario/a dunha/s parcela/s sita no rego de San Vicente e no río Verdugo no concello de Ponte Caldelas, a unha reunión que terá lugar o vindeiro luns día 27 de outubro as 20:00 na Casa do Pobo de Taboadelo no Concello de Ponte Caldelas.

Nesta reunión falarase do proxecto “Desenvolvemento Sostible nos ecosistemas fluviais”, das especies exóticas invasoras e solicitarase a súa autorización para eliminar estas especies invasoras presentes na súa propiedade, no tramo da parcela do dominio público hidráulico, sen custe algún para vostede, e quedando a madeira a súa disposición. Más Información...

REUNIÓN INFORMATIVA “ACTUACIÓNS DE ELIMINACIÓN DE ESPECIES INVASORAS NO RÍO AREAL, BARRO”

Subir

A Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra, a través do seu proxecto do Núcleo de Sostibilidade convócalle, como propietario/a dunha/s parcela/s sita no río Areal no concello de Barro, a unha reunión que terá lugar o vindeiro mércores día 5 de novembro as 20:00 h no Salón de Actos do Concello de Barro. Nesta reunión falarase do proxecto “Desenvolvemento Sostible nos ecosistemas fluviais”, das especies exóticas invasoras e solicitarase a súa autorización para eliminar estas especies invasoras presentes na súa propiedade, no tramo da parcela do dominio público hidráulico, sen custe algún para vostede, e quedando a madeira a súa disposición. Más Información...

REUNIÓN INFORMATIVA “ELIMINACIÓN ESPECIES INVASORAS NO REGO MUÍÑOS, RÍO COVELO E RÍO MOURO, POIO

Subir

A Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra, a través do seu proxecto do Núcleo de Sostibilidade convócalle, como propietario/a dunha/s parcela/s sita no Rego dos Muíños ou Frieira, Río Covelo e Río Mouro no concello de Poio, a unha reunión que terá lugar o vindeiro mércores día 29 de outubro as 20:00 h no Salón de Plenos da Casa do Concello no Concello de Poio. Nesta reunión falarase do proxecto “Desenvolvemento Sostible nos ecosistemas fluviais”, das especies exóticas invasoras e solicitarase a súa autorización para eliminar estas especies invasoras presentes na súa propiedade, no tramo da parcela do dominio público hidráulico, sen custe algún para vostede, e quedando a madeira a súa disposición.Más Información...

REUNIÓN INFORMATIVA “ACTUACIÓNS DE ELIMINACIÓN DE ESPECIES INVASORAS NO REGO DO RÍO MAIOR VILABOA

Subir

A Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra,

a través do seu proxecto do Núcleo de Sostibilidade convócalle, como

propietario/a dunha/s parcela/s sita no rego do Río Maior no concello

de Vilaboa, a unha reunión que terá lugar o vindeiro venres día 24 de

outubro as 20:30 na Casa de Cultura de Río Maior no Concello de Vilaboa.

Nesta reunión falarase do proxecto “Desenvolvemento Sostible nos ecosistemas fluviais”, das especies exóticas invasoras e solicitarase a súa autorización para eliminar estas especies invasoras presentes na súa propiedade, no tramo da parcela do dominio público hidráulico, sen custe algún para vostede, e quedando a madeira a súa disposición. Más Información...

ROLDA DE PRENSA OBRADOIROS BIODIVERSIDADE

Subir

ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN OBRADOIROS DE BIODIVERSIDADE

Mañá xoves 25 de setembro de 2008, ás 11:00 horas no Casal de Ferreirós do Concello de Poio presentaranse os OBRADOIROS DE BIODIVERSIDADE: BÓTATE AO RÍO

Esta actividade de sensibilización está financiada polo Núcleo de

Sostibilidade Integrada (NSI) da Asociación de Desenvolvemento Rural

PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR). Realizaranse 12 obradoiros

públicos (sobre a vexetación de ribeira, o estaquillado de árbores do

río e a recuperación do bosque de ribeira), e están dirixidos ós nenos

cos seus pais, avós...Realizaranse nos concellos do Núcleo de

Sostibilidade: Barro, Ponte Caldelas, Poio e Vilaboa. Estes obradoiros

terán lugar nos meses de setembro, outubro e novembro deste ano. As

datas e lugares de realización informarase na rolda de prensa.

Á rolda de prensa asistirán os alcaldes dos concellos do Núcleo de

Sostibilidade e membros do equipo técnico da ADR PRODER II – Comarca de

Pontevedra (Pontevedra, Ponte Caldelas, Poio, Barro e Vilaboa).

OBRADOIROS DE BIODIVERSIDADE

Subir

Obradoiros de Biodiversidade nos Ríos dos Concellos do Nucleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra Invitamos á participación nos Obradoiros nos Ríos, destinadas a nenos e

nenas da Comarca de Pontevedra, conxuntamente cos seus pais e nais.

Estas actividades enmárcanse dentro do Proxecto de Conservación da diversidade biolóxica de ecosistemas fluviais promovido polo Núcleo de Sostibilidade Integrada

da Asociación de Desenvolvemento Rural - Proder II - Comarca de

Pontevedra, financiado pola Consellería de Medio Ambiente e

Desenvolvemento Sostible, e coa participación dos Concellos de Barro,

Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.

Este proxecto de Educación Ambiental quere acadar entre os participantes

unha maior sensibilización sobre o funcionamento e a problemática dos

nosos ríos, non so como espectadores, senón dando valor a participación,

a reflexión xunto coa acción ou estratexia na resolución dos problemas.

Os principais obxectivos do proxecto son:

* Coñecer funcionamento dos ríos galegos, os seus habitantes o papel que

desempeñan e valorar a extraordinaria importancia ambiental e social

destes espazos únicos.

* Avaliar “in situ” o impacto ambiental das especies vexetais invasoras e

a alteración que producen nos cursos fluviais e nos bosques de ribeira,

e xustificar a necesidade do seu control i erradicación.

* Mostrar as tarefas concretas de control de ditas especies e o proceso de rexeneración ecolóxica da biodiversidade autóctona.

* Realizar experiencias e traballos de campo para coñecer o estado de

saúde ambiental e colaborar na mellora e na conservación dos cursos

fluviais.

Todas as actividades son gratuitas. Pódese atopar a información completa, datas e ficha de inscrición en http://obradoirosbiodiversidade.blogspot.com/

OBRADOIROS DE BIODIVERSIDADE

Subir

Obradoiros de Biodiversidade nos Ríos dos Concellos do Nucleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra Invitamos á participación nos Obradoiros nos Ríos, destinadas a nenos

e nenas da Comarca de Pontevedra, conxuntamente cos seus pais e nais.

Estas actividades enmárcanse dentro do Proxecto de Conservación da diversidade biolóxica de ecosistemas fluviais promovido polo Núcleo de Sostibilidade Integrada

da Asociación de Desenvolvemento Rural - Proder II - Comarca de

Pontevedra, financiado pola Consellería de Medio Ambiente e

Desenvolvemento Sostible, e coa participación dos Concellos de Barro,

Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.

Este proxecto de Educación Ambiental quere acadar entre os

participantes unha maior sensibilización sobre o funcionamento e a

problemática dos nosos ríos, non so como espectadores, senón dando valor

a participación, a reflexión xunto coa acción ou estratexia na

resolución dos problemas.

Os principais obxectivos do proxecto son:

* Coñecer funcionamento dos ríos galegos, os seus habitantes o papel

que desempeñan e valorar a extraordinaria importancia ambiental e social

destes espazos únicos.

* Avaliar “in situ” o impacto ambiental das especies vexetais

invasoras e a alteración que producen nos cursos fluviais e nos bosques

de ribeira, e xustificar a necesidade do seu control i erradicación.

* Mostrar as tarefas concretas de control de ditas especies e o proceso de rexeneración ecolóxica da biodiversidade autóctona.

* Realizar experiencias e traballos de campo para coñecer o estado de

saúde ambiental e colaborar na mellora e na conservación dos cursos

fluviais.

Todas as actividades son gratuitas. Pódese atopar a información completa, datas e ficha de inscrición en http://obradoirosbiodiversidade.blogspot.com/

EXCURSIÓN MAR DE LIRA

Subir

EXCURSIÓN A MARDELIRA (LIRA, CARNOTA)

Confraría de Pescadores de Lira DATAS E LUGAR DE SAÍDA

Datas: 24-25-26 de Setembro Día 24: 9:00h- Poio (40 prazas); 9:30h- Barro (15 prazas)

Día 25: 9:00h- Ponte Caldelas (40 prazas); 9:30h- Barro (15 prazas)

Día 26: 9:00h- Vilaboa (40 prazas); 9:30h- Barro (15 prazas)

Lugar de saída: Casa Consistorial de cada Concello.

ACTIVIDADES A REALIZAR:

Actividade de mañá (Ruta do porto e visita á Caseta) : Actividade cunha

duración de 2 horas. Os participantes coñecerán mellor a evolución do

traballo dos mariñeiros en especial como traballan hoxe en día, os

aparellos cos que faenan, os utensilios que empreñan, as formas de

conservación do peixe… Tamén coñecerán o nacemento do pequeno porto e o

funcionamento dunha poxa electrónica.

Comida: nun restaurante da zona (sen custe para os asistentes)

Actividade de tarde (Ruta da reserva mariña) : Realizarase un roteiro de

sendeirismo pola costa explicando en que consiste a Reserva Mariña de

Os Miñarzos, e a riqueza pesqueira e marisqueira que agachan as súas

augas. Os participantes tamén percorrerán as Reservas Integrais Norte e

Sur e coñecerán a toponimia da costa.

TRANSPORTE: Autocar.

CUSTE: Actividade gratuíta.

MAIS INFORMACIÓN:

Núcleo de Sostibilidade Integrada. Asociación de Desenvolvemento Rural

Proder II Comarca de Pontevedra.www. adrproderpontevedra.org

Tfno.986.108.144-Fax: 986.10 80.09. E-mail:

Concello de Barro: Oficinas Xerais do Concello.

Concello de Poio: Oficinas Xerais do Concello. Axente de Emprego.

Concello de Ponte Caldelas: Oficinas Xerais do Concello. Axente de Emprego. Tfno. 986.750.013, ext. 3.

Concello de Vilaboa: Oficinas Xerais do Concello. Axente de Emprego. Tfno.986.708.215.

CONCURSO RECICLARTE

Subir

CONCURSO RECICLARTE 08

O concurso consistirá en realizar unha obra de arte, construcción

imaxinativa libre con materiais que tiramos o lixo, individualmente ou

por equipos.

PARTICIPANTES

Poderán participar persoas que se atopen dentro das idades sinaladas nas diferentes categorías.

PREMIOS

Infantil (pequeno agasallo para os participantes)

1º ciclo de primaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)

2º ciclo de primaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)

3º ciclo de primaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)

1º ciclo de secundaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)

2º ciclo de secundaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)

Adultos (de 17 anos en diante): un único premio de 300 € PRAZO

As/os artistas deben instalar antes das 14.00 horas do día 14 de outubro

de 2008 as súas obras (co nome artístico ou pseudónimo), acompañando

coa entrega no rexistro do concello de Barro e coa documentación que

aparece nas bases adxuntas.

SELECCIÓN Unha vez recibida a documentación, e instaladas as obras o xurado fará a selección a partir do día 17 de outubro de 2008.

Máis información nas bases adxuntas, no teléfono 986 6, ou nos

seguintes enderezos electrónicos: ou

Más Información...

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL INVENTARIO E CONTROL..

Subir

Adxudicación provisional “Inventario e Control de Especies Invasoras”

O Núcleo de Sostibilidade Comarca de Pontevedra (NSI), da Asociación de

Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra (ADR) anuncia a

adxudicación provisional a empresa ECOPLANIN Xestión e Información

Ambiental, S.L, a redacción do proxecto de execución e execución de obra

do proxecto “Inventario e Control de especies vexetais exóticas invasoras nos ríos dos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa” Prazo de execución: 2 meses e medio debendo estar executado o 30 de novembro de 2008. Duración máxima 3 meses Obtención de documentación e información:

e na ADR Proder II Comarca de Pontevedra. Rúa

Santa Clara 4,2º Pontevedra Tfno. 8144. Fax 8009.

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL OBRADOIROS

Subir

Contratación por procedemento negociado, dos Obradoiros ...

O Núcleo de Sostibilidade Comarca de Pontevedra, da Asociación de

Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra anuncia a

adxudicación provisional para a realización de “Obradoiros de Biodiversidade nos ríos dos concellos do Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra” da empresa Teixugo Sociedade Cooperativa GalegaPrazo de execución: 2 meses e medio debendo estar executado o 30 de novembro de 2008. Duración máxima 3 meses Orzamento de licitación: 9.500,00 euro (IVE incluído) e IVE: 1.310,34 euro Solicitudes de participación: no prazo de 10 días hábiles

contados dende o dia seguinte ao da publicación deste anuncio (07/08/08)

segundo o procedemento descrito no prego. Obtención de documentación e información: ADR Proder II Comarca

de Pontevedra. Rúa Santa Clara 4,2º Pontevedra Tfno. 8144.

Fax 8009. \\Administracion\f\COPIAS SEGURIDADE ADR\NUCLEO

SOSTIBILIDAD\PROYECTOS\Proxecto2008\TALLERESBIODIV\Microsoft Word -

PREGO-ADM-TECN-OBR.pdf ADXUDICACIÓN PROVISIONAL OBRADOIROS

CONVOCATORIA ASEMBLEA CONSTITUÍNTE

Subir

Segundo o acordado na derradeira xuntanza

da Xunta Xestora, convócaselle á reunión que se celebrará no Pazo da

Cultura de Pontevedra o xoves 4 de setembro ás 20.30 horas.

ORDE DO DÍA:

1. Relación nominal de socios fundadores.

2. Constitución da Asociación.

3. Aprobación dos estatutos da Asociación.

4. Elección da Xunta Directiva.

5. Exposición Candidatura Proxecto LEADER, aprobación se procede e

delegación na Xunta Directiva da aprobación e presentación proxecto

LEADER definitivo.

6. Aprobación solicitude integración nos Grupos de Acción Costeira Ría de Pontevedra e Ría de Vigo.

7. Comunicacións, rogos e preguntas.Más Información...

Contratación por procedemento negociado, dos Obradoiros ...

Subir

O Núcleo de Sostibilidade Comarca de

Pontevedra, da Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de

Pontevedra anuncia a contratación por procedemento negociado, os

servicios para a realización de “Obradoiros de Biodiversidade nos ríos dos concellos do Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra” Prazo de execución: 2 meses e medio debendo estar executado o 30 de novembro de 2008. Duración máxima 3 meses Orzamento de licitación: 9.500,00 euro (IVE incluído) e IVE: 1.310,34 euro Solicitudes de participación: no prazo de 10 días hábiles

contados dende o dia seguinte ao da publicación deste anuncio (07/08/08)

segundo o procedemento descrito no prego. Obtención de documentación e información: ADR Proder II Comarca de Pontevedra. Rúa Santa Clara 4,2º Pontevedra Tfno. 8144. Fax 8009. Más Información...

VARIEDADES TRADICIONAIS DE MILLO

Subir

O vindeiro martes 29 de xullo terá lugar unha sesión informativa de “Variedades Tradicionais de Millo” , ás 20:00 na Misión Biolóxica de Galicia (Consello Superior de Investigacións Científicas), Cabanas, Salcedo (Pontevedra).

Bernardo Ordás será o encargado de conducir esta sesión na que se

explicará a diferenza entre liñas puras e híbridos de millo, se falará

da expansión das variedades tradicionais, da substitución destas

variedades por híbridos, da vantaxe das variedades tradicionais, das

reservas de diversidade xenética, da agricultura sostible e da

autosuficiencia do agricultor.

Tamén se poderá ver ao longo da sesión algunhas espigas das 80

variedades tradicionais galegas que se conservan na Misión Biolóxica.

Esta sesión informativa non terán custe algún para os asistentes.

CONVOCATORIA ASEMBLEA CONSTITUÍNTE NOVO LEADER 2007 - 2013

Subir

Estimada/o Sra./Sr.,

Nestes días veu de publicarse no DOG a convocatoria do programa LEADER

para Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Inda que moi semellante aos

antigos programas PRODER II e LEADER+ que houbo no período 2002 - 2006, o

programa LEADER 2007 - 2013 introduce cambios significativos: unha nova

distribución territorial, a posibilidade de subvencionar proxectos

agrogandeiros e a prioridade cara proxectos produtivos xeradores de

emprego e rendas que contribúan a fixación da poboación no medio rural.

O GDR que se constitúa xestionará fondos do programa Galego de

Desenvolvemento Rural que proveñen da Unión Europea, o Ministerio de

Medio Ambiente y Medio Rural y Marino e da propia Xunta de Galicia ata

unha cantidade aproximada de 3 – 4 millóns de euros. Estes fondos irán

destinados a un programa de axuda específico do territorio do que

poderán beneficiarse promotoras/es de iniciativas que contribúan ao

desenvolvemento rural nas liñas de actuación que defina o grupo.

Para isto é necesario que o Grupo se constitúa como asociación na que

participen todas aquelas entidades interesadas en promover o

desenvolvemento sostible do medio rural dos concellos que integran o

territorio do GDR 19: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

A primeira tarefa do Grupo é a elaboración do programa de

desenvolvemento do territorio que debe recoller liñas de actuación que

contribúan ao desenvolvemento do medio rural: proxectos agrarios,

gandeiros e forestais con vocación produtiva, mellora medio ambiental,

posta en valor do patrimonio natural e cultural así como servizos que

contribúan á mellora da calidade de vida e a promoción do territorio.

A participación do tecido asociativo activo, especialmente daquel con

orientación produtiva, é fundamental para realizar unha boa estratexia

LEADER de desenvolvemento rural na que é primordial a participación dos

axentes locais – públicos e privados – e na posterior execución de

proxectos innovadores que impliquen aos diferentes sectores do

territorio, fomentando a cooperación e o traballo en rede. Por isto, animámosvos a participar no novo GDR 19, con folgos novos e

novas ideas que contribúan ao desenvolvemento sostible do noso

territorio, cara ese ideal que cada un ten da nosa terra para que se

converta na realidade de todos. Polo imperativo da convocatoria do LEADER 2007 – 2013 que remata o

vindeiro 16 de setembro, é necesario dar canto antes os pasos necesarios

para a constitución do novo grupo e por isto convocámosvos á Asemblea

de constitución do novo GDR 19 que terá lugar o vindeiro martes 15 de

xullo ás 20:00 horas no Pazo de Cultura de Pontevedra. Achegámosvos, para avaliar o programa, un resumo informativo do mesmo.

Para poder participar no Grupo é necesario que o representante da súa

entidade se poida acreditar en nome dela para o que é necesario que se

achega nesa data ou con anterioridade nas oficinas da ADR na rúa Santa

Clara 4, 2º en Pontevedra (tfno: 986 108

a seguinte documentación:

Acordo da Xunta Directiva da entidade no que se decide integrarse no

GDR 19 e nomeamento de representante (Achégase modelo para quen o

precise).

O representante deberá identificarse mediante o DNI.

Ademais, ao longo do proceso constituínte, as entidades interesadas en

formar parte do Grupo de Desenvolvemento Rural deberán achegar a

seguinte documentación: copia compulsada de estatutos, NIF e DNI do

representante e informe de actividades de entidade.

Esperando contar coa súa presencia, reciba un cordial saúdo.

Rosa Varela Magariños

Darío Alonso Novoa Carmen Puga Pereiro

José Manuel Boullosa Iglesias XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA

Miguel Anxo Fernández Lores

Julio Saiáns

Francisco A. Veiga Soto Más Información...

Convocatoria da Mesa de Traballo Comarcal da Axenda 21 da Comarca de Pontevedra

Subir

O Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra ADR-Proder II,

no marco do convenio asinado, coa Dirección Xeral de Desenvolvemento

Sostible, vai realizar unha serie de actuacións para reactivar a Axenda

21 da Comarca de Pontevedra (concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e

Vilaboa). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, a través da

empresa Idom e o Núcleo de Sostibilidade van a realizar un Plan de dinamización, coa convocatoria de Mesas de Traballo (Empresarial, Mar e Terra, Comarcal e Poboacional, as convocatorias achéganse no arquivo adxunto), Entrevistas e Foros. Por outra banda vaise actualizar o Plan de Acción,

e xunto co resultado das Mesas de Participación cidadán levará a unha

actualización deste Plan, e a actualización dos Indicadores facilitando a

obtención de novos indicadores axustados os programas e proxectos. De todo este proceso de actuación foron informados os membros do Consello da Axenda 21 en marzo deste ano. Más Información...

PRESENTACIÓN NOVO LEADER 2007 - 2013

Subir

A ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, en colaboración cos doce

concellos que integran o territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural

(GDR) 19: Pontevedra – O Morrazo, está a traballar na elaboración dunha

candidatura ao novo programa LEADER 2007 - 2013 de desenvolvemento

rural.

Co espíritu aberto e participativo co que nace este novo LEADER 2007 -

2013 a ADR achega esta presentación as entidades do territorio para un

maior dinamismo e comprensión do programa.Más Información...

Xornada de Variedades Tradicionais de Millo

Subir

Mañá día 2 de xullo as 20:00, terá lugar a Xornada de Variedades Tradicionais de Millo. Bernardo Ordás, disertará sobre as vantaxes da utilización de variedades tradicionais fronte os híbridos comercias. Lugar: Local Social de Cabanas, Salcedo (Pontevedra). Duración: 2 horas.

Más Información...

I CONCURSO DE DEBUXO DO NÚCLEO DE SOSTIBILIDADE “COMARCA DE PONTEVEDRA”

Subir

O Núcleo de Sostibilidade da Comarca de

Pontevedra, xunto coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento

Sostible organizan o I Concurso de debuxo do Núcleo de Sostibilidade

“Comarca de Pontevedra”. O obxecto do certame será a realización de debuxoscon contidos que ilustren aspectos ambientais, económicos e sociais que amosen o desenvolvemento sostible dos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas ou Vilaboa.

Poderán participar neste concurso rapaces entre dez e catorce anos.

O prazo de entrega comeza a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio e rematará o martes un de xullo de 2008. As obras entregaranse persoalmente nos concellos do Núcleo de

Sostibilidade Poio, Ponte Caldelas ou Vilaboa, na Biblioteca de Barro ou

na Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra

(ADR), segundo figura nas bases.

O premio son 20 prazas de campamento durante catro días, no Programa

Naturaqua na Rede de Centros o Aire Libre en Taboada en Ourense. Para

elixir os premiados, realizarase un sorteo entre os

participantes o día 3 de xuño as 09:00h na sede da ADR, e comunicarase

nese día o resultado os premiados vía telefónica, correo electrónico ou

na páxina web da asociación.

Más Información...

Fin de Semana pola Sostibilidade Comarca de Pontevedra

Subir

O luns 23 de xuño de 2008, ás 13:30 horas

na Casa de Cultura do Concello de Ponte Caldelas presentarase o Fin de

Semana pola Sostibilidade Comarca de Pontevedra.

Esta actividade de sensibilización está financiada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e celebrarase o 27 e 28 de xuño no Concello de Ponte Caldelas.

Esta celebración, forma parte das actividades de sensibilización e

educación sobre sostibilidade do conxunto da poboación dos concellos do

Núcleo de Sostibilidade que son Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.Más Información...

REUNIÓN SECTORIAL DE MOCIDADE

Subir

O día 20 de xuño de 2008 ás 17:30 horas

terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a segunda reunión

sectorial de mocidade para a preparación do programa LEADER de

desenvolvemento rural dos concellos que integran o futuro Grupo de

Desenvolvemento Rural GDR-19 formado por A Lama, Barro, Bueu, Cangas,

Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e

Vilaboa.

Nesta reunión vaise traballar na proposta de liñas de actuación do

sector xa que o programa LEADER debe recoller as propostas que

contribúan á mellora da calidade de vida e a promoción do territorio,

desenvolvemento do medio rural e apoiar proxectos de actividades

relacionas coa mocidade que é un dos destinatarios prioritarios do

programa de desenvolvemento rural.

A esta reunión convídase a participar a todas as entidades relacionadas

co sector de mocidade dende asociacións de mozos e mozas, centros

educativos, clubs de mozos e mozas e cantas outras entidades teñan

interese na promoción de actividades para a mocidade.

Para máis información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural

Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º -

Pontevedra - Teléfono 986 108 144).

REUNIÓN SECTORIAL DE ASOCIACIÓNS

Subir

O día 20 de xuño de 2008 ás 20:00 horas

terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a segunda reunión

sectorial de asociacións para a preparación do programa LEADER de

desenvolvemento rural dos concellos que integran o futuro Grupo de

Desenvolvemento Rural GDR-19 formado por A Lama, Barro, Bueu, Cangas,

Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e

Vilaboa.

Nesta reunión vaise traballar na proposta de liñas de actuación do

sector xa que o programa LEADER debe recoller as propostas que

contribúan á mellora da calidade de vida e a promoción do territorio e

desenvolvemento do medio rural.

A esta reunión convídase a participar a todas as entidades relacionadas

cos sector de asociacións, dende asociacións culturais, de veciños e

cantas outras entidades teñan interese na promoción de actividades

dirixidas a mellorar a calidade de vida dos seus asociados.

Para máis información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural

Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º -

Pontevedra - Teléfono 986 108 144).

REUNIÓN SECTORIAL COMUNIDADES DE MONTES

Subir

O día 19 de xuño de 2008 ás 20:30 horas

terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a reunión sectorial de

comunidades de montes para a preparación do programa LEADER de

desenvolvemento rural dos concellos que integran o futuro Grupo de

Desenvolvemento Rural GDR-19 formado por A Lama, Barro, Bueu, Cangas,

Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e

Vilaboa.

Nesta reunión vaise falar da convocatoria do novo Programa Leader

2007-2013 que xa se publicou o 16 de xuño co propósito de coordinar

esforzos na preparación do programa comarcal de Desenvolvemento Rural.

Especialmente debatirase a proposta da Organización Galega de

Comunidades de Montes Veciñais en Man Común sobre a estructura e

funcionamento do GDR para o que propoñen abandoar o esquema de traballo

en mesas sectoriais que inclúan a todos os socios por outro modelo no

que soamente participen na elaboración da estratexia os representantes

dos diferentes sectores ata un máximo de 19 persoas.

A esta reunión convídase a participar a todas as comunidades de montes

xa que, en calquera caso, sexa cal sexa o modelo que sigan o GDR, é

convinte que se faga a elección dos representantes do colectivo.

Para mais información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural

Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º -

Pontevedra - Teléfono 986 108 144).

REUNIÓN SECTORIAL TURISMO

Subir

O día 19 de xuño de 2008 ás 17:30 horas

terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a segunda reunión

sectorial de turismo para a preparación do programa LEADER de

desenvolvemento rural dos concellos que integran o futuro Grupo de

Desenvolvemento Rural GDR-19 formado por A Lama, Barro, Bueu, Cangas,

Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e

Vilaboa.

Nesta reunión vaise traballar na proposta de liñas de actuación do

sector xa que o programa LEADER debe recoller as propostas que

contribúan á mellora da calidade de vida e a promoción do territorio,

desenvolvemento do medio rural e apoiar proxectos de actividades

turísticas complementarias aos aloxamentos turísticos.

A esta reunión convídase a participar a todas as entidades relacionadas

sector do turismo dende asociacións de empresarios, centros educativos

relacionados co turismo, clubs náuticos e cantas outras entidades teñan

interese na promoción de actividades turísticas..

Para máis información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural

Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º -

Pontevedra - Teléfono 986 108 144).

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DO NÚCLEO DE SOSTIBILIDADE “COMARCA DE PONTEVEDRA”

Subir

TEMA: O obxecto do certame será a

realización de fotografías con contidos que ilustren aspectos

ambientais, económicos e sociais que amosen o desenvolvemento sostible

dos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas ou Vilaboa.

OBRAS: As fotografías deberán ser inéditas e non premiadas

noutros concursos. Presentaranse en papel (non diapositivas). Cada foto

deberá ir montada sobre cartolina ou outro soporte ríxido. Técnica en

branco e negro ou en cor. O tamaño será de 20 x 25 cm. Poderán

presentarse un máximo de 3 fotografías por autor, con ou sen unidade

temática.

PRAZO DE ENTREGA: O prazo de entrega comeza a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio e rematará o vintetres de xuño de 2008. Más Información...

NOVO PROGRAMA LEADER 2007 - 2013

Subir

Como xa saberá Vde., dende a ADR PRODER

II – Comarca de Pontevedra, en colaboración cos doce concellos que

integran o territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) 19:

Pontevedra – O Morrazo, se está a traballar na elaboración dunha

candidatura ao programa LEADER de desenvolvemento rural. O programa que se elabore debe recoller as propostas que contribúan ao

desenvolvemento do medio rural: apoiar proxectos de aproveitamento da

superficie agraria e forestal con vocación productiva, mellora medio

ambiental, posta en valor do patrimonio natural e cultural así como

servizos que contribúan á mellora da calidade de vida e a promoción do

territorio.

É interesante que aquelas entidades interesadas en formar parte do Grupo

de Desenvolvemento Rural que se constitúa acheguen A DECLARACIÓN DE

INTERESE PARA PARTICIPAR EN DITO PROGRAMA.Más Información...

REUNIÓN SECTORIAL DE TERCEIRO SECTOR

Subir

O día 12 de xuño de 2008 ás 19:00 horas

terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a segunda reunión

sectorial de terceiro sector para a preparación do programa LEADER do

futuro Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-19 no que se inclúen os

concellos de A Lama, Barro, Bueu, Cangas, Campo Lameiro, Cotobade,

Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. Nesta reunión

vaise traballar na proposta de liñas de actuación do sector, xa que no

programa Leader son prioritarios os proxectos non productivos enfocados a

xeración de servizos básicos para persoas dependentes e os seus

familiares, proxectos como: os parques de estimulación sensorial que

está levando a cabo a Asociación Amencer, ou os que quedaron pendentes

de realización no PRODER II – Comarca de Pontevedra como o Centro de

Xardinería ou o Centro de Lecer para promover accións de ocio para

discapacitados, poden ter cabida neste programa.

A esta reunión convídase a participar a todas as entidades relacionadas

co terceiro sector e solidaridade dende asociacións, centros de

inserción, e cantas teñan interese na promoción de actividades

relacionadas coa dependencia.

Para mais información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º - Pontevedra - Teléfono 986 10 81 44).

2ª REUNIÓN SECTORIAL DE MEDIO AMBIENTE

Subir

O día 11 de xuño de 2008 ás 19:30 horas

terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a segunda reunión

sectorial de medio ambiente para a preparación do programa LEADER de

desenvolvemento rural do futuro Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-19:

no que se inclúen os concellos de A Lama, Barro, Bueu, Cangas, Campo

Lameiro, Cotobade, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e

Vilaboa. Nesta reunión vaise falar mais concretamente do borrador dos

estatutos do Grupo de Desenvolvemento Rural e a elección do

representante da Mesa Sectorial.

O programa LEADER ten por obxecto a dinamización económica do medio

rural a partires dun programa elaborado polos axentes do territorio e

tradúcese en liñas de axuda para promotores tanto individuais como

colectivos. Mais a característica específica do programa é a

participación da poboación local tanto na elaboración como na súa

xestión posterior. Esta participación organízase na constitución dun

Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) con poder de decisión para a

definición e execución do programa.

A esta reunión convídase a participar a todas as entidades relacionadas

co medio ambiente dende asociacións ecoloxistas, centros de

investigación, asociacións de propietarios forestais, asociacións que

organizan actividades de recreo no medio natural e de turismo activo, e

cantas teñan interese na promoción de actividades respectuosas e de

posta en valor do medio ambiente comarcal.

Para mais información dirixirse á Asociación de Desenvolvemento Rural

Proder II – Comarca de Pontevedra (Rúa Santa Clara 4-2º -

Pontevedra - Teléfono 986 10 81 44).

CURSO PRODUCIÓN VEXETAL EN ECOLÓXICO

Subir

A vindeira semana dará comezo o curso de " Produción Vexetal en Ecolóxico "

que a ADR PRODER II Comarca de Pontevedra organiza en colaboración co

Servizo Técnico Agrario da Delegación da Consellería de Medio Rural de

Pontevedra do 2 ao 7 de xuño no Local Social da Comunidade de Montes de Marcón, Pontevedra

O curso está pensado para ofrecer unha alternativa ao sector agrario tradicional mediante unha produción agrícola mais respectuosa con medio ambiente.

Este curso está dirixido aos membros das comunidades rurais, en

particular, a agricultores a as súas familias, así como propietarios de

terreos tanto agrícolas coma forestais que teñen interese en practicar a

agricultura ecolóxica, ou a aqueles propietarios que tendo na

actualidade os terreos sen producir poidan ver na produción de vexetais

en ecolóxico unha vía de actividade económica complementaria o principal

para eles ou os seus fillos de xeito que se propicie unha recuperación

do coidado da terra.

Por outra banda enmarcase esta actividade na liña de traballo da ADR de valorización da produción agraria comarcal,

que tenta dinamizar ao sector primario e completar e mellorar a súa

formación para conseguir a comercialización destas producións baixo un

distintivo de calidade.

O tres primeiros días as charlas correran a cargo de Francisco Javier

Vázquez, Técnico Especialista en Agricultura Ecolóxica. O luns 2 de xuño

comezará o curso cunha iniciación á produción vexetal en ecolóxico,

na que ademais de introducir o tema, tratarase o manexo de solos, o

abonado e o tratamento de pragas e enfermidades. O martes 3 de xuño

abordarase o tema do manexo de cultivos, a asociación e a rotación e o mércores 4 de xuño da produción ecolóxica e a certificación.

O xoves 5 de xuño Fernando Malvar tratará o tema do deseño de parcelas agrarias en agricultura ecolóxica,

plantexerá a agricultura ecolóxica coma unha solución, falará de

técnicas básicas para a biodiversidade, o aforro de recursos e a

eficiencia enerxética. Rematará esta charla cunha práctica que

consistirá no deseño dunha finca.

O venres 6 de xuño, Xaquín Rodríguez falará de métodos de conservación e comercialización de produtos ecolóxicos.

Por último o sábado 24 de maio farase unha visita a unha plantación de agricultura en ecolóxico na zona de Mondariz.

O curso pretende dar unha visión práctica e realista para aqueles

interesados en por en valor as súas terras e, se é o caso, sacarlle un

rendemento económico, para o que tamén chegado o momento poderán

aproveitar a axudas do novo programa Leader.

O curso organízase en seis sesións de 19:00 a 22:00 e o sábado a visita técnica.

Máis información no teléfono 986 108 144, no fax 986 108 009, no correo

electrónico ou nas oficinas da ADR

na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra.

REUNIÓNS COS AXENTES DO TERRITORIO PARA A CREACIÓN DUN NOVO PROGRAMA DE DESENVOLVMENTO RURAL

Subir

A Asociación de Desenvolvemento Rural

PRODER II Comarca de Pontevedra comezará este mes as reunións cos

axentes do territorio para a creación dun novo programa de

desenvolvemento rural

A proximidade da publicación da convocatoria da Axencia Galega de

Desenvolvmento Rural para a selección de programas de desenvolvemento

rural é motivo para que se comece a traballar a preparación dun programa

axustado ás disposicións do Programa de Desenvolvemento Rural de

Galicia 2007 – 2013.

AGADER estabeleceu as áreas territoriais dos futuros Grupos de

Desenvolvemento Rural que no caso de Pontevedra abrangue, as comarcas

administrativas de Pontedra e o Morrazo (Concellos de Barro, Poio, Ponte

Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Campo Lameiro, A Lama, Cotobade, Cangas,

Bueu, Moaña e Marín). Logo da reunión mantida polos alcaldes destes

concellos acordouse encargar ao equipo técnico da ADR, en colaboración

cos técnicos locais de emprego a preparación do programa de

desenvolvemento rural.

Un dos eixos clave do programa LEADER é que o proceso de definición do

programa de desenvolvemento rural sexa participativo, é dicir, que sexan

os axentes do territorio quen dicidan as prioridades de investimento en

función das necesidades sociais, económicas e medio ambientales

propoñendo unha fórmula para o desenvolvemento sostible do territorio.

En particular, o programa que se elabore debe recoller as propostas que

contribúan ao desenvolvemento do medio rural: apoiar proxectos de

aproveitamento da superficie agraria e forestal con vocación productiva,

mellora medio ambiental, posta en valor do patrimonio natural e

cultural así como servizos que contribúan á mellora da calidade de vida.

Por isto, dende a ADR quere convidarse a participar neste proceso

constituínte do futuro Grupo de Desenvolvemento Rural de Pontevedra – O

Morrazo e na elaboración da estratexia de desenvolvemento a todas

aquelas entidades interesadas no mesmo.

As primeiras reunións están previstas para o vindeiro xoves 22 de maio.

Pola mañá reuniranse as entidades relacionadas coa dependencia e a

solidaridade e pola tarde reunirase o grupo máis numeroso que está

formado polas entidades asociativas de veciños, culturais e deportivas.

Ambas reunións serán no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Posteriormente, terán lugar reunións dos restantes sectores:igualdade,

mocidade, medio ambiente, turismo, empresarios, economía social

(cooperativas e sociedade laborais), comunidades de montes, agricultores

e gandeiros. Finalmente, reunirase a mesa institucional que abrangue as

entidades públicas como paso previo para a celebración da asemblea

constituínte do Grupo de Desenvolvemento rural.

Orde do día das reunións.

- Novo programa LEADER 2007 – 2013.

o Diagnose do territorio

o Liñas de actuación acollidas ao programa de desenvolvemento rural da comarca.

o Priorización e valoración de proxectos.

- Tamén abordarase o borrador de Estatutos do Grupo de Desenvolvemento

Rural, e a elección do representante/s da Mesa Sectorial. Entre aquelas

entidades que teñan interese en formar parte do grupo que se constitúa,

proporanse ao/s representante/s da mesa sectorial nos órganos de goberno

do Grupo que deberán ser ratificados pola Asemblea constituínte.

É interesante que aquelas entidades interesadas en formar parte do Grupo

de Desenvolvemento Rural que se constitúa acheguen a documentación

necesaria para a súa constitución: acordo de participación, nomeamento

de representante, copia de estatutos, nif e dni representante e informe

de actividades de entidade.

Para maior información atenderémoslle nas oficinas da ADR na rúa Santa

Clara 4, 2º en Pontevedra ou no teléfono 986 108 144 ou a través do

Técnico de Emprego do seu Concello.

XORNADA FINAL DE PRESENTACIÓN DE RESULTADOS DO PROGRAMA PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA

Subir

A Asociación de Desenvolvemento Rural

PRODER II – Comarca de Pontevedra participa nun proxecto de cooperación

que ten por obxectivo avaliar os resultados do programa de

desenvolvemento rural no territorio.

Baixo o lema os Impactos dos Grupos de Acción Local 2000 - 2006 terá

lugar en Santiago de Compostela o vindeiro mércores 21 de a xornada

final do proxecto de cooperación na que se presentarán os resultados do

proxecto que se recollen nunha publicación que se distribuirá a todos os

socios da entidade.

A presentación da xornada correrá a cargo do Conselleiro do Medio Rural,

Alfredo Suárez Canal e ao longo da mesma intervirán tanto os

participantes no proxecto como un grupo de expertos en desenvolvemento

rural que avaliarán os impactos dos programas de desenvolvemento rural

no período 2000 – 2006. Entre eles, estarán o Director General de

Desenvolvemento Sostenible en el Medio Rural del Ministerio de Medio

Ambiente, Medio Rural e Marino, o Director Xeral de AGADER na

Consellería de Medio Rural e xerentes de Redes de Grupos de

desenvolvemento rural de ámbito estatal.

Ao peche da xornada presentarase a Asociación Galega de Grupos de

Desenvolvemento Rural que constituíuse ao amparo deste proxecto cos

grupos participantes no mesmo.

Achégase programa da reunión.

Más Información...

CURSO CULTIVOS INNOVADORES

Subir

A vindeira semana dará comezo o curso de " Cultivos Innovadores " que a ADR PRODER II Comarca de Pontevedra organiza do 19 ao 24 de Maio na Escola Obradoiro de A Seca en Poio .

O curso pretende ofrecer alternativas ao sector agrario tradicional

mediante a diversificación de actividades e a proposta de novos

cultivos, procesos e técnicas das que se pode esperar unha maior

rendibilidade.

Entre outros, o luns 19 de maio abordarase o cultivo de cogumelos comestíbeis e medicinais sobre restos de madeira , que correrá a cargo de Hifas da Terra.

O martes 20 de maio, representante da empresa Milhulloa falarán de plantas medicinais , as especies máis indicadas para cada zona, así como as técnicas de recolección, conservación e almacenamento.

O mércores 21 de maio, Rafael Castro Vaamonde, técnico responsable da

Asociación de Produtores de Castaña de Conso-Frieira, falará da produción de castaña de calidade ,

centrándose especialmente na variedade máis apreciada polo mercado e os

coidados requiridos por esta especie que sen dúbida, é a árbore máis

apreciada no agro galego.

As sesións finais do curso reservaranse para Santiago Liñeira, que é o presidente da SAT FUNGOCERGA, e falará da produción de cultivos alternativos , centrándose no cultivo de pequenos froitos , así como, en cultivos alternativos para a horta, ademais da micorrización de árbores .

Por último o sábado 24 de maio farase unha visita a SAT FUNGOCERGA ,

na que se percorrerán os cultivos e se realizará unha práctica

demostrativa da inoculación dun tronco de carballo, para producción de

Shii-take.

O curso pretende dar unha visión práctica e realista para aqueles

interesados en por en valor as súas terras e, se é o caso, sacarlle un

rendemento económico, para o que tamén chegado o momento poderán

aproveitar a axudas do novo programa Leader.

O curso organízase en seis sesións de 19:00 a 22:00 e o sábado a visita técnica.

Máis información no teléfono 986 108 144, no fax 986 108 009, no correo

electrónico ou nas oficinas da ADR

na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra.

XORNADA DE DIVULGACIÓN E VALORIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Subir

XORNADA MEDIOAMBIENTALMás Información...

CONCURSO INTERNACIONAL DO “DÍA DO AGRICULTOR” XXIX EDICIÓN 2008

Subir

A Feira Internacional Semana Verde de Galicia que celebrará a súa trinta e unha edición do 11 ao 15 de Xuño de 2008, convoca o concurso internacional do “Día do Agricultor” XXIX edición 2008. O prazo de presentación remata o vindeiro día 18 de maio e as distintas iniciativas clasifícanse do seguinte xeito:

I.- INICIATIVAS LOCAIS DE DESENVOLVEMENTO RURAL.

II.- INICIATIVAS DE ASOCIACIONISMO AGRARIO.

III. A)- AGRICULTORES SOBRESAÍNTES EN EXPLOTACIÓNS PECUARIAS: RUMIANTES.

III. B)- AGRICULTORES SOBRESAÍNTES EN EXPLOTACIÓNS PECUARIAS: MONOGÁSTRICOS.

IV.-AGRICULTORES SOBRESAÍNTES EN EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS OU FORESTAIS.

V A).-AGRICULTORES SOBRESAÍNTES EN DIVERSIFICACIÓN AGRARIA.

V B).-AGRICULTORES SOBRESAÍNTES EN ACTIVIDADES INNOVADORAS.

VI.- INICIATIVAS DE PRODUCIÓN, TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS CON INDICATIVO DE CALIDADE.

Podes descargar as bases do concurso e a solicitude en máis información. Más Información...

XUNTANZA DA AXENDA 21 ESCOLAR. A21: O cambio é posible

Subir

O vindeiro martes 6 de maio de 10:00 a 13:00 no Parque da A Seca en Poio terá lugar unha "Xuntanza da Axenda 21 Escolar. A21: O cambio é posible” ,

convocada polo Servicio de Educación para a Sostibilidade da

Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na que

colaboran as asesoras e asesores do Centros de Formación e Recursos da

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as técnicas dos

concellos de Poio e Ponte Caldelas e a Axente Comarcal de sostibilidade

do Núcleo de Sostibilidade da Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER

II-Comarca de Pontevedra. Os participantes son alumnos e profesores dos

centros escolares da comarca con Axenda 21 escolar: CEIP A Reigosa,

CEIP de Lourido, CEIP de Viñas, CEIP Isidora Riestra, CEIP Manuel Cordo

Boullosa, CEP de Espedregada, e IES de Pontecaldelas.

"A21: O cambio é posible” , é un xogo dinámico a prol da

sostibilidade, que parte da necesidade de xerar un sentimento de

pertenza ao programa. En definitiva, estamos a falar dun alumnado galego

implicado e comprometido coa sostibilidade, e polo tanto, iso ten que

ser unha seña de identidade grupal.

Preséntase a xuntanza como un Xogo dinámico, no que, agrupados en

equipos de alumnado de diferentes centros educativos (11-12

compoñentes), acompañados dun profesor/a, irán pasando por unha serie de

probas ou estacións, nas que se valorará a capacidade de traballar en

equipo, a análise de situacións, os debates e a toma de decisións

consensuadas, a súa creatividade, solidariedade, etc..O xogo estará

presentado por un “druída” (Anxo Moure_contacontos), que será o guía dos

equipos para a consecución dos fins propostos

Máis información no teléfono 986 108 144, no fax 986 108 009, no correo

electrónico

ou nas oficinas da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra.

PRESENTACIÓN NOVO LEADER

Subir

O día 24 de abril tivo lugar a xornada

informativa para a candidatura o Programa de Desenvolvemento Rural 2007 -

2013 que se celebrou no Auditorio do Concello de Cangas do Morrazo as

20:30 horas. A esta xornada foron convidados os axentes sociais dos

concellos de Marín, Bueu, Cangas e Moaña.

Esta reunión ven precedida da que mantiveron os 12 alcaldes que

configuran o novo grupo de desenvolvemento rural proposto por AGADER

dentro do “mapa dos grupos de desenvolvemento rural para a aplicación do

programa Leader de Galicia 2007 – 2013”. Nesa reunión acordouse

encargar a Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II Comarca de

Pontevedra (en diante ADR) a elaboración dun proxecto para concorrer a

nova convocatoria do PROGRAMA LEADER 2007 – 2013.

O programa LEADER – de igual xeito que o PRODER II – ten por obxecto a

dinamización económica do medio rural a partires dun programa elaborado

polos axentes do territorio e tradúcese en liñas de axuda para

promotores tanto individuais como colectivos. Mais a característica

específica do programa é a participación da poboación local tanto na

elaboración como na súa xestión posterior. Esta participación organízase

na constitución dun Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) con poder de

decisión para a definición e execución do programa.

O programa que se elabore debe recoller as propostas que contribúan ao

desenvolvemento do medio rural: apoiar proxectos de aproveitamento da

superficie agraria e forestal con vocación productiva, mellora medio

ambiental, posta en valor do patrimonio natural e cultural así como

servizos que contribúan á mellora da calidade de vida.

Na reunión expúxeronse as liñas xerais de estratexia de desenvolvemento e

emprazaranse ás entidades a súa participación nas mesa sectoriais que

se celebrarán a partir de días 6 de maio de 2008.

Para maior información atenderémoslle nas oficinas da ADR na rúa Santa

Clara 4, 2º en Pontevedra ou no teléfono 986 108 144 (preguntar por

Laura), ou a través do Técnicos Locais de Emprego dos concellos. Más Información...

A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI

Subir

O mércores 16 de abril de 2008, de 18,30 a

20,00 horas na Biblioteca do Concello de Barro tivo lugar o terceiro

obradoiro de autocompostaxe no rural: A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI.

Repartíronse 25 kit de autocompostaxe os asistentes inscritos e que asinaron a carta de compromiso de implicarse no compostaxe.

O xoves 17 de abril de 2008, de 18,30 a 20,00 horas na Escola obradoiro de A Seca en Poio, terá lugar o cuarto e último obradoiro de autocompostaxe no rural: A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI.

Esta actividade de sensibilización está financiada polo Núcleo de

Sostibilidade da Comarca de Pontevedra, proxecto da Asociación de

Desenvolvemento Rural PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA.

XUNTA DIRECTIVA DA ADR

Subir

O mércores 16 de abril de 2008, ás

19:00 horas no Salón de Actos do Concello de Pontevedra reuniuse a Xunta

Directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – COMARCA DE

PONTEVEDRA.

Entre os asuntos que se trataron figuran na Orde do día a solicitude de

inclusión da Comarca de Pontevedra no Proxecto piloto de implantación de

tecnoloxía Wimax para acceso a internet da Consellería de Medio Rural e

a Consellería de Innovación de Industria.

Á reunión da Xunta Directiva foron convocados os alcaldes dos cinco

concellos do territorio do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra

(Pontevedra, Ponte Caldelas, Poio, Barro e Vilaboa), os representantes

das distintas Mesas Sectoriais, das entidades financeiras Caixanova e

Caixa Galicia, o representante da Universidade de Vigo e membros do

equipo técnico da ADR.

REUNIÓN INFORMATIVA NO MORRAZO DO LEADER 2007-2013

Subir

O próximo día 24 de abril terá lugar a xornada informativa para a candidatura o Programa de Desenvolvemento Rural 2007 - 2013 que se celebrará no Auditorio do Concello de Cangas do Morrazo as 20:30 horas. A esta xornada están convidados os axentes sociais dos concellos de Marín, Bueu, Cangas e Moaña así como calquera interesado.

Esta reunión ven precedida da que mantiveron os 12 alcaldes que

configuran o novo grupo de desenvolvemento rural proposto por AGADER

dentro do “mapa dos grupos de desenvolvemento rural para a aplicación do

programa Leader de Galicia 2007 – 2013”. Daquela acordouse encargar a

Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II Comarca de Pontevedra (en

diante ADR) a elaboración dun proxecto para concorrer a nova

convocatoria do PROGRAMA LEADER 2007 – 2013.

A convocatoria do Programa LEADER 2007-2013 dispón duns fondos de 148,8 millóns de euros para toda Galicia.

O programa LEADER – de igual xeito que o PRODER II – ten por obxecto a

dinamización económica do medio rural a partires dun programa elaborado

polos axentes do territorio e tradúcese en liñas de axuda para

promotores tanto individuais como colectivos. Mais a característica

específica do programa é a participación da poboación local tanto na

elaboración como na súa xestión posterior. Esta participación organízase

na constitución dun Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) con poder de

decisión para a definición e execución do programa.

O programa que se elabore debe recoller as propostas que contribúan ao

desenvolvemento do medio rural: apoiar proxectos de aproveitamento da

superficie agraria e forestal con vocación productiva, mellora medio

ambiental, posta en valor do patrimonio natural e cultural así como

servizos que contribúan á mellora da calidade de vida.

Para maior información atenderémoslle nas oficinas da ADR na rúa

Santa Clara 4, 2º en Pontevedra ou no teléfono 986 108 144 (preguntar

por Laura ou Juanma), ou a través do Técnicos Locais de Emprego dos

concellos.

Contratación por procedemento negociado, da redacción ...

Subir

O Núcleo de Sostibilidade Comarca de

Pontevedra, da Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de

Pontevedra anuncia a contratación por procedemento negociado, da

redacción do proxecto de execución e execución de obra do proxecto “Inventario e Control de especies vexetais exóticas invasoras nos ríos dos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa” Prazo de execución: 2 meses e medio debendo estar executado o 30 de novembro de 2008. Duración máxima 3 meses Orzamento de licitación: 64.000,00 euro (IVE incluído) e IVE: 8.827,58 euro Solicitudes de participación: no prazo de 10 días hábiles

contados dende o dia seguinte ao da publicación deste anuncio (03/08/08)

segundo o procedemento descrito no prego. Obtención de documentación e información: ADR Proder II Comarca de Pontevedra. Rúa Santa Clara 4,2º Pontevedra Tfno. 8144. Fax 8009.

Contratación por procedemento negociado, da redacción ...

Subir

O Núcleo de Sostibilidade Comarca de

Pontevedra, da Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de

Pontevedra anuncia a contratación por procedemento negociado, da

redacción do proxecto de execución e execución de obra do proxecto “Inventario e Control de especies vexetais exóticas invasoras nos ríos dos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa” Prazo de execución: 2 meses e medio debendo estar executado o 30 de novembro de 2008. Duración máxima 3 meses Orzamento de licitación: 64.000,00 euro (IVE incluído) e IVE: 8.827,58 euro Solicitudes de participación: no prazo de 10 días hábiles

contados dende o dia seguinte ao da publicación deste anuncio (03/08/08)

segundo o procedemento descrito no prego. Obtención de documentación e información: ADR Proder II Comarca de Pontevedra. Rúa Santa Clara 4,2º Pontevedra Tfno. 8144. Fax 8009.

Más Información...

CURSOS AGRARIOS 2008

Subir

A Asociación de Desenvolvemento Rural

PRODER II - Comarca de Pontevedra está a organizar actividades

formativas de interese agrario en colaboración coa Consellería de Medio

Rural.

Os cursos terán unha duración de 20 horas e realizaranse nos concellos de Poio e Pontevedra.

Os cursos pretende ofrecer alternativas ao sector agrario tradicional

mediante a diversificación de actividades e a produción mais respectuosa

co medio ambiente. Faranse en seis sesións en horario de tarde cada un

deles, sendo a última das sesións unha visita de campo.

O curso que se organiza en Poio terá como obxectivo a promoción de Cultivos Innovadores, especialmente en terreos forestais coma poden ser os pequenos froitos, as castañas ou os fungos comestibles.

O curso que se organiza en Pontevedra versará sobre Produción Vexetal en Ecolóxico.

Trátase de potenciar este sistema de cultivo respectuoso co medio

ambiente e ao mesmo tempo polas súas particulares características moi

adaptado ás parcelas agrícolas da comarca por non ter que competir con

cultivos tradicionais dos que teñen que estar illados. O curso está

dedicado tanto a persoas que teñan interese dun xeito profesional como

para o autoconsumo. Ámbolos dous cursos non terán custe algún para os asistentes.

O prazo de inscrición xa está aberto e pódese facer no teléfono 986

108 144, no fax 986 108 009, no correo electrónico

AUTOCOMPOSTAXE EN PONTE CALDELAS

Subir

O mércores 9 de abril de 2008, de 18,30 a 20,00 horas na Casa de Cultura do Concello de Ponte Caldelas terá lugar o segundo obradoiro de autocompostaxe no rural: A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI.

Esta actividade de sensibilización está financiada polo Núcleo de

Sostibilidade da Comarca de Pontevedra, proxecto da Asociación de

Desenvolvemento Rural PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA.

Realizaranse 4 obradoiros públicos con reparto de kits de compostaxe nos

concellos de Barro, Ponte Caldelas, Poio e Vilaboa e dez obradoiros nos

centros educativos dos concellos anteriores. Estes obradoiros terán

lugar no mes de abril deste ano.

Más Información...

Xornada de Medio Ambiente

Subir

A Asociación de Desenvolvemento Rural

PRODER II - Comarca de Pontevedra organiza a Xornada de Medio Ambiente

ao abeiro do proxecto de cooperación Aprendendo da experiencia propia

nos programas de desenvolvemento rural.

Esta xornada será a última das xornadas temáticas de presentación dos

resultados dos programas de desenvolvemento rural no período 2000 -

2006. As anteriores abordaron as áreas da actividade agroalimentaria, o

benestar social, o turismo, a promoción económica e os grupos de acción

local.

A Xornada celebrarase no Salón de Actos do Pazo da Cultura de

Pontevedra. Alexandre Bóveda, s/n Pontevedra en horario de

10:00-14:30 e de 18:00-20:00.

Podedes ver o programa da xornada en máis información.

Unha vez rematada a xornada dará comezo a Asemblea Xeral de Socios da ADR.Más Información...

OS CONCELLOS DA COMARCA DE PONTEVEDRA REFORZAN AS ACTIVIDADES DA AXENDA 21 EXISTENTE

Subir

Pontevedra, 26 de marzo de 2008.-

Dentro do marco da iniciativa de Núcleos de Sostibilidade promovida

pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, os

municipios de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa conforman un Núcleo

de Sostibilidade. O principal obxectivo desta iniciativa é contribuír no

proceso de creación de municipios que sexan exemplo de crecemento

económico e social, á vez que un modelo de respecto e protección do

medio ambiente.

Unha das actuacións que se levan a cabo dentro deste programa é a

adaptación da Axenda 21 da Comarca de Pontevedra. Esta iniciouse no ano

2003, e actualmente xa se puxeron en marcha moitos dos proxectos,

seleccionados e priorizados nas mesas de participación cidadá e no

Consello de Axenda 21 -órgano consultivo de xestión- creado para tal

fin.

Polo tanto, e con motivo da implantación do programa de Núcleos de Sostibilidade, o vindeiro xoves 27 de marzo ás 19:30 horas no seminario nº 6 do Pazo da Cultura de Pontevedra vaise convocar, como todos os anos, ao Consello da Axenda 21 Local.

Neste acto a Axencia de Desenvolvemento Rural ADR Proder II da Comarca

de Pontevedra e a empresa Idom informarán aos asistentes, entre outros

aspectos, das novas actuacións que se van a levar a cabo durante o 2008 e

o 2009, nos catro municipios (Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa).

Ditas actuacións consistirán principalmente na revisión do Plan de

Acción existente e de todos aqueles datos que poidan ter importancia

para a planificación a longo prazo do futuro desenvolvemento sostible

dos municipios; na posta en marcha dun novo Sistema de Información

Xeográfica específico para o Núcleo de Sostibilidade e a presentación

dun novo Plan de Comunicación e Plan de Participación Cidadá.

REUNIÓN INTEGRANTES DO TERRITORIO NOVO GRUPO DESENVOLVEMENTO RURAL GDR-19

Subir

O mércores 26 de marzo de 2008, ás 19:00

horas no Concello de Pontevedra reuniranse os alcaldes que integran o

territorio do novo grupo de desenvolvemento rural proposto por AGADER

dentro do “mapa dos grupos de desenvolvemento rural para a aplicación do

programa Leader de Galicia 2007 – 2013”.

Na reunión se abordará a elaboración dun proxecto para concorrer a nova convocatoria do PROGRAMA LEADER 2007 – 2013.

Está prevista a asistencia de todos os alcaldes dos concellos do novo

territorio (Pontevedra, Ponte Caldelas, Poio, Barro, Vilaboa, Bueu,

Cangas, Marín, Moaña, Campo Lameiro, Cotobade e A Lama).

PRESENTACIÓN PLAN DE AUTOCOMPOSTAXE NO RURAL: A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI

Subir

O martes 25 de marzo de 2008, ás 12:30

horas na Casa de Cultura do Concello de Ponte Caldelas presentarase o

Plan de autocompostaxe no rural: A COMPOSTAXE NA CASA-FAINO TI . Esta

actividade de sensibilización está financiada polo Núcleo de

Sostibilidade da Comarca de Pontevedra, proxecto da Asociación de

Desenvolvemento Rural PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA.

Realizaranse 4 obradoiros públicos con reparto de kits de compostaxe nos

concellos de Barro, Ponte Caldelas, Poio e Vilaboa e dez obradoiros nos

centros educativos dos concellos anteriores. Estes obradoiros terán

lugar no mes de abril deste ano. As datas e lugares de realización

informaranse na rolda de prensa.

Á rolda de prensa asistirá o alcalde do concello de Ponte Caldelas e

membros do equipo técnico da ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra

(Pontevedra, Ponte Caldelas, Poio, Barro e Vilaboa).

CURSOS DE GALEGO CELGA IV

Subir

A ADR Proder II Comarca de Pontevedra en colaboración cos concellos de Poio e Vilaboa, vai organizar proximamente cursos de lingua galega, nivel CELGA 4 (na antiga clasificación denominábanse de perfeccionamento) de 75 horas de duración, todos eles distribuídos en horario de tarde-noite,

que darán comezo no mes de setembro, e rematará antes da celebración

das probas de nivel que a Consellería vai realizar a final de ano e para

as que hai que inscribirse baixando os formularios da web

www.xunta.es/lingua galega.

Segundo a descrición de habilidades e de contidos adaptados ao Marco

europeo común de referencia para as linguas a persoa que supere o CELGA 4

será capaz de comprender unha ampla variedade de textos orais e

escritos extensos e cun alto nivel de dificultade. Poderá expresarse de

forma bastante fluída e espontánea en distintos contextos comunicativos

(persoal, público e académico), sen mostrar moita dificultade para

encontrar as expresións máis axeitadas.

O número de prazas dispoñibles é de 25 por curso. Os cursos celebraranse:

- Na Escola de Música de Campelo: Rúa Beiramar nº 74 Campelo, Poio.

- Na Casa da Cultura de Riomaior, Vilaboa.

A inscrición pódese facer no Concello de Poio no teléfono 986 770 001, no Concello de Vilaboa no teléfono 986 708 215, así como na sede da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra, no teléfono 986 108 144 ou no correo electrónico

Os cursos son gratuítos, pois finánciaos a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Más Información...

XORNADAS "OS IMPACTOS DOS GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL NO DESENVOLVEMENTO RURAL" (2000-2006)

Subir

O Proxecto de Cooperación

Interterritorial organizado polos Grupos de Acción Local A ULLOA, RIO

LOR, EUROEUME, TERRA DAS MARIÑAS, ASDECOMOR e ADR PRODER II Comarca de

Pontevedra organizan as seguintes xornadas:

AGROINDUSTRIA venres 15 de febreiro de 2008 Casa da Cultura de Monterroso

GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL venres 22 de febreiro de 2008 Casa da Cultura de Bóveda

TURISMO sábado 23 de febreiro de 2008 Casa da Cultura do Concello de A Capela

PROMOCIÓN ECONÓMICA venres 28 de marzo de 2008 Pazo de Mariñán Concello de Bergondo

SERVICIOS SOCIAIS sábado 29 de marzo de 2008 Casa da Cultura do Concello de Ordes

MEDIO AMBIENTE venres 4 de abril de 2008 Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra

XORNADA FINAL PRESENTACIÓN DO PROXECTO o mércores 21 de maio de 2008 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada gratuíta previa inscrición no correo electrónico

maís información en : www.desenvolvementorural.blogspot.com Tlf. 981 669 532 - Fax 981 673 574

NOTIFICACIÓN ACORDO ADXUDICACIÓN S.X.M.A.

Subir

En relación ó expediente tramitado para a contratación da Asistencia Técnica para a implantación do S.X.M.A. nos Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa, notifícase o ACORDO adoptado pola Xunta de Directiva da A.D.R. celebrada o 10 de decembro de 2007.Más Información...

1º BANCO DO TEMPO DA COMARCA DE PONTEVEDRA

Subir

A ADR continúa coa estratexia de comunicación da creación do primeiro Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, de xeito que se afronte a organización do tempo dos/as cidadáns/ás con criterios de sostibilidade, en especial das mulleres.

As charlas divulgativas vanse celebrar por toda a comarca, sendo o calendario previsto o seguinte;

- Martes 20 de novembro ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Vilaboa (Riomaior) , na que participará o Alcalde D.José Luís Poceiro Martínez.

- Mércores 21 de novembro ás 19:00 horas na Casa do Concello de Poio,

na que participarán o Alcalde D.Luciano Sobral Fernández e o

Concelleiro de Desenvolvemento Sostible D.Gregorio Luís Agis Gómez.

- Mércores 21 de novembro ás 20:30 horas na Casa Parroquial de Marcón (Pontevedra) . - Xoves 22 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Ponte Caldelas, na que participará unha concelleira do Concello de Ponte Caldelas.

- Venres 23 de novembro ás 20:00 horas no Teleclube de Lérez (Pontevedra) .

Os bancos do tempo, son espazos concibidos para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares nun determinado entorno urbano ou rural. En definitiva, é un mecanismo de mutua axuda no que os/as participantes deben aportar e beneficiarse ao mesmo tempo.

Calquera muller, home, maior ou persoa nova pode participar no Banco do Tempo, previa inscrición na Secretaría do Banco do Tempo na que deberá:

- Depositar unhas horas de tempo e ofrecer un servicio que quere dar o resto dos/as socios/as e en que horarios estaría disposto.

- A cambio, demanda tempo doutra/s persoa/s para algunhas necesidades do seu día a día.

Debese ter en conta que a unidade de intercambio é o tempo, porque o tempo é a riqueza principal.

Entre os intercambios que, a priori parecen máis propicios, se poden destacar a Atención ás persoas, o Coidado do corpo e da saúde, as Tarefas domésticas, Informática ou o Transporte entre outros.

As xornadas están abertas a todos/as interesados/as en participar activamente e coñecer de primeira man o que significaría implicarse e participar no BANCO DO TEMPO.

Para calquera consulta ou información poñerse en contacto con Laura

Nieto Zas e/ou Juan Manuel Cernadas Pintos no Telf. 986 10 81 44 ou

enviar un correo electrónico o enderezo:

Más Información...

ACORDO DEFINITIVO CONTRATACIÓN TÉCNICO AGRARIO

Subir

A comisión de selección acorda a contratación da seguinte persoa: María Yudani Pousada Ferradás En " máis información " pódese ver a Bolsa de Traballo por Orde de Baremación.Más Información...

REUNIÓN SOBRE “AXENDA 21 ESCOLAR”

Subir

O vindeiro mércores 24 de outubro as 09:00 no Casal de Ferreirós (Avda. Andurique, nº43) San Salvador de Poio terá lugar unha “Reunión sobre A21E”

convocada polo Servicio de Educación para a Sostibilidade da

Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Asociación

de Desenvolvemento Rural PRODER II-Comarca de Pontevedra dirixida os

centros escolares da comarca.

Os integrantes dos centros escolares: profesores, alumnos e familias

levarán a cabo distintos proxectos tomando como referencia os principios

do desenvolvemento sostible. Destacan os proxectos de innovación,

formación, saídas, unidades didácticas orientadas a xestión do entorno

no marco da educación para a sostibilidade etc. Todo isto supón un gran

esforzo a asumir polo persoal do propio centro a través da participación

e implicación de toda a comunidade escolar.

O acto estará presidido polo Coordinador da A21E da Consellería de Medio

Ambiente e Desenvolvemento Sostible e asistirán os directores e

encargados da xestión da A21E dos centros escolares e a ADR.

EXPOSICIÓN sobre O cambio Climático: “O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN”

Subir

O vindeiro martes 23 de outubro as 10:30 dará

comezo a exposición “O noso Mundo, o noso Futuro, a nosa Opción” que a

ADR (Asociación de Desenvolvemento do Rural) PRODER II Comarca de

Pontevedra a través do seu programa do Núcleo de Sostibilidade organizan

ata o 14 de Novembro no Casal de Ferreirós (Avda. Andurique, nº43) San Salvador de Poio.

Esta exposición sobre o Cambio Climático fai unha chamada de atención a

todos, co lema Actúa xa!, e trata temas como por exemplo ¿Cómo

contribuímos nós o cambio climático?, ¿Porqué nos debe preocupar?,

¿Temos que preocuparnos en Galicia? etc. A inauguración será levada a cabo polo Director Xeral de Desenvolvemento Sostible o mércores 24 de outubro

e asistirán os representantes das corporacións municipais e socios da

ADR. A asistencia a este acto faise extensible os cidadáns en xeral.

Na organización da exposición cedida polo CEIDA -Centro de Extensión

Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- participa tamén a

Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e o A.D.R.

PRODER II.

PRESENTACION DO NUCLEO SOSTIBILIDADE INTEGRADA

Subir

O vindeiro mércores 24 de outubro as

11:00 no Casal de Ferreiros (Avda. Andurique, nº43) San Salvador de Poio

terá lugar a presentación do "Núcleo de Sostibilidade", no marco

do convenio de colaboración entre Consellería de Medio Ambiente e

Desenvolvemento Sostible e a Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER

II-Comarca de Pontevedra. Este núcleo que xurdiu da ADR está integrado polos concellos de Poio,

Barro, Ponte Caldelas e Vilaboa e ten como fin posibilitar a

integración, a nivel local, de todas as accións susceptibles de ser

promovidas polas administracións municipais e autonómica que garden

relación directa coa consecución dun desenvolvemento local sostible. A

Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible financiará nos

concellos implicados, actividades de sensibilización e educación sobre

sostibilidade, a implantación do sistema de xestión ambiental e a

realización de Investimentos propostos pola ADR. O orzamento por parte

da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o Núcleo de

sostibilidade é de 267.000 euros. A ADR executará as actuacións citadas anteriormente, e no eido dos

investimentos actuacións en: eficiencia enerxética, adecuación da

estructura urbana ás necesidades dos modos de mobilidade sostible e

fomento das sinerxías entre o patrimonio natural e cultural. A ADR,

dentro deste convenio financia unha “Axencia comarcal de sostibilidade” cá dotación dun axente comarcal de sostibilidade.

O acto de presentación estará presidido polo Director Xeral de

Desenvolvemento Sostible e asistirán representantes das corporacións

municipais integrantes da ADR. A asistencia a este acto faise extensible

a todos os socios e cidadáns en xeral. Máis información no teléfono 986 108 144, no fax 986 108 009, no correo

electrónico

ou nas oficinas da ADR na rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra.

ACORDO DEFINITIVO DE CONTRATACIÓN AXENTE COMARCAL DE SOSTINBILIDADE

Subir

A MESA DE SELECCIÓN ACORDA A CONTRATACIÓN DA SEGUINTE PERSOA: SALETA GONZÁLEZ PIMENTEL

A continuación infórmase da bolsa de traballo por orden de baremación ( Ver máis información )

9 de outubro de 2007Más Información...

CURSO CULTIVOS INNOVADORES

Subir

Hoxe as 18:30 dará comezo o curso de " Cultivos Innovadores " que a ADR PRODER II Comarca de Pontevedra organiza do 1 ao 6 de Outubro na Casa da Cultura de Ponte Caldelas con máis de trinta persoas inscritas.

A inauguración do mesmo correra a cargo do Alcalde de Ponte Caldelas,

Perfecto Rodríguez Muíños, e de Antón Vázquez en representación da

Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural.

O curso pretende ofrecer alternativas ao sector agrario tradicional

mediante a diversificación de actividades. Para o que se vai tratar en

seis sesións de 19:00 a 22:00 temas como o que hoxe impartira María

Jesus Expósito Casal, licenciada en Farmacia e socia fundadora da

Cooperativa Milhulloa que nos falará da caracterización e utilidades das

plantas medicinais.

O 6 de outubro farase unha visita a SAT FUNGOCERGA e a Cooperativa MILHULLOA en O Coto (Palas de Rei) .

Máis información no teléfono 986 108 144, no fax 986 108 009, no correo

electrónico ou nas oficinas da ADR na

rúa Santa Clara 4, 2º Pontevedra.

CLAUSURA DO CURSO DE BASE DE DATOS SOBRE SOFTWARE LIBRE ORGANIZADO POR LA A.D.R.

Subir

La ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra

(en adelante ADR), en colaboración con la Rede de Dinamizadores da

Sociedade de Información, organizo este curso de Base de Datos sobre

software libre dirigido a profesionales do sector agrario y miembros de

comunidades de montesEl curso que acaba este martes día 31, se

impartio en el Pazo de Cultura de Pontevedra, en un seminario (seminario

7) acondicionado con quince ordenadores. Los asistentes alcanzaron el

objetivo principal: adquirir conocimientos en la creación y gestión de

base de datos para una gestión más eficiente de las empresas agrarias y

comunidades de montes de la comarca.Los asistentes fueron

seleccionados a partir de un trabajo previo sobre las empresa del sector

agrario en la comarca que incluía la realización de encuestas a

empresarios y trabajadores que demandaron este tipo de formación.

También los miembros de comunidades de montes de la ADR, especialmente

de sus directivas, manifestaron su interés en tomar parte en esta

actividad formativa que va dirigido a la modernización de la gestión de

sus entidades.

LA ADR ORGANIZA OBRADOIROS EN EL AYUNTAMIENTO DE BARRO

Subir

La ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra

en colaboración con la Rede de Dinamizadores da Sociedade de Información

está a organizar obradoiros de informática en los meses de agosto y

septiembre en el Ayuntamiento de Barro.

Las fechas del Segundo Obradoiro de Iniciación a la Informática están ya

previstas. Tendrá lugar en el aula de informática de la Biblioteca del

Ayuntamiento de Barro en cuatro sesiones de dos horas cada una que

tendrá lugar los martes de 10:30h. a 12:30h. desde el 21 de agosto al 11

de septiembre. Las plazas están limitadas al número de ordenadores

existentes por lo que las solicitudes se atenderan en rigorosa orden de

llegada. En el caso de que haya más solicitudes que plazas se podrá

organizar una nueva edición de obradoiro, los martes y jueves, en las

fechas del 18 al 27 de septiembre con la misma distribución horaria.

Este curso está dirigido a persoas adultas sin conocimientos de

informática y se repartira en dos horas de aprendizaje del ratón y el

teclado, dos para el uso del correo electrónico, una para la navegación

por las páginas Web y tres para la iniciación a los procesadores de

texto. OBRADOIROS EN VILABOA Y PONTE CALDELASAsí

mismo se están a organizar para el próximo mes de septiembre obradoiros

de contido similar en los Ayuntamientos de Vilaboa y Ponte Caldelas. Cualquiera

persona interesada se puede inscribir hasta el día 20 de agosto

llamando al teléfono 986 108 144, en la dirección electrónica

o acercandose a la sede de la ADR.

ASINADO O CONVENIO DE COLABORACIÓN

Subir

Miguel Anxo Fernández Lores, presidente

da ADR Proder II Comarca de Pontevedra, e Manuel Aguilar López, director

da Obra Social de Caixa Galicia, asinaron o pasado día 27 de abril, no

Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, un convenio de

colaboración mediante o que avanzarán na inserción sociolaboral de

colectivos con especiais dificultades da comarca de Pontevedra a través

do acceso a Microcréditos da entidade financeira.

O convenio de colaboración converte a ADR en entidade colaboradora de

Caixa Galicia na difusión e xestión dos microcréditos co obxectivo de

facilitar o acceso ao financiamento a proxectos viables que conduzan ao

autoemprego e á creación de microempresas, promovidos por persoas

pertencentes a colectivos con especiais dificultades da comarca de

Pontevedra, ademais de combater a exclusión financeira fomentando unha

distribución máis igualitaria das oportunidades.

INAGURACIÓN DO PARQUE PÚBLICO RIO AREAL

Subir

Mañá xoves 12 de abril, as 13:00 horas, o

Concello de Vilaboa ten prevista a inauguración do Parque construído

sobre o Recheo de Ríomaior. Trátase dun proxecto realizado ao abeiro do

programa PRODER II – Comarca de Pontevedra. A este acto acudirán membros

da Xunta Directiva da ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra co seu

presidente á cabeza, D. Miguel Anxo Fernández Lores.

LUGAR. Desenvocadura de Río Maior (ao lado do Centro de Educación Primaria Río Maior)

HORA: 13:00 horas.

ACTA MESA SECTORIAL AGROGANDEIRA

Subir

MESA SECTORIAL AGRO GANDEIRA.

ACTA DE REUNIÓN.

DATA:

14 de marzo de 2007

HORA:

19:00 horas

LUGAR: Pazo de Congresos de Pontevedra.

ASISTENTES:Pola Mesa Sectorial Agrogandeira: Agustín Amodeo Malvar, representante da Sociedad Coop. Agraria “Serra do Suído” Pola ADR PRODER II - Comarca de Pontevedra: Laura Nieto Zas, Juan Manuel Cernadas Pintos e Cristina Conde Escaloni.

Reúnese a Mesa Sectorial Agro Gandeira coa seguinte orde do día.

•Presentación da Dinamizadora da Sociedade da Información, Cristina Conde Escaloni •Informe do representante da mesa sectorial. •Propostas de liñas de actividade para o ano 2007. •Renovación da Mesa Sectorial.

PUNTO PRIMEIRO: Presentación da Dinamizadora da Sociedade da

Información, Cristina Conde Escaloni.

Coméntase a presenza dunha nova persoa no cadro técnico da ADR co

obxectivo de realizar a dinamizadora tecnolóxica do sector primario

comarcal e dáse conta das posibilidades do seu traballo futuro. Acórdase

que asistirá á vindeira Xunta Directiva da Cooperativa para organizar

actividades cos seus asociados.

PUNTO SEGUNDO: Informe do representante da mesa sectorial.

Fíxose un repaso aos proxectos aprobados definitivamente ao abeiro do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra.

PUNTO TERCEIRO: Propostas de liñas de actividade para o ano 2007. Coméntase as posibilidades de actuacións a desenvolver na Liña de

Afianzar a presenza da ADR no Sector Primario. Dáse conta de cursos que

se van organizar en colaboración coa Fundación Comarcal do Morrazo: -Roza selectiva -Poda de formación. Coméntanse os cursos propostos pola Mesa Sectorial de Comunidades de

Montes: -Poda e enxerto de froiteiras -Aproveitamento de fincas para cultivos alternativos e innovadores

(herbas medicinais,...) -Retos socioeconómicos dos Montes da Comarca (orientacións para a súa

posta en valor) Agustín Amoedo propón a realización dun curso de identificación de

herbas medicinais. Fálase tamén da posibilidade de organizar viaxes para coñecer proxectos

asociativos de interese como a cooperativa de artesanía do liño e herbas

medicinais existente no Geres – Portugal, ao interior da provincia de

Lugo para coñecer experiencias de explotacións gandeiras en terreos

forestais, ou a Paredes de Coura (Portugal) onde existe unha área

recreativa de pesca e outras actividades complementarias.

Agustín Amoedo propón tamén a realización dunha proposta a quen

corresponda para que as estradas novas que se realicen se fagan con

peches para evitar as invasións polos animais soltos.

Ao fío da proposta da Mesa Sectorial Vitivinícola de facer unha festa do

viño, Agustín comenta a posibilidade de ceder un becerro para organizar

unha festa. Laura Nieto propón que coincida coa celebración da Asemblea

Xeral.

PUNTO CUARTO: Renovación da Mesa Sectorial. Ratifícase a Agustín Amoedo Malvar como representante da Mesa Sectorial.

Non habendo máis asuntos que tratar, deuse por finalizada a reunión ás 20:40 horas do día 14 de marzo de 2007.

ACTA MESA SECTORIAL VITIVINÍCOLA

Subir

MESA SECTORIAL VITIVINÍCOLA

ACTA DE REUNIÓN

DATA:12 de marzo de 2007

HORA: 19:00 horas

LUGAR:Pazo de Congresos de Pontevedra.

ASISTENTES:Pola Mesa Sectorial Vitivinícola: Xosé manuel Boullosa e Iglesias, representante da Asociación de Viticultores San Martiño de Vilaboa J. Manuel Rodríguez Acuña, representante da Asociación de Viticultores do Concello de Pontevedra “Val do Lérez” Pola ADR PRODER II - Comarca de Pontevedra: Laura Nieto Zas, Juan Manuel Cernadas Pintos..

Reúnese a Mesa Sectorial Vitivinícola coa seguinte orde do día:

•Presentación da Dinamizadora da Sociedade da Información, Cristina Conde Escaloni •Informe do representante da mesa sectorial. •Propostas de liñas de actividade para o ano 2007. •Renovación da Mesa Sectorial..

PUNTO PRIMEIRO: Presentación da Dinamizadora da Sociedade da

Información, Cristina Conde Escaloni.

Coméntase a presenza dunha nova persoa no cadro técnico da ADR co

obxectivo de realizar a dinamizadora tecnolóxica so sector primario

comarcal e dáse conta das posibilidades do seu traballo futuro.

PUNTO SEGUNDO: Informe do representante da mesa sectorial.

Fíxose un repaso aos proxectos aprobados definitivamente ao abeiro do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra.

PUNTO TERCEIRO: Propostas de liñas de actividade para o ano 2007. Juan Manuel Cernadas Pintos expón os catro primeiros puntos continuando

Laura Nieto a exposición das liñas de actividade para o 2007 aprobadas

pola Xunta Directiva para sometelas á opinión e avaliación da Mesa

Sectorial de xeito que poida establecer as súas prioridades e incluso

incorporar outras medidas de acción que consideren de interese.

No que respecta a Liña de Afianzar a presenza da ADR no Sector Primario,

dáse conta de cursos que se van organizar en colaboración coa Fundación

Comarcal do Morrazo: -Roza selectiva -Poda de formación. Coméntanse os cursos propostos pola Mesa Sectorial de Comunidades de

Montes: -Poda e enxerto de froiteiras -Aproveitamento de fincas para cultivos alternativos e innovadores

(herbas medicinais,...) -Retos socioeconómicos dos Montes da Comarca (orientacións para a súa

posta en valor). J. Manuel R. Acuña propón a realización de cursos sobre manexo de produtos fitosanitarios que teñen moita demanda.

Proponse tamén a realización de viaxes de intercambio a outros grupos de

Desenvolvemento Rural que teñan traballado temas do viño como poderían

ser os localizados na Ribeira Sacra ou Betanzos.

Dentro da estratexia de dinamización do Sector Vitivinícola comarcal

acórdase a organización dunha Feira do Viño da Comarca de Pontevedra que

podería ter lugar entre abril e maio do ano 2008, preferentemente no

mes de abril.

PUNTO CUARTO: Renovación da Mesa Sectorial.

Ratifícase a Xosé Manuel Boullosa como representante da Mesa Sectorial.

Ante a falta de asistencia dos socios coméntase a posible renovación dos

estatutos da ADR no senso de incluír a figura da baixa temporal por non

asistencia ás convocatorias dos órganos de funcionamento da ADR.

Por outra banda, J. Manuel Rodríguez da conta de que el tivo unha

acreditación de Viticultor asociado á Denominación de Orixe Rías Baixas e

que podería ser interesante informarse sobre esta figura acudindo por

exemplo aos arquivos da Cámara Agraria Provincial .

Tamén solicítase que se pida á Misión Biolóxica de Galicia copia do

estudio que se estaba a facer sobre patróns de albariño.

Non habendo máis asuntos que tratar, deuse por finalizada a reunión ás 20:45 horas do día 12 de marzo de 2007.

ACTA MESA SECTORIAL DE COMUNIDADES DE MONTES

Subir

MESA SECTORIAL COMUNIDADES DE MONTES

ACTA DE REUNIÓN

DATA:

8 de marzo de 2007

HORA:

20:00 horas

LUGAR: Pazo de Congresos de Pontevedra

ASISTENTES: Pola Mesa Sectorial de Comunidades de Montes: Claudio Quintillán Vallejo (C. MM. Rega dos Agros), con voto delegado da C. MM. De Tarrío - Samieira

Adolfo J. Abeledo Moreira (C. MM. Castro – Lampán) Alberto Lema Couso (C. MM. Pazos), con voto delegado da Mancomunidade de Montes de Ponte Caldelas Perfecto Vilariño Pacheco (C. MM. A Insua)

Manuel López Sanchez (C. MM. Caldelas) Antonio Tacón Sánchez (C. MM. Lourizán) José Carlos Portela (C. MM. Canicouva) Juan José González Crespo (C. MM. Santa María de Xeve) Cesáreo Piñeiro (C. MM. Silvoso)

Pola ADR PRODER II - Comarca de Pontevedra: Laura Nieto Zas, Juan Manuel Cernadas Pintos e Cristina Conde Escaloni.

Reúnese a Mesa Sectorial de Comunidades de Montes coa seguinte orde do día: •Presentación da Dinamizadora da Sociedade da Información, Cristina Conde Escaloni •Informe do representante da mesa sectorial. •Propostas de liñas de actividade para o ano 2007. •Renovación da Mesa Sectorial.

PUNTO PRIMEIRO: Presentación da Dinamizadora da Sociedade da

Información, Cristina Conde Escaloni.

Preséntase á dinamizadora tecnolóxica e dáse conta das posibilidades do

seu traballo futuro. O presidente da Comunidade de Montes da Canicouva

reclama a posibilidade de que se desprace un autobús informatizado ao

rural para facilitar o acceso aos cursos e obradoiros a moita xente que

non se desprazaría a Pontevedra para realizalo.

PUNTO SEGUNDO: Informe do representante da mesa sectorial Claudio Quintillán expón a situación actual do proxecto da Mesa de

creación dunha Planta de Compostaxe Comarcal. Reclama a implicación do

proxecto por parte dos Concellos. Laura Nieto comenta que o punto de

partida do proxecto ten que ser a oferta de solo para o seu

desenvolvemento xa que os posibles socios cos que se ten contactado e

que estarían interesados en investir na creación da planta poñen como

condición dispor dun emprazamento viable para a planta. Acórdase

traballar neste senso.

Acórdase falar coas comunidades de montes que se atopan preto da zona

sinalada como idónea polo Estudio de Viabilidade para o establecemento

da planta: C. MM. A Reigosa – coa que xa se falou e levarano á próxima

Asemblea, C. MM. De Marcón e C. MM. De Vilarchán. Outra zona de interese

podería ser Curro e Campañó.

Indícase que o próximo paso sería falar coa Delegada Provincial da

Consellería de Política Territorial , Obras Públicas e Transporte para

sondar a posibilidade de instalación da planta en monte veciñal. Finalmente, fíxose un repaso aos proxectos aprobados definitivamente ao

abeiro do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra.

O presidente da Comunidade de Montes de Silvoso, Cesáreo Piñeiro,

pregunta pola inclusión do Camiño do Padre Sarmiento de Soutomaior á

Fracha na Rede Comarcal de Sendeiros. Respóstaselle que non está

incluído na proposta definitiva aprobada pola Mesa Sectorial de

Asociacións.

PUNTO TERCEIRO: Propostas de liñas de actividade para o ano 2007. Juan Manuel Cernadas Pintos expón os catro primeiros puntos continuando

Laura Nieto a exposición das liñas de actividade para o 2007 aprobadas

pola Xunta Directiva para sometelas á opinión e avaliación da Mesa

Sectorial de xeito que poida establecer as súas prioridades e incluso

incorporar outras medidas de acción que consideren de interese.

Laura Nieto dá conta de cursos que se van organizar en colaboración coa

Fundación Comarcal do Morrazo: -Roza selectiva -Poda de formación. Claudio Quintillán dentro do eixe 5 Afianzar a presenza da ADR no sector

primario: agrario, gandeiro e forestal, e no punto primeiro de

organización de actividades formativas propón os seguintes temas.

-Poda e enxerto de froiteiras -Aproveitamento de fincas para cultivos alternativos e innovadores

(herbas medicinais,...) -Retos socioeconómicos dos Montes da Comarca (orientacións para a súa

posta en valor) O presidente da Comunidade de Montes de Caldelas propón que a

Consellería de Medio Rural estableza proxectos pilotos (tres por

provincia) exemplificadores do que é a boa xestión forestal.

PUNTO CUARTO: Renovación da Mesa Sectorial. Ratifícase a Claudio Quintillán como representante da Mesa Sectorial.

Ante a falta de asistencia dos socios coméntase a posible renovación dos

estatutos da ADR no senso de incluír a figura da baixa temporal por non

asistencia ás convocatorias dos órganos de funcioamento da ADR.

Laura Nieto comenta tamén a posibilidade de que as Comunidades de Montes

deleguen nas Mancomunidades a súa presencia na ADR o que non se aproba

por considerarse pouco efectivo.

Informa o representante da Comunidade de Montes da Canicouva que o

presidente da súa Comunidade faleceu recentemente e que outra persoa

ocupará o seu cargo. A Mesa, no seu conxunto, dá o seu pésame.

Non habendo máis asuntos que tratar, deuse por finalizada a reunión ás 22:00 horas do día 8 de marzo de 2007.

ACTA MESA SECTORIAL DE EMPRESARIOS E PROFESIONAIS

Subir

MESA SECTORIAL EMPRESARIOS

ACTA DE REUNIÓN

DATA:

7 DE FEBREIRO de 2007

HORA:

19:00 horas

LUGAR: Sala Reunións 2 - Centro Social Caixanova

ASISTENTES: Pola Mesa Sectorial de Empresarios: José María Rodríguez - AEMPE Jesús Rodríguez Farto - Moblegal

Juan Vázquez - Promociones Caldelas Juan José Paz Andrade

Pola ADR PRODER II - Comarca de Pontevedra: Laura Nieto Zas, Juan Manuel Cernadas Pintos e Cristina Conde Escaloni

Reúnese a Mesa Sectorial de Empresarios coa seguinte orde do día •Presentación da dinamizadora da sociedade da información •Informe do representante da mesa sectorial. •Propostas de liñas de actividade para o ano 2007. •Elección / ratificación do representante para o vindeiro período de tres anos.

PUNTO PRIMEIRO Presentase á dinamizadora tecnolóxica: Cristina Conde

Escaloni e dase conta das posiblidades do seu traballo futuro.

PUNTO SEGUNDO: Informe do representante da mesa sectorial Fíxose un repaso aos proxectos aprobados definitivamente ao abeiro do programa PRODER II – Comarca de Pontevedra.

PUNTO TERCEIRO: Propostas de liñas de actividade para o ano 2007. Por parte do equipo técnico da ADR expuxéronse as liñas de actividade

para o 2007 aprobadas pola Xunta Directiva para sometelas á opinión e

avaliación da Mesa Sectorial de xeito que poida establecer as súas

prioridades e incluso incorporar outras medidas de acción que consideren

de interese.

PUNTO CUARTO: Elección / ratificación do representante para o vindeiro período de tres anos.

Ratifícase a José María Rodríguez como representante da Mesa Sectorial.

Non habendo máis asuntos dos que tratar, deuse por finalizada a reunión ás 21:00 horas do día 25 de xaneiro de 2007.

REUNIÓN MESA SECTORIAL DE ASOCIACIÓNS

Subir

O vindeiro xoves 1 de febreiro, ás 20:00

horas no Pazo da Cultura de Pontevedra (seminario nº 3) convócase os

membros da Mesa Sectorial de Asociacións da Asociación de

Desenvolvemento Rural PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA.

A orde do día da reunión inclúe a presentación do dinamizador da

Sociedade da Información, informe do representante da mesa sectorial,

proposta de liñas de actividade para o ano 2007, Proxecto da rede

comarcal de sendeiros así como a renovación da mesa sectorial.

ACTA MESA SECTORIAL ECONOMÍA SOCIAL

Subir

MESA SECTORIAL ECONOMÍA SOCIAL.

ACTA DE REUNIÓN.

DATA:

25 de xaneiro de 2007

HORA:

16:30 horas

LUGAR: Pazo de Congresos de Pontevedra.

ASISTENTES:Pola Mesa Sectorial de Economía Social:

María del Carmen Puga Pereiro (Asociación Juan XXIII)

Manuel Pérez Cabo (Asociación Síndrome Down “Xuntos”) Mónica Touriño Soto (Asociación Amencer) Montse García González (Asociación de Ayuda a Enfermos Psíquicos “Alba”)

Ángel Alonso (Asociación Inclusión)

Pola ADR PRODER II - Comarca de Pontevedra: Laura Nieto Zas, Marco

Antonio García Rodríguez, Juan Manuel Cernadas Pintos e Cristina Conde

Escaloni

Reúnese a Mesa Sectorial de Economía Social e Terceiro Sector coa

seguinte orde do día:

•Informe do representante da mesa sectorial. •Propostas de liñas de actividade para o ano 2007. •Elección / ratificación do representante para o vindeiro período de tres anos.

Presentase á dinamizadora tecnolóxica: Cristina e dase conta das posiblidades do seu traballo futuro.

PUNTO PRIMEIRO: Informe do representante da mesa sectorial María del Carmen Puga da conta do seu labor como representante da Mesa

Sectorial na Xunta Directiva así como da súa participación na auditoría

de funcionamento encargada por AGADER. Fíxose un repaso aos proxectos

aprobados definitivamente ao abeiro do programa PRODER II – Comarca de

Pontevedra.

PUNTO SEGUNDO: Propostas de liñas de actividade para o ano 2007. Por parte do equipo técnico da ADR expuxéronse as liñas de actividade

para o 2007 aprobadas pola Xunta Directiva para sometelas á opinión e

avaliación da Mesa Sectorial de xeito que poida establecer as súas

prioridades e incluso incorporar outras medidas de acción que consideren

de interese.

No punto 1.3. coméntase a posiblidade de facer formación sobre o tema de

protección de datos e accesibilidade universal. Proponse incorporar como criterio de valoración de proxectos cara a un

posible novo programa de desenvolvemento rural a accesibilidade

universal.

PUNTO TERCEIRO: Elección / ratificación do representante para o vindeiro período de tres anos.

Ratifícase a María del Carmen Puga como representante da Mesa Sectorial.

Non habendo máis asuntos dos que tratar, deuse por finalizada a reunión ás 19:00 horas do día 25 de xaneiro de 2007.

SINATURA DE SEIS CONTRATOS DE AXUDA

Subir

Hoxe martes día 5 de decembro as 11,00

horas no salón de plenos do Concello de Pontevedra a Asociación de

Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asinará

seis contratos de axuda cinco deles de caracter productivo. Os proxectos

subvencionados son: “Restauración de pista deportiva, construción de

vestiarios no Bao” (Poio); ”Creación de restaurante e pensión en Ponte

Caldelas”; “Creación de Restaurante Típico en Combarro” (Poio);

“Creación de lavandería tinturería en Ponte Caldelas”; “Creación de

Restaurante Típico en Liñares” (Poio) e “Creación de Apartamentos

Turísticos en Cobres” (Vilaboa), os contratos acadan un total de

388.050,29 euros de axuda pública. Estes contratos asinaranse por Miguel

Anxo Fernández Lores, como presidente da ADR, e polos promotores dos

proxectos. Esta axuda que hoxe se concede procede dos seguintes Organismos

Públicos: FEOGA - Orientación, Ministerio de Agricultura, Pesca e

Alimentación, AGADER, e os concellos que se integran no programa –

Barro, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa-.

INAGURACIÓN DE CENTRO DE DÍA E VIVENDA COMUNITARIA EN PONTE CALDELAS

Subir

INAGURACIÓN DE CENTRO DE DÍA E VIVENDA COMUNITARIA EN PONTE CALDELAS.

Hoxe venres día 20 de outubro as 18.30 horas inaugúrase o “O centro de

día e vivenda comunitaria DIACOPEVI S.L.” situado na avenida de

Pontevedra, 49 en Ponte Caldelas. Este centro está deseñado para a

atención de 32 persoas no Centro de Día e a Vivenda Comunitaria contará

con 12 prazas.

Este proxecto que ten como promotor a DIACOPEVI S.L., foi subvencionado

ao abeiro do programa PRODER II – COMARCA DE PONTEVEDRA concedéndoselle

unha axuda de 107.806,47 euros que supón o 37,55 % do investimento, unha

das maiores porcentaxes concedidas a un proxecto produtivo. Na

actualidade o proxecto está certificado parcialmente nun 66 %.

O promotor comprometeuse á creación de 8 postos de traballo.

SINATURA DE DOUS CONTRATOS DE AXUDA

Subir

O próximo venres día 13 de outubro as

12,00 horas no salón de plenos do Concello de Pontevedra a Asociación de

Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asinará

dous contratos de axuda que teñen como promotores o Concello de

Pontevedra e o Concello de Poio, os títulos dos dous expedientes son:

“Itinerario cultural pola parroquia de Ponte Sampaio” e “Rehabilitación

de muíños da Freixa” os contratos alcanzan un total de 99.686,10 euros e

110.575,46 euros de axuda pública respectivamente.

Estes contratos asinaranse, o primeiro por Miguel Anxo Fernández Lores

como alcalde do Concello de Pontevedra e Perfecto Rodríguez Muíños como

secretario da ADR e o segundo por Luciano Sobral como alcalde do

Concello de Poio e Miguel Anxo Fernández Lores como presidente da ADR.

SINATURA CONTRATO DE AXUDA “RESTAURACIÓN DE RETABLOS, BIBLIOTECA E IGREXA DO MOSTEIRO DE POIO"

Subir

Hoxe xoves día 31 de agosto as 11,15

horas no salón de plenos do Concello de Pontevedra a Asociación de

Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asina un

contrato de axuda que ten como promotor aos Mercedarios Mosteiro San

Xoán de Poio, o título do expediente e RESTAURACIÓN DE RETABLOS,

BIBLIOTECA E IGREXA DO MOSTEIRO DE POIO o contrato alcanza un total de

150.000 euros de axuda pública. Este contrato asinase entre Miguel Anxo

Fernández Lores como presidente da ADR e Justo Linaje Alonso – Armiño en

representación de Mercedarios Mosteiro de San Xoán de Poio. Obxectivo de valoración do patrimonio rural e local Lugar: Concello de Poio. “Restauración de retablos, biblioteca e igrexa do Mosteiro de Poio”. O

obxectivo do presente proxecto de caracter non productivo e acometer

diferentes obras de recuperación arquitectónica e artística do

patrimonio do Mosteiro de Poio, en particular, preténdense restaura-los

retablos e facer reformas no claustro e na propia igrexa para mellorar o

seu estado de conservación. Os diferentes investimentos que se queren acometer no Mosteiro de San Xoán de Poio son os seguintes: • Restauración de nove retablos laterais da Igrexa,

• Reformas na cuberta, no interior e no claustro de dita igrexa. A reforma da biblioteca posponse para máis adiante por falta de fondos

públicos. Se concede unha axuda para a “Restauración de retablos, biblioteca e

igrexa do Monteiro de Poio” do 76,35 % a aplicar sobre o investimento

elixible xustificado de 274.977,59 €, por un importe limitado á

dispoñibilidade actual na medida de VALORIZACIÓN DO PATRIMONIO RURAL E

LOCAL de cento cincuenta mil euros (150.000 €). Esta axuda que hoxe se concede procede dos seguintes Organismos

Públicos: FEOGA - Orientación, Ministerio de Agricultura, Pesca e

Alimentación, AGADER, e os concellos que se integran no programa –

Barro, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa-.

SINATURA CONTRATO DE AXUDA PROXECTO "CREACIÓN DA ÁREA ARQUEOLÓXICA DE A CAEIRA"

Subir

Mañá mércores día 19 de xullo as 12.45

horas no salón de plenos do Concello de Pontevedra a Asociación de

Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asinará un

contrato de axuda que ten como promotor ao Concello de Poio: CREACIÓN

DA ÁREA ARQUEOLÓXICA DE A CAEIRA, o contrato alcanza un total de

210.152,27 de axuda pública. Este contrato asinarase entre Miguel Anxo

Fernández Lores como presidente da ADR e Luciano Sobral como alcalde do

Concello de Poio. Obxectivo de valoración do patrimonio rural e local Concello de Poio. “Creación da área arqueolóxica da Caeira”. O obxectivo

do presente proxecto de caracter non productivo é lograr a adecuación

medio ambiental da área arqueolóxica existente en Boa Vista (A Caeira)

para facer a visita a mesma o máis completa posible e, o mesmo tempo,

favorecer as actividades de conservación e investigación no terreo da

arqueoloxía, a través dunha serie de obxectivos sobre as actuacións

medio ambientais que a continuación se enumeran: 1. Reestructuración do medio natural o estado máis similar posible o que

presumiblemente estaba no período no que se gravaron os petroglifos. 2. Facilitar a observación dos petroglifos e a aprehensión do seu

significado. 3. Facilitar a visita e permanencia na área. 4. Permitir a mellor conservación dos petroglifos e as labores de

investigación sobre os mesmos. Con este obxectivo, o proxecto inclúe a creación de sendeiros e

recuperación da rede de camiños existentes, mediante a colocación de

plataformas e elementos para contemplación dos gravados, ordenación

dunha zona de aparcadoiro no acceso a área arqueolóxica, o valado

perimetral da mesma e o deseño e colocación de señalítica na zona, así

como actuacións sobre a masa forestal para despexar o entorno inmediato a

cada petroglifo.

Se concede unha axuda para a “Creación da área arqueolóxica de A Caeira”

do 85,05 % a aplicar sobre o investimento elixible xustificado de

534.899,89 €, por un importe limitado á dispoñibilidade actual na medida

de VALORIZACIÓN DO PATRIMONIO RURAL E LOCAL de douscentos dez mil cento

cincuenta e dous euros (210.152,27 €),

REUNIÓN DO CONSELLO DA AXENDA 21 LOCAL DA COMARCA DE PONTEVEDRA

Subir

O vindeiro luns 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, ás 19:00 horas no seminario nº 6 do Pazo da Cultura de Pontevedra

reunirase o Consello da Axenda 21 Local da Comarca de Pontevedra, nesta

xuntanza aprobarase o Plan de Acción e Indicadores de Seguimento da

Axenda 21 Local e tamén, se procede, a Declaración Ambiental da Axenda

21 Local.

Ademais, entregarase os alcaldes dos Concellos Barro, Ponte Caldelas,

Poio e Vilaboa o conxunto de documentos da Auditoría da Axenda 21 da

Comarca de Pontevedra, para dar a coñecer ó conxunto da cidadanía,

axentes sociais, económicos locais e entidades locais e supra-locais, a

súa implicación no desenvolvemento sostible da comarca e do planeta.

Os documentos xa elaborados da Axenda 21 da Comarca de Pontevedra poden consultarse na páxina web www.adrproderpontevedra.org.

Pola importancia e interese social do evento convídase a tódalas persoas

e axentes sociais interesados en participar. Ademais, a xuntanza

contará coa presenza do delegado provincial da Consellería de Medio

Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Juan Francisco Frojan Fontan.

Sinatura de sete contratos de axuda

Subir

A Asociación de Desenvolvemento Rural

PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asina hoxe 4 de maio ás 11:30

sete contratos de axuda con sendos promotores de proxectos acollidos ao

programa de axudas PRODER II – Comarca de Pontevedra. Os contratos asinados hoxe alcanzan un total de 672.039,91 € de axuda

pública, dos cales 502.655,34 € están destinados a investimentos

turísticos productivos no medio rural, 50.505,68 € destinados a

recuperación do patrimonio e 118.878,89 € a fomento de pequenas

empresas. Concello de Vilaboa:

Obxectivo de fomento de investimentos turísticos no medio rural Jacobo González Fernández. “Creación dunha casa de turismo rural en

Vilaboa”. O proxecto consiste na rehabilitación dunha casa para turismo

rural en Cornello no lugar de Acuña, Concello de Vilaboa. O proxecto

desenvolverase en dúas fincas de 957,86 m2 e 681,87 m2 separadas por

unha pista municipal, situadas en Cornello - Acuña, Concello de Vilaboa.

Na primeira emprázase a edificación en forma de L que data de finais do

século XIX e a segunda acondiciónase, con zona de axardinamento e

urbanización do terreo e creación de zonas deportivas. A distribución,

acorde as necesidades da vivenda constaría, entre outras, de tres

habitacións dobres e tres individuais.

Se concede unha axuda por importe de 82.781,35 € o que supón o 33,07 %

do investimento total aprobado de 250.321,59 €

Noroeste Trading S.A. “Ampliación da Rectoral de Cobres”. O proxecto

consiste na ampliación do establecemento de turismo rural "Rectoral de

Cobres" mediante a execución de obras destinadas a construción dunhas

novas estancias anexas ó edificio principal co obxectivo de incrementar a

capacidade de aloxamento pois, na actualidade, a demanda no

establecemento é superior a oferta que ten dispoñible o establecemento.

Se concede unha axuda por importe de 72.629,48€, o que supón o 32,59 %

do investimento total aprobado de 222.858,18 €.

Concello de Poio: Obxectivo de valoración do patrimonio rural e local Manuel Castro Cores. “Rehabilitación cuberta da igrexa de San Roque de

Combarro”. O obxectivo do proxecto e levar a cabo obras de

rehabilitación da cuberta da Igrexa de San Roque de Combarro, consiste

na desmontaxe da cubrición e da estrutura da cuberta, na demolición do

falso teito abovedado de ladrillo, na colocación correctamente illada da

nova cuberta respectando as mesmas características técnicas e histórico

– artísticas que a cuberta existente actual, quedando a vista a

estrutura de madeira.

Se concede unha axuda por importe de 50.505,68 €, o que supón o 77,78 %

do investimento total aprobado de 64.934,02 €. Obxectivo de fomento de investimentos turísticos no medio rural José Javier Chamadoira Muíños. “Creación de Hotel Rústico en Poio”. O

proxecto consiste na rehabilitación de edificio de vivenda unifamiliar

para Hotel Rústico no lugar de Vilariño, na parroquia de San Xoán do

Concello de Poio. O promotor dispón dun inmoble en estado de ruina cunha

finca 663,00 m2. de superficie que contará no seu estado final con

cinco habitacións.

Se concede unha axuda por importe de 62.316,31 €, que supón o 31,22 % do

investimento total aprobado de 199.603,83 €.

Pepe Vieira S.L., “Construción restaurante típico en Poio”. O proxecto

consiste na construción dun restaurante típico no lugar de A Serpe, na

parroquia de Raxó, Concello de Poio. O promotor inicialmente so abrirá o

restaurante que adicarase tanto a comidas segundo carta como para

celebracións e banquetes.

Se concede unha axuda por un importe máximo de 250.000,00 €, que supón o

34,17 % do investimento total aprobado de 731.685,06 €. Concello de Pontevedra: Obxectivo de fomento das pequenas empresas e actividades de servizos Cogapedra, S.L. “Creación de taller de pedra”. O proxecto ten por

obxecto a traslado, modernización e ampliación dunha empresa dedicada á

transformación de pedra e outros produtos derivados. Se concede unha axuda por importe de 118.878,89 €, que supón o 32,15 %

do investimento total aprobado de 369.763,26 €. Obxectivo de fomento de investimentos turísticos no medio rural José Miguel González Lastra. “Rehabilitación casa de turismo rural en

Cerponzóns”. O proxecto consiste na rehabilitación dunha casa para

turismo Rural no lugar de Mean s/n, dentro da parroquia de Cerponzóns no

Concello de Pontevedra. A parcela sobre a que se localiza o inmoble ten

unha superficie de 2.840 m2. e este unha superficie construída que

supera os 120 m2 e útil de 97,02 m2. A distribución, acorde as

necesidades, da vivenda constaría de salón, cociña e tres dormitorios

con baño.

Se concede unha axuda por importe de 34.928,20€, que supón o 34,07 % do

investimento total aprobado de 102.518,94 €.

Sinatura contratos de “Vivenda comunitaria para discapacitados" e " Creación dunha empresa "

Subir

O mércores 26 de abril a Asociación de

Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR) asinará

dous contratos de axuda, un coa Fundación tutelar galega para persoas

con discapacidade intelectual “Salvora” para a rehabilitación de vivenda

comunitaria para persoas con discapacidade e outro coa empresa

Ancestral servicios musicais S.L., para a creación dunha empresa de

servicios musicais, os dous no Concello de Ponte Caldelas.

Os proxectos enmárcanse no obxectivo de fomento das pequenas empresas e

actividades de servizos, como seria no caso da vivenda comunitaria,

cubri- la demanda de servizos de respiro e lecer e mellorar a calidade

de vida das persoas con discapacidade intelectual, no caso da creación

de empresa de servizos musicais prestará servizos de contratación de

músicos e espectáculos de carácter funcional: cerimonias, concertos

didácticos, espectáculos personalizados, etc.. O acto de sinatura terá

lugar no Salón de Plenos do Concello de Pontevedra ás 12:30 horas e

estará presente o Alcalde de Ponte Caldelas, o Alcalde de Pontevedra en

representación da ADR e os promotores dos proxectos.

SINATURA CONTRATO PROXECTO DE “EMPRESA DE TRABALLOS E MANTEMENTO DE ESTRUC SOMERXIDAS"

Subir

O vindeiro venres 17 de marzo a

Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra

(ADR) asinará un contrato de axuda coa empresa Trabajos y Mantenimientos

de Estructuras Sumergidas S.L., para a creación dunha empresa de

traballos e mantemento de estruturas somerxidas no Concello de Poio.

O proxecto enmárcase no obxectivo de fomento das pequenas empresas e

actividades de servicios, como seria prestar servizos de perforación e

voadura subacuático, reparación de condutos subacuáticos e loita contra a

contaminación no medio mariño, entre outras. O acto de sinatura terá lugar no Salón de Plenos do Concello de

Pontevedra ás 11:00 horas e estará presente o Alcalde de Poio e o

Alcalde de Pontevedra en representación da ADR.

La A·D·R dispone de un boletín cuatrimestral, Con-marca Proder Pontevedra, que puede descargar en formato pdf.